O IES TERRA DE TRASANCOS organiza,no marco de EDUEMPRENDE, o III Congreso Eduemprende, onde acudirán centros de toda Galicia. Este ano estará adicado ao Emprendemento.
Está dispoñible para a súa descarga, a Certificación ComDix Intermedio para alumnado
O alumnado de 2º de BACH que no curso pasado realizou a proba específica de acreditación da área de dominio 4 de nivel intermedio poderá descargar o certificado desde o espazoAbalar ou abalarMóbil sempre e cando teña unha matrícula viva (como é o caso do alumnado que se matriculou nun ciclo formativo superior).
De non ser o caso, deberán acudir ao centro para que llo expidan desde XADE ou ben descargalo desde a Carpeta cidadá da Xunta de Galicia.
Proximamente habilitarán a descarga dende ABALAR do Certificado ComDix Intermedio para aquel alumnado de 4º de ESO que obtivo a cualificación de aprobado na proba específica do nivel intermedio para 4º de ESO.
Un cordial saúdo
--
DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025
RECOLLIDA DE SOBRES DE MATRÍCULA:
A PARTIR DO DÍA 21 DE XUÑO(VENRES) NA CONSERXERÍA DO CENTRO.
IMPORTANTE
HORARIO DE SECRETARÍA DO 21 DE XUÑO AO 31 DE XULLO:
DE 9,30-13,30
DATAS DE MATRÍCULA CURSO 2024-25
(DO 23 XUÑO-7 DE XULLO)
A PARTIR DO 25 XUÑO: MATRÍCULA PARA O ALUMNADO DE PRIMEIRO DA ESO.
26 DE XUÑO E 27 DE XUÑO: ALUMNADO QUE PASA PARA 2º DE ESO
28 DE XUÑO E 1 DE XULLO: ALUMNADO QUE PASA PARA 1º DE BACH
2 DE XULLO: ALUMNADO QUE PASA PARA 4º DE ESO
3 XULLO: ALUMNADO QUE PASA PARA 2º DE BACH
4 DE XULLO: ALUMNADO QUE PASA PARA 3º DE ESO
CALENDARIO:
DÍA 15 DE MAIO ENTREGA DE NOTAS A LAS 19:00
DÍA 15 DE MAIO: REVISIÓN DE EXAMES A CONTINUACIÓN.
DÍA 16 DE MAIO: PUBLICACIÓN DE NOTAS EN ABALAR.
DÍA 20 DE MAIO: MATRÍCULA PARA ABAU ATA AS 14:00
DÍA 20 E 21 DE MAIO: RECLAMACIÓNS. A INSTANCIA DE RECLAMACIÓN PODERÁ ENVIARSE POR CORREO ELECTRÓNICO AO CORREO DO CENTRO ENTRE O DÍA 16 E O 20 DE MAIO, PARA QUE O DÍA 20 SE POIDA RESOLVER A RECLAMACIÓN
PODEDES RECOLLER O IMPRESO NA SECRETARÍA DO CENTRO.
Listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024-25
Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o curso 2024-2025.
BECAS MEC 2024-2025
PODEN SOLICITALA:
- Primer e segundo curso de bacharelato
- Formación profesional de grado medio e grado superior
- Ensinanzas artísticas profesionais e superiores
- Ensinanzas religiosas superiores
- Ensinos deportivos
- Estudios de idiomas en escolas oficiais
- Cursos de acceso y preparacións para probas de FP e Ciclos
- Ensino universitario: grado, máster…
- Ciclos Formativos de Grado Básico
- Ensinanzas universitarias do sistema universitario español
Prazo: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h. ata o 10 de maio de 2024 ás 15:00 h (horas peninsulares).
Solicitudes:
A solicitude deberase cumprimentar mediante formulario accesible por vía telemática a través da SEDE Electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes: https://sede.educación.gob.es
Para máis información: https://www.becaseducacion.gob.es
A Xunta vén de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Na seguinte ligazón atópase o modelo de solicitude de inscrición nas probas específicas para acreditación das competencias dixitais do alumnado (4º ESO e 2º Bacharelato). A solicitude de inscrición poderá presentarse na Secretaría do centro ou enviala escaneada á dirección de correo electrónico do centro, ies.terra.trasancos@edu.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 8 de marzo ás 13:00.
PRAZAS VACANTES A 28 DE FEBREIRO DO 2024 NO IES TERRA DE TRASANCOS:
1º ESO: 11
2º ESO: 17
3º ESO: 0
4º ESO: O
1º BACH CIENCIAS: 5
1º BACH HUMANIDADES: 6
2º BACH CIENCIAS: 13
2º BACH HUMANIDADES: 5
Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis no centro(modelo na parte esquerda da páxina) ten que estar solicitado no primeiro lugar de preferencia.
Ou Poden facer a admisión entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
DATAS DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES :1-20 de marzo.
1. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 21 de marzo ao 5 abril, ambos os dous incluídos.
2. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: o 25 de abril.
3. Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
4. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: o 15 de maio.
5. Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).
6 Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
7. Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano: No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II e e Anexo II-bis) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro. O alumnado con garantía de permanencia perderá esta cando resulte admitido con carácter definitivo noutro centro.
NORMATIVA REGULADORA
DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 11 de febreiro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que 3/3 imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 8 de novembro de 2022)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES
Pódense consultar no buscador de centros da páxina edu.xunta.es https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.
O período de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.
CONSULTAS
Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Atención telefónica:
881997426-881997419 - 981957537 - 981540287
INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN(A GÁNDARA, ATIOS, JORGE JUAN E SANTIAGO APÓSTOL)
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación:
www.edu.xunta.gal/admisión alumnado.
As familias tm poderás cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear
Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle- procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.
1. Usuarios sen identificar
Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.
2. Usuarios identificados
Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer