ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022-23

Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes de admisión para o ano académico 2022-2023, comunícase que houbo máis solicitudes que prazas ofertadas para PRIMEIRO DE ESO.

A listaxe provisional sairá o día 22 de abril, e será publicado nos taboleiros interiores do centro e tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta, con certificado dixital ou chave 365.

O alumnado de Bacharelato que solicitou praza está admitido na súa totalidade.

Un saúdo

A dirección

XXVIII SEMANA VERDE - 2022

A Dirección do IES Terra de Trasancos quere convidalos a participar na XV Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais "Ignacio López Bueno". Nesta edición traballaremos sobre "O Vidro", establecido como tema do Ano Internacional de 2022 por Nacións Unidas a proposta de España.

Cartel XV edición Concurso "Ignacio López Bueno"

Poden consultar de descargar as bases do concurso nesta ligazón.

ADMISIÓN ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA O CURSO 2022-23

INSTRUCIÓNS PARA O REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN. CURSO 2022/2023

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos. Poden escribir ao correo do centro.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Se o presentan no centro educativo poden descargar o impreso pinchando neste enlace:

ANEXO II

 

As vacantes xa están publicadas e son as seguintes:

Para 1º da ESO: Quedan 15 prazas vacantes

Para 2º da ESO Quedan 2 prazas vacantes

Para 3º da ESO: Non hai vacantes

Para 4º da ESO: Quedan 3 prazas vacantes

Para 1º de Bacharelato de Ciencias:Quedan 21 prazas vacantes

Para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Quedan 19 prazas vacantes

Para 2º de Bacharelato de Ciencias: Quedan 11 prazas vacantes

Para 2º de Bacharelato de Humanidade e Ciencias Sociais: Quedan 16 prazas vacantes

 

PUBLICADA LISTA DE ADMITIDOS NO CENTRO E PRAZAS VACANTES PARA A SEGUINTE FASE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Están publicadas as listas de admitidas/os de 1º de ESO e 1º de Bach  no taboleiro do centro e na aplicación Admisión alumnado.

Todo o alumnado solicitante foi admitido.

As vacantes xa están publicadas e son as seguintes:

Para 1º da ESO: Quedan 15 prazas vacantes

Para 2º da ESO Quedan 2 prazas vacantes

Para 3º da ESO: Non hai vacantes

Para 4º da ESO: Quedan 3 prazas vacantes

Para 1º de Bacharelato de Ciencias:Quedan 21 prazas vacantes

Para 1º de Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais: Quedan 19 prazas vacantes

Para 2º de Bacharelato de Ciencias: Quedan 11 prazas vacantes

Para 2º de Bacharelato de Humanidade e Ciencias Sociais: Quedan 16 prazas vacantes

RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNOS ADSCRITOS AO CENTRO. CURSO 2022-23

 Entre o días 11 de xaneiro e 8 de febreiro (incluidos) está aberto o procedemento de reserva de praza para o curso 2022-2023 para alumnado que curse 6º de Primaria no CEIP A Gándara de Narón, e que vaia vir facer 1º de ESO no noso centro, e para alumnado dos outros centros adscritos: CPR Jorge Juan e CPR Santiago Apostol, para vir estudar 1º de Bacharelato.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (como en cursos anteriores) co impreso que adxuntamos neste ENLACE e presentalo no centro educativo de orixe, ou, poden facer a solicitude a través da aplicación admisionalumnado no menú:
 
 Solicitudes – Reserva – Crear
 
Para facelo pola SEDE ELECTRÓNICA, se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
 
Prazo de solicitudes: Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
 
 IMPORTANTE: O alumnado que desexe matricularse no novo BACH XERAL deberá cumprimentar ESTA INSTANCIA(PINCHAR NO ENLACE)
 
 IMPORTANTE: O ALUMNADO QUE ESTÁ CURSANDO ESTUDOS NO NOSO CENTRO NON TEN QUE FACER NINGÚN TIPO DE SOLICITUDE DE PRAZA

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021-22

 ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS 

 Neste enlace tedes toda a información relativa ás eleccións

           O día das votacións será o día 22 de novembro de 16:30 a 18:30

 

A dirección

CALENDARIO DE AVALIACIÓNS, HORAS DE ATENCIÓN DE TITORÍAS E HORAS DE ATENCIÓN A PAIS

Prezadas familias, deixamos varios enlaces cos calendarios das avaliacións e dos horarios de titoría de pais, e atención a pais que temos todo o profesorado.

Respecto ao calendario de avaliacións, o da última avaliación aínda é provisional, porque estamos agardando instruccións da Inspección Educativa sobre a avaliación final ordinaria e extraordinaria, así como información da CIUG relativa ao calendario de 2ºBacharelato que aínda non chegaron, pero vale para que se fagan unha idea.

Manterémolos informados en canto saibamos algo.

CALENDARIO DE AVALIACIÓNS(PINCHA NO ENLACE)

HORARIO DE TITORÍA DE PAIS

HORARIO DO PROFESORADO DE ATENCIÓN A PAIS  

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/2022

Importante familias.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

 

Toda a información aquí

 


 

 

 

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS.ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN. 2021/22

O día 10 de maio precederemos a publicar no taboleiro do centro, a listaxe definitiva do alumnado de nova incorporación ao centro que resultou admitido para o curso 2021/22.

Sobre finais de maio publicaremos datas de matrícula e días de recollida de sobres de matrícula. Permanezan atentos a esta páxina web. 

Un saúdo

 

A dirección

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer