Trasancos en "Canta Ferrolterra"

Ata o domingo 27 de marzo está aberta en YouTube a votación para o concurso "Canta Ferrolterra".

Aquí tedes as ligazóns ás actuacións dos representantes de Trasancos:

  

ACTUALIZACIÓN DE VACANTES NO CENTRO, INSTRUCCIÓNS E PUBLICACIÓN DE LISTAXES

As vacantes para o proximo curso 2023-24 actualizadas a día 22 de marzo do 2023 son:

1 ESO: NON HAI VACANTES

2 ESO: 1 VACANTE

3 ESO: NON HAI VACANTES

4 ESO: 8 VACANTES

1º BACH CIENCIAS: NON HAI VACANTES

1º BACH HUMANIDADES: 20 VACANTES

2º BACH CIENCIAS: 10 VACANTES

2º BACH HUMANIDADES: 13 VACANTES

------------------------------------------------------------------------------------------

INSTRUCCIÓNS E PUBLICACIÓN DE LISTAXES:

IMPORTANTE: A partir do 20 de marzo hai 10 hábiles para achegar documentación xustificativa para o baremo.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS NO CENTRO DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: 25 ABRIL

PRAZO DE RECLAMACIÓN Á LISTAXE PROVISIONAL: 5 DÍAS HÁBILES DESPOIS DA PUBLICACIÓN DAS LISTAS

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS: 15 DE MAIO

CALENDARIO EXAMES - MARZO 2023

2º CURSO DO CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA


2º CURSO DO CICLO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

ASIGNACIÓN DE PRAZAS.PRAZAS VACANTES E INSTRUCCIÓNS ADMISIÓN

Tal e como se informou aos centros adscritos. 
Todos aqueles que solicitaron praza para primeiro de ESO do noso colexio adscrito foron admitidos

Todos os que solicitaron praza para primeiro de Bach de Ciencias foron admitidos

Os que solicitaron praza para Humanidades e Ciencias Sociais teñen que volver facer a Solicitude de Admision(é o procedimento que marca a lei)Teñen prioridade os centros adscritos según indica o artigo 8  da lexislacion de admisión sobre adxudicación de postos escolares.

O PROCESO DE ADMISIÓN COMEZA O 1 DE MARZO

PRAZAS VACANTES: 1º ESO-3 PRAZAS con prioridade a alumnado con NEAE

                              2º ESO- 3 prazas

                              3º ESO- 2 prazas

                              4º ESO- 2 prazas

                               1º BACH-CIENCIAS: 3 prazas

                               1º BACH HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 21 prazas

                               2º BACH CIENCIAS: 6 prazas

                               2º BACH HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 11 prazas

LEXISLACIÒN e INSTRUCCIÓNS DE ADMISIÓN:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_es.html

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA OS NOSOS CENTROS ADSCRITOS

Os nosos centros adscritos son: A Gándara, Santiago Apostol, Jorge Juan e CPI de ATIOS. PRAZO: 16 DE XANEIRO ATA O 6 DE FEBREIRO

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN.

CURSO 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As dúbidas das familia serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non. 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR.INFORMACIÓN FAMILIAS

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022/23

 

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES/AS LEGAIS -CONVOCATORIA

 

            De acordo coa Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO, segundo as seguintes normas:

 

1. De acordo co disposto no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pai/nai, dun total de TRES que debe ter o Consello Escolar.

2. Co obxecto de manter os períodos de renovación, os membros do consello escolar elixidos conforme serán nomeados por un período de catro cursos escolares.

3.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día 4 de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 11 de novembro.

 

4.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Centro. As candidaturas poderán ser presentadasa partir do día 4 de novembro ata as 14'00 horas do día 11 de novembro. 

 

5.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 14 de novembro, ás 12:10 horas na secretaría do centro. Dita mesa electoral estará composta polo/a Director/a ou Secretaria do centro, que actuará como Presidenta, e catro pais/nais ou titores/as legais, actuando de secretario/a o de menor idade.

 

6.- A campaña electoral desenvolverase entre os días 15 a 20 de novembro. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos/as, previa petición ao presidente/a da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do IES

 

7.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais/nais ou titores/as legais do alumnado matriculado no Centro, que estean avalados cando menos pola sinatura de dez electores/as.

 

8.- As votacións realizaranse no Salón de Actos este IES o día 21 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:00 horas.

 

9.- Na papeleta de votación cada elector/a fará constar un máximo de ­­_2____ nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegado e non se admitirá o voto por correo.

 

10.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal do alumnado.

 

11.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

 

12.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Narón, 4 de novembro de 2022

 

A DIRECTORA- PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL Graciela Galdo Vigo

REUNIÓNS INICIAIS COS TITORES

Queridas familias, coa finalidade de que teñan información precisa ou resolvan dúbidas relacionadas co curso, imos realizar reunións coas familias, durante o mes de septiembre. O calendario é o seguinte:

XOVES 22 DE SETEMBRO
1º ESO-16:30.

LUNS 26 DE SETEMBRO
2º ESO -16:30
4º ES0-18:00

MARTES 27 DE SETEMBRO
1º FP BÁSICA- 18:15

MÉRCORES 28 DE SETEMBRO
3º ESO A/PDC-16:30
3º ESO B/C-18:00

XOVES 29 DE SETEMBRO
1º BACH-16:30
 2º BACH.-18:00

Todas as reunións realizaranse na Aula de referencia do alumnado., a excepción de 1º da ESO e 1º de Bach que primeiro irán ao Salón de Actos.

O titor de cada curso encargarase de recibilos e levalos á Aula  correspondente.

 

Un saúdo e ánimo!

A directora

 

INICIO DE CURSO 2022-23

Os horarios de inicio de curso serán enviados por ABALAR a todas as familias e alumnado. En caso de ter algún problema en acceder a ABALAR poderán consultalo de forma telefónica os horarios de inicio de curso.

 

O Equipo Directivo

 

INFORMACIÓN DO CENTRO. AGOSTO E SETEMBRO

Durante o mes de agosto o noso persoal disfrutará das súas vacacións.Para avisos moi urxentes ou envío de documentación poden usar o correo do centro. No mes de setembro voltaremos co noso horario habitual de secretaría. 

 

ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

 

 

Durante os primeiros días do mes de setembro, tamén enviaremos por abalar as datas e horarios de inicio de curso

 

Un saúdo e felices vacacións!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer