Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-2025

1. PROCEDEMENTO DE RESERVA PARA CENTROS ADSCRITOS curso 2024-25

-A quen está dirixido :

  • ao alumnado dos centros de primaria adscritos ao IES Terra de Turonio que  cambian de etapa e entran no instituto en 1º de ESO 
  • ao alumando de 4º de ESO do IES Terra de Turonio que queiran facer reserva de praza en Auga da Laxe para cursar 1º BACH

-Prazo de presentación de solicitudes:  

do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 -Forma de presentación de solicitudes:

a) Sede Electrónica procedemento ED550A. Precisarase a Chave365 ou certificado dixital.

b) Presencial no centro no que estea matriculado actualmente o alumnado. haberá solicitudes en papel na secretaría do centro.

Acceso á aplicación :   admisionalumnado

 

-Publicación de listaxe do alumnado con posto reservado: 22 DE FEBREIRO (tanto no centro de orixe coma no centro de destino)

IMPORTANTEInformamos que todo o alumnado que solicitou reserva dos centros adscritos están admitidos. Pode consultarse a listaxe no taboleiro interior do centro.

 

2. PROCEDEMENTO DE SOLICITUDES ORDINARIAS DE ADMISIÓN curso 2024-25

-A quen está dirixido :

A Solicitude de admisión ordinaria está dirixido ao alumnado que queira facer un un cambio de centro ao que non está adscrito.

*Importante: Non se poden facer conxuntamente Reserva de praza e Solicitude de admisión. Hai que facer previamente unha renuncia á reserva de praza, no caso que se fixese esta, para poder facer admisión ordinaria

 

-Prazo de presentación de solicitudes:

Do 1 ao 20 de  marzo de 2024

- Forma de presentación das solicitudes  

a) A solicitude preséntase no centro ao que se quere acceder como primeira opción na sede electrónica polo procedemento ED550B na aplicación  admisionalumnado 

Hai que clicar na solicitude de admisión ordinaria.

b) Nas secretarías dos centros ao que queira acceder.

 NOTAS:

  • Na solicitude poderanse listar ata 6 centros en orde de preferencia
  • A existencia de máis de dúas solicitudes de admisión sen renunciar á anterior ou á reserva pode ser motivo da perda ao dereito a participar no procedemento de admisión (artigo 8 da orde 21 de outubro de 2022)

-Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos:

25 de abril de 2024  

 

  •  Adxudicación subsidiaria

-A quen está dirixido:  no caso das solicitudes presentadas en prazo que non resultasen admitidas no centro docente indicado en primeiro lugar, constituirase unha comisión de escolarización que as valorará para propor á Xefatura terirtorial a  asignación dun centro seguindo a orde de preferencia.

 

  • Fóra de prazo

No caso do alumnado que perdese o dereito a participar no procedemento, por solicitudes afectadas por irregularidades ou deficiencias ou as presentadas fóra de prazo.

-resolución

  • Entre o  21 de marzo e o 25 de abril de 2024. Adxudicaranse as prazas despois da adxudicación subsidiaria das solicitudes de admisión ordinaria que non fosen resoltas no seu prazo.
  • Despois do 25 de abril ata o 31 de agosto. Farase a adxudicación ao incio das atividades lectivas

   

3. Procedemento de  escolarización extraordinaria

 - A quen vai dirixido

Ás familias que que durante o curso escolar 24/25 precisen unha inmediata escolarización por causassobrevidqas que están recollidas no artigo 45 da Orde do 21 de outubro de 2022 como traslado da unidade familiar por mobilidade forzosa, discapacidade ou violencia de xénro, traslado de centro sen cambio de localidade, incorporación tardía, acollemento familiar, siutación de acoso escolar

-Forma de presentación das solicitudes  

A) Presentarase o modelo normalizado presencialmente nas secretarías dos centros ao que queira acceder.

B) Cando se dirixan á Xefatua territorial poderan presenarse por vía electrónica co formulario normalizado dispoñible a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia

 



page | by Dr. Radut