Skip to Content

Charla literaria de Sonia Mirón

Este martes 20 de abril tivemos a inmensa sorte de contar coa escritora

no IES Terra de Turonio. Moito do noso alumnado leu a súa novela: "Un sol dentro de mí" e ficou abraiado do ben que retrata a adolescencia e problemas típicos dese momento. É, o máis importante, de como a historia que nos conta nos invita a vivir queréndonos a nós mesmos/as e valorando tanto o momento presente como ás persoas que nos rodean.


A escritora tamén nos falou das outras novelas que ten publicadas (“Si tu quieres” e “Mi corazón en una caja de zapatos”), o proceso de escritura, o amor pola lectura, o bullying, os seus libros favoritos e moitísimos temas de gran interese que captaron de xeito inmediato o interese do alumado...

Houbo miles de preguntas que quedaron sen responder por falta de tempo. Foi un pracer constatar como segue vivo o amor pola lectura entre a nosa mocidade. De feito, ó día seguinte un alumno acudiu á biblioteca dicindo: "Como a escritora dixo que hai un libro esperando por ti na biblioteca, pois veño a que me aconselles un". Moitas grazas a

 

polo seu inxente labo r de animación lectora.

 

 



page | by Dr. Radut