Skip to Content

XI Olimpiada de Xeoloxía 2020

O mércores 12 de febreiro tivo lugar na facultade de minas e enerxía do CUVI a XI Olimpiada de Xeoloxía onde participaron oito alumnos de 4º ESO do noso centro.

Pola mañá tiveron que facer  fronte a 7 probas tipo xincana en equipos polo Campus da Universidade e pola tarde un test de cuarenta preguntas de maneira individual. Mentres o xurado correxía as probas participaron en talleres moi interesantes sobre paleontoloxía, xeotecnia e mineraloxía.

Josúe Troncoso obtivo o premio o mellor alumno de cuarto da ESO. Noraboa!

Foi unha experiencia compartir o día con alumnos doutros centros da provincia, visitar a universidade e aprender máis sobre xeoloxía.



page | by Dr. Radut