Skip to Content

Plan de promoción do talento dixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a impulsar o Plan de Promoción de Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, que arrinca este curso con máis de 2.500 prazas en actividades para o fomento das vocacións STEM.

No espazo web amtega.xunta.gal/digitalent está dispoñible o catálogo completo de actividades do curso 2018/2019 para coñecer as principais actuacións das que poderán beneficiarse os centros educativos.

A este respecto, a primeira das iniciativas en poñerse en marcha é o programa Tecnólog@ por un día promovido pola Amtega. Unha oportunidade única para que estudantes de 12-17 anos vivan en primeira persoa un día de traballo no marco das profesións dixitais da man de grandes empresas TIC.

Os centros educativos xogan un papel fundamental para que o alumnado poida participar nesta actividade, xa que a inscrición realizarase a través do persoal docente na web DigiTalent (amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia) a partir do próximo 17 de outubro e ata o día 26 de outubro.

O alumnado interesado en participar poñerse en contacto coa coordinadora edixgal Luisa Pita

 



page | by Dr. Radut