Skip to Content

Erasmus+ 2017-2018

 O curso pasado Sara Comesaña Abalde, Diego Miguez Viana e Pablo Fontán Rodriguez participaron no Erasmus+ durante 6 meses na campaña de verán do 2017.

Sara e Diego estiveron na empresa Vivere l´Aniene de Subiaco (Roma) en Italia e Pablo na empresa Indomita Valtellina River Rafting & Outdoor Adventures  de Castione Andevenno tamén en Italia.

 

 

 
 Neste momento e ata Xuño están neste programa os seguintes alumnos:

 Lucia Fernandez Rodriguez na empresa GoldenBay Horse Riding (Golden Bay – Melihea) en Malta que está a facer rutas a cabalo pola illa e todos os coidados equinos na empresa.

 

 Alex Coello Álvarez na empresa Diver Lanhoso en (Oliveira) de Portugal na que está a facer, salto pendular, ferratas, escalada, paintball, 4x4, rafting, barranquismo, salto negativo, rutas de sendeirismo, etc

 

 

Zaida González Martínez  e Camila Lorenzo López na empresa Vivere l´Aniene en Subiaco (Roma) Italia na cal están a facer rutas de montaña, rutas con raquetas por neve, barranquismo, rafting, escalada e boulder.

 

 Sara Pérez Lodeiro e Judith Pastoriza Portela na empresa Treking & Paddels de Controne (Nápoles) en Italia na cal estan a facer rafting, kaiak, rappel e barranquismo.

 

 Todos eles tras pasar as probas de selección e todos os trámites pertinentes establecidos neste programa. Tamén despois de valorar entre ambas partes esta posibilidade e oportunidade. Dando resultado directo en 2 casos (Lucia e Alex) que lles ofreceron xa traballo antes de rematar a estadia de Erasmus. (Xa teñen acordo para a campaña de verán alí na mesma empresa)

 



page | by Dr. Radut