Skip to Content

O CENTRO PARTICIPA NO PROGRAMA ERASMUS+

Tres alumnos e unha alumna do CICLO realizan as súas prácticas en empresas en Italia, dentro do proxecto "Practicum Depo-Erasmus+"

 

Trátase de Sara Abalde Comesaña, Pablo Fontán Rodriguez, Diego Míguez Viana e Alejandro Varela Vázquez, os catro alumnos matriculados en 2º curso do ciclo medio "Conducción de actividades físico-deportivas no medio natural" e que desenvolven o módulo de Formación en Centros de Traballo no estranxeiro. Pablo, Sara e Diego comenzaron en febreiro, o primeiro na zona dos Alpes e os outros dous en Roma, e Alejandro incorporarase proximamente no mes de maio.

 

Sara Comesaña Abalde    Pablo Fontán Rodríguez Diego Míguez Viana Alejandro Varela Vázquez

 

Neste programa fomos un dos 18 primeiros centros da provincia que comezamos a desenvolvelo. Permite que tanto alumnado do ciclo como profesorado teñan a oportunidade de realizar prácticas en países da Unión Europea.

O programa europeo "Erasmus+" ten por obxectivo que os e as participantes adquiran novos contidos relacionados coa súa profesión, coñecendo á vez a cultura do país de destino e mellorando o dominio de linguas estranxeiras, ademáis de abrirse a máis oportunidades e emprego e, en definitiva, complementar a súa preparación.

Para poder afrontar a viaxe, a Deputación de Pontevedra, a través do programa PracticumDepo-Erasmus+ outorga axudas económicas que cubren viaxe, aloxamento, manutención e transportes locais.

Desde aqui saudamos aos compañeiros que polo momento están a sacar bó proveito do proxecto e desexámolles as mellores experiencias.

 

Nos enlaces de abaixo podedes acceder ás novas publicadas pola Deputación de Pontevedra

https://valminortv.com/2017/04/03/estudantes-do-ies-terra-de-turonio-realizaran-as-suas-practicas-en-italia-e-portugal/

https://valminortv.com/2017/04/19/un-alumno-do-ies-terra-de-turonio-traslada-a-sua-formacion-practica-a-unha-empresa-de-italia/

 



page | by Dr. Radut