Información xeral sobre admisión a ciclos
Para realizar estudos do ciclo medio Guía no medio natrual e tempo libre, como somos un centro docente sostido con fondos públicos é necesario, además de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.
Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas (baremo) para cada centro educativo e para cada ciclo formativo así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización de matrícula.
O total de prazas para, polo xeral, o ciclo é de 22, que se reparten da siguiente forma:
GRUPO A: ata un 70 % das prazas ofreceranse ás persoas que teñan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria (o noso é un ciclo de grao medio)
GRUPO B: Un 20 % de las plazas ofreceranse a aqueles que posúan un título profesional básico ou teñan o acceso a ciclos de grao medio dun programa de cualificación profesional inicial.
GRUPO C: Un 10 % das prazas ofreceranse a aqueles que teñan superada a proba de acceso para os ciclos formativos de grado medio ou a os que teñan outros requisitos de acceso recollidos na normativa.
Na páxina web de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria atópase a información completa e detallada de todos os temas relacionados cos ciclos formativos (oferta, solicitudes de admisión, etc.)
Para acceder á web de Formación Profesional da Consellería pulsa aqui
Para acceder a información sobre o proceso de admisión pulsa aqui
Para a admisión máis concreta a grao medio pulsa aqui
Para acceder á solicitude de admisión via web pulsa aqui