|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Portal Educación Xunta
Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) curso 2024/2
Xúntase a Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2024/25.
- O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará aos dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
File:
Resolución do 24 de xuño de 2024 (DOG)Tema:
Plurilingüismo Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocada a selección de plans de formación permanente do profesorado PFPP que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25
RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25.
File:
Resolución do 2 de xullo de 2024Servizo relacionado:
FPROFETema:
Proxectos de Formación Permanente do ProfesoradoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínPuntuacións provisionais das persoas candidatas para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Orde do 27 de maio de 2024)
Publicación de puntuacións provisionais das persoas candidatas correspondentes ao concurso público para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, convocado pola Orde do 27 de maio de 2024.
Anuncio principal:
Convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalTema:
Comisións de servizoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoA captación de contratos e proxectos por parte do CiTIUS permitiu quintuplicar o investimento da Xunta neste centro de investigación de excelencia
Summary:
O Goberno galego está a investir máis de 5M€ neste centro no período 2021-2027, no marco da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, participaron hoxe na Comisión Reitora do Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), onde se fixo balance da actividade do centro nos últimos meses e se presentaron os novos proxectos captados.
A este respectos, informouse de que o investimento da Xunta de Galicia neste centro no último trienio, algo máis de 2,8M€, foi multiplicado por cinco a través de recursos asociados sobre todo á captación de contratos e proxectos de investigación, tanto de fondos públicos como privados. Destaca especialmente o incremento da súa captación de fondos internacionais, nos que o CiTIUS multiplicou por preto de 4 cada euro captado no trienio anterior.
Neste sentido, o representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que o Goberno galego vén de incrementar nun 31% o financiamento da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, da que forma parte o CiTIUS, sumando ademais novos centros. No caso do CiTIUS, disporá de máis de 2,4M€ ata 2027, máis as achegas complementarias a través doutros convenios do ámbito da I+D.
Novos proxectosNo que atinxe aos novos proxectos, o centro compostelán vén de acadar un financiamento acumulado de 9M€ para catro iniciativas. Dúas delas teñen carácter nacional e consisten no desenvolvemento de dúas cátedras: Cátedra USC-Plexus de IA aplicada á Medicina Personalizada de Precisión e Cátedra Chip USC-Televés en deseño microelectrónico: innovación no deseño e fabricación de microchips avanzados.
Os outros dous proxectos son internacionais. Un deles, RePowerSIC, liderado desde o CiTIUS para toda Europa, céntrase na alimentación de vehículos espaciais mediante conversores de potencia alimentados a través de láseres de alta eficiencia. A outra iniciativa ten como obxectivo proporcionar experiencias de Realidade Virtual para mellorar a saúde mental e está financiada directamente desde unha fundación dos Estados Unidos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución pola que se procede a establecer os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024.
Anuncio principal:
Publicación da orde de convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosCORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-24Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosResolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024 (pendente de publicación no DOG)
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoA Xunta apoia con 8 M€ a mellora das infraestruturas de investigación e ensaio dos centros tecnolóxicos galegos
Summary:
O Consello da Xunta autoriza a resolución das axudas para fortalecer e ampliar as capacidades científico-tecnolóxicas dos centros tecnolóxicos Aimen, CETIM, CTAG e Gradiant mediante o apoio a investimentos
O obxectivo é facilitar o seu crecemento potenciando a súa internacionalización e reforzar as súas actividades de transferencia cara o tecido produtivo
Esta terceira convocatoria de fortalecemento dos centros tecnolóxicos galegos, que inclúe por primeira vez tanto edificación como equipamento, contribuirá ao mantemento de 516 postos de traballo
Desde a posta en marcha deste programa no 2018, téñense apoiado en total 19 proxectos con axudas por 17 millóns de euros, mobilizando 35 millóns de euros
Idioma GallegoA Xunta vai apoiar a mellora das infraestruturas de investigación e ensaio de catro centros tecnolóxicos galegos con 8M€, do que se deu conta hoxe no Consello da Xunta, autorizando dúas delas por superar os 3M€ de axuda pública. A actuación, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, busca apoiar os investimentos neste eido dos centros tecnolóxicos Aimen, CETIM, CTAG e Gradiant. Esta terceira convocatoria permitirá mobilizar ao redor de 16 M€ contribuíndo ao mantemento de 516 postos de persoal altamente cualificado.
Con esta liña de axudas, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a través da Axencia Galega de Innovación, apoia a creación e ampliación das infraestruturas de investigación e experimentación de catro centros tecnolóxicos galegos, cubrindo desde a adquisición de terreos e equipamento ata a construción ou ampliación de edificacións e activos inmateriais.
O obxectivo destas axudas é reforzar as capacidades científico-tecnolóxicas dos centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación galegos para acadar unha I+D+i pioneira capaz de atraer talento e investimento privado, mellorando o posicionamento galego a nivel internacional, e facilitar o seu crecemento, excelencia e actividades cara ao tecido produtivo. Ademais, os proxectos están orientados á xeración de capacidades nos ámbitos estratéxicos da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, evitando solapamentos coas infraestruturas xa existentes e favorecendo sinerxías entre elas.
Cada solicitude inclúe un plan de explotación adaptado ao tipo de infraestrutura que permitirá comprobar a sustentabilidade financeira das mesmas e estimar o seu impacto potencial no ecosistema galego de innovación. A intensidade dos apoios é a máxima permitida para este tipo de axudas, o 50 %.
Infraestruturas apoiadasNo caso de Aimen, que recibirá algo máis de 3,2M€, realizará un investimento de 6,4M€ destinado á construción dun novo centro de fabricación intelixente no Porriño , onde se lanzarán novas liñas de infraestruturas singulares de fabricación avanzada e sustentable e de dixitalización punteiras en ámbitos de grande impacto para Galicia como o transporte, a enerxía e a construción, así como reforzar e fortalecer as xa existentes.
O CETIM, con sede en Culleredo e que recibirá ao redor de 442.000 euros, investirá 883.000 euros na mellora da súa excelencia científica e de investigación no eido da Economía Circular, focalizando os esforzos nos seis ámbitos de investigación estratéxica do centro: baterías, augas, hidróxeno verde, polímeros sustentables, materiais de construción sustentable e industria sustentable.
O CTAG, que obtén unha axuda de 4M€, realizará un investimento de 8M€ en infraestruturas de investigación no Porriño asociadas ás liñas de investigación da mobilidade autónoma, conectada, segura e ecolóxica que caracterizan o futuro da industria do automóbil.
Por último, Gradiant, cun apoio de preto de 263.000 euros en Vigo, ten como obxectivo a adquisición e posta en marcha dunha infraestrutura de investigación e computación a baixa escala para a realización de actividades de I+D en tecnoloxías de alto impacto e potencial de aplicación en diversos ámbitos, cun orzamento total de preto de 526.000 euros. En concreto, ditas actividades propoñen a investigación en tecnoloxías cuánticas, micro-nanoelectrónica e fotónica, computación confidencial, análise multimedia, tecnoloxías da linguaxe e, en xeral, intelixencia artificial aplicada.
Balance desta liña de axudasEn total, a través das tres convocatorias desta liña de axudas (2018, 2020 e 2024) téñense apoiado en total 19 proxectos con axudas por importe de 17 millóns de euros, mobilizando 35 millóns de euros. Pero non son as únicas destinadas a estes entes e, de feito, desde o ano 2009, o Goberno autonómico ten destinado preto de 26 M€ en apoios aos centros tecnolóxicos galegos a través de financiamento basal e diferentes programas de concorrencia competitiva. Estas infraestruturas ocupan unha posición destacada no ecosistema galego de I+D+i pois o seu papel é esencial na transformación da economía polo seu potencial para xerar vantaxes competitivas no tecido empresarial.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destina case 450.000€ ao cofinanciamento de 17 comedores escolares que dan servizo a 780 alumnos
Summary:
O Goberno galego incrementou este curso as partidas para estas colaboracións entre un 10 e un 20% para axudar a estas entidades a facer fronte á inflación
Renóvanse os acordos con 13 asociacións especializadas na atención a persoas con discapacidades e coa Deputación de Pontevedra para 557 alumnos con necesidades
Tamén se dá continuidade aos convenios cos concellos de Oroso, Manzaneda e Vilalba, a través dos que se facilita o servizo a 223 escolares
Idioma GallegoO Consello da Xunta deu hoxe luz verde á renovación de 17 convenios de colaboración con diferentes entidades e concellos para o cofinanciamento do servizo complementario de comedor escolar. En total destinaranse case 450.000€, a través dos que se atenderá a 780 alumnos.
O Goberno galego incrementou este curso as partidas para estas colaboracións entre un 10 e un 20%, con especial fincapé na atención ás necesidades específicas de atención educativa, co fin de contribuír a que estas entidades fixeran fronte á inflación.
O investimento máis importante ten como obxectivo facilitar o servizo de comedor adaptado aos alumnos con necesidades educativas específicas. Para iso, por una banda renóvanse os acordos para o curso 2024/25 con 13 asociacións especializadas na atención a persoas con discapacidades, cun investimento total de 264.067€ para os 517 usuarios destas entidades, 14 máis ca no curso anterior.
En concreto, asinaranse addendas aos convenios xa subscritos coa Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual (ACEESCA), coa Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines (AMENCER—ASPACE), coa Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia (AMICOS), coa Asociación de Padres de Personas con Parálisis Cerebral – A Coruña (ASPACE), coa Asociación de Pais de Persoas con Trastornos do Espectro Autista da Provincia da Coruña (ASPANAES), coa Asociación en Favor de las Personas con Discapacidad Intelectual de la Provincia de Pontevedra (ASPANAEX), coa Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (ASPRONAGA), coa Asociación Autismo Ourense, con Hogar y Clínica San Rafael de Vigo, coa Asociación BS A Esperanza do Val Miñor, coa Fundación Menela, coa Asociación San Xerome Emiliani e coa Asociación Nuestra Señora de Chamorro.
O obxectivo destes acordos é facilitar a este alumnado o servizo de comedor adaptado ás súas particulares necesidades, de tal forma que as asociacións colaboradoras asumen a súa atención e coidado durante o período comprendido entre o fin das clases e o remate do servizo de comedor. Deste xeito, o alumnado pode aproveitar o carácter didáctico do comedor no que atinxe á aprendizaxe de habilidades que redunden nunha maior autonomía persoal e, polo tanto, nunha maior inclusión.
Por outra banda, asinarase unha addenda ao convenio coa Deputación de Pontevedra para facilitar o servizo de comedor escolar a alumnos e coidadores do CEE Pontevedra (un centro pertencente á Consellería) en dependencias da residencia provincial situada na cidade infantil Príncipe Felipe e que depende do ente provincial.
Trátase, tamén neste caso, dun servizo de comedor axustado ás necesidades especiais deste alumnado. O importe é de 23.923,20 € para atender ao 40 usuarios.
Apoio aos concellosA Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP está a colaborar cos concellos que solicitaron a xestión dos comedores escolares de centros de ensino do seu municipio. Neste Consello autorizouse a renovación dos acordos subscritos cos concellos de Oroso, Manzaneda e Vilalba para os cursos 2024/25 e 2025/26.
Deste xeito, cofinanciarase o servizo de comedor a 110 alumnos do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso), a 38 do Colexio CEIP de Manzaneda e a 75 da Escola de Educación Infantil de Vilalba, neste último caso cun incremento de 30 usuarios respecto do curso 2023/24. O importe total ascende a 160.556€, o que supón un incremento de 14.685€ por ano académico.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalSelección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado
Resolución definitiva da selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2024/2025.
Anuncio principal:
Selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnadoTema:
Lingua estranxeira Programas e plans Programas europeos e internacionaisEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasResolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoPublicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación e da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais de Deseño
Anuncio principal:
Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoProposta de resolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoNota informativa sobre a presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante relativo aos procedementos selectivos convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
Para os efectos do previsto na base 11.3.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 relativa á "Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante", xúntase modelo normalizado de alegación de méritos.
O persoal aspirante poderá visualizar os méritos que constan na aplicación de oposicións, accedendo á paxina web www.edu.xunta.gal/oposicions, lapela As miñas instancias, Opción Ver méritos.
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta financia a 72 investigadores posdoutorais para que afiancen a súa traxectoria en Galicia
Summary:
A Consellería de Educación vén de adxudicar os contratos tanto para a formación completa como para a consolidación de liñas de investigación propias
Un total de 60 investigadores traballarán nas universidades públicas (27 na USC, 18 na UVigo, 15 na UDC) e outros 12 farano en organismos públicos de investigación
Enmárcanse na aposta do Goberno galego por favorecer a carreira científica e o desenvolvemento dun sistema galego de investigación forte e especializado
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de resolver dúas convocatorias de axudas para contratos posdoutorais de formación e continuidade co obxectivo de que os investigadores seleccionados desenvolvan o seu labor científico en estruturas de investigación en Galicia. Trátase da resolución das axudas á etapa posdoutoral de modalidade única e á de continuidade.
As dúas accións forman parte das oito que conforman o Plan iTransfer de Promoción da Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), dotado con 104M€ no 2024, co fin de impulsar a investigación en excelencia feita en Galicia e promover que os avances xerados polo persoal investigador se convertan en solucións efectivas aos retos de futuro. Neste programa inclúense, ademais das citadas bolsas, outras iniciativas como os Campus de especialización e convenios de I+D+i cos centros de investigación.
Modalidade formación completa
Investigadores das tres universidades públicas e varios organismos públicos de investigación da Comunidade son os beneficiarios das 49 bolsas de axudas para afianzar a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, permitindo a mellora das súas capacidades e o desenvolvemento da súa carreira científica.
A resolución das axudas do 2024 ten como novidade que o investigador acceda a unha convocatoria única de seis anos de duración dividida en dúas fases de tres anos cada unha, cunha avaliación intermediaria para pasar dunha etapa á outra.
Durante os primeiros tres anos do contrato, os beneficiarios recibirán unha bolsa de 32.000 euros/ano en concepto de salario e custos sociais. A maiores, cobrarán un complemento por cada mes de estadía no estranxeiro segundo a zona de destino e se teñen a condición de bolseiro Fulbright. Durante a segunda fase, os beneficiarios cobrarán 49.000 euros ao ano durante todo o período, dos cales 38.000 euros son en concepto de salario e custos sociais e o resto son complementos para o establecemento dunha liña propia de investigación. En total, a Xunta de Galicia destina case 15M€ a esta bolsa de axudas.
A convocatoria inclúe un compromiso por parte das universidades que acollan contratados ao abeiro da mesma de crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanente vinculados ás necesidades docentes ou investigadoras.
Modalidade de consolidación de novas liñas de investigación
Así mesmo, tamén se revolven as axudas posdoutorais de continuidade, coas que se posibilita o perfeccionamento da formación dos investigadores posdoutorais e o establecemento dunha liña de investigación propia. Trátase de 23 bolsas (20 para as universidades públicas do Sistema Universitario Galego e tres no resto de entidades beneficiarias) por un importe total máximo de 49.000 euros anuais cada unha delas.
A novidade das axudas deste ano 2024 é que os contratos posdoutorais de continuidade terán unha duración de tres anos e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia para que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria no sistema de I+D+i galego. Desta maneira, a Xunta de Galicia reforza o investimento ata os 3,6M€.
O importe das axudas nesta modalidade destinarase ao pagamento dos contratos, custos sociais, axuda para a creación dunha liña de investigación propia e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. Entre os gastos considerados elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, están a compra de pequeno equipamento inventariable e material funxible ou material bibliográfico, a contratación de persoal investigador ou auxiliar ou os gastos derivados do uso de ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez desexa “a mellor formación e experiencia” aos centos de estudantes galegos que este verán viaxan a cinco países coas bolsas da Xunta
Summary:
Os estudantes de 1º e 2º de Bacharelato mellorarán as súas competencias lingüísticas en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña
O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona ata o 92% da mesma para as tres semanas de estadía
O titular de Educación sinala que esta iniciativa é “unha porta de entrada a unha nova cultura, a outra forma de ver e entender o mundo”
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na xornada de benvida para os estudantes de Bacharelato que este verán viaxan ao estranxeiro para perfeccionar o seu nivel en diferentes linguas estranxeiras grazas ás bolsas da Xunta. En concreto, un total de 645 alumnos e alumnas de toda a Comunidade realizarán estadías en cinco países ao longo destes meses. A todos eles desexoulles “a mellor formación e experiencia”.
Como recordou o conselleiro, o propósito destas estadías “non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón tamén que entre en contacto con outras linguas, persoas, culturas e realidades” nun contexto de inmersión ou integración nun país estranxeiro, “o que contribúe á súa formación integral e ao seu desenvolvemento persoal en plena adolescencia”. O titular de Educación sinalou que esta iniciativa é “unha porta de entrada a unha nova cultura, a outra forma de ver e entender o mundo”.
Fíxoo estas declaracións durante unha xornada de benvida para o alumnado beneficiario destas bolsas -o denominado programa AxudasLe- e para as súas familias co fin de proporcionar orientacións sobre a viaxe e a estadía e resolver dúbidas. No acto, estivo acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
Complemento ao traballo na aula
Román Rodríguez explicou que o Goberno galego está comprometido co avance das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. “Mellorar a capacidade de comunicarse noutros idiomas é un incentivo imprescindible hoxe en día”, afirmou. Por iso, logo de traballar intensamente nas aulas grazas a medidas como os auxiliares de conversa, ofrécense tamén outras alternativas como os campamentos de inmersión en Galicia durante a primavera e o outono, e as propias estadías lingüísticas estivais.
O representante autonómico animou aos alumnos participantes neste programa de verán a representar Galicia no estranxeiro, exercendo como bos embaixadores da nosa Comunidade. De feito, convidounos “a falar con todo o mundo, a integrarvos e participar activamente no programa formativo dentro e fóra das aulas”.
Distribución por cursos e países
Para o programa de estadías lingüísticas en países estranxeiros este verán, foron seleccionados un total de 407 alumnos de 1º de Bacharelato e outros 238 de 2º de Bacharelato, que gozarán de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña no período estival, entre xullo e agosto.
Así pois, 339 estudantes desprazaranse a Reino Unido e 230 a Canadá para mellorar as súas competencias en inglés; 60 farano a Francia para facelo co seu francés; dez irán a Alemaña para perfeccionar o alemán, e seis a Portugal para reforzar o seu portugués.
Curso
Modalidade
Prazas
2º de BacharelatoInglés en Canadá
90
Inglés no Reino Unido
120
Francés en Francia
20
Portugués en Portugal
3
Alemán en Alemaña
5
1º de BacharelatoInglés en Canadá
140
Inglés no Reino Unido
219
Francés en Francia
40
Portugués en Portugal
3
Alemán en Alemaña
5
O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona entre o 92% e o 62% do custo das estancias dos estudantes. Con cargo a esta partida, a Consellería de Educación sufraga parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta celebra os 20 anos do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo formando á canteira desta disciplina en Galicia
Summary:
É o centro da Xunta onde se pode cursar ensinanzas elementais e profesionais de danza e o único en Galicia coa especialidade de contemporánea
Desde a súa creación, duplicou a matrícula e organiza numerosas actividades culturais e de promoción das ensinanzas dentro e fóra de Galicia
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, asistiu hoxe á gala do 20 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o centro dependente da Xunta onde se poden cursar as ensinanzas elementais e profesionais de danza na nosa Comunidade e as ensinanzas profesionais de danza na especialidade danza contemporánea
No evento, celebrado no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, participou unha pequena representación do ex alumnado do centro que na actualidade está a desenvolver a súa carreira no eido da danza, e que no seu momento formou parte da canteira desta disciplina que o Conservatorio leva dúas décadas formando
O centro iniciou a súa actividade no ano 2003 e foi medrando ata que no curso 2011/2012 acadou a implantación definitiva das ensinanzas de danza, cos catro cursos de grao elemental e os seis cursos de grao profesional nas especialidades de Danza clásica e Danza contemporánea. Este crecemento reflíctese tamén no alumnado matriculado, que hoxe é o dobre que hai 20 anos.
O Conservatorio Profesional de Danza conta, ademais, coa única biblioteca especializada en danza de Galicia e cunha comunidade educativa moi dinámica, que programa unha grande cantidade de actividades culturais e de promoción e organiza obradoiros con coreógrafos galegos de prestixio internacional, ofrecendo ao alumnado a oportunidade de entrar en contacto coa creación coreográfica máis actual.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17