|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Portal Educación Xunta
O colexio CEIP Lamas de Abade promove a concienciación escolar a través do teatro, dentro do Plan Integral contra o acoso da Xunta
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asiste á representación ‘Pasando a Bóla’, que fomenta a reflexión e a participación na loita contra o acoso
Idioma GallegoA directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, asistiu hoxe á representación de Pasando a Bóla, unha obra da compañía A Xanela do Maxín que busca concienciar sobre o acoso escolar. Esta actividade enmárcase dentro do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar, impulsado pola Xunta de Galicia, que propón diferentes liñas de traballo para promover a inclusión e garantir un bo clima de convivencia nos centros educativos.
Os alumnos de Primaria do Colexio CEIP Lamas de Abade participaron nesta iniciativa, que fomenta o uso do teatro como ferramenta pedagóxica para sensibilizar ao alumnado e facilitar a identificación de posibles escenarios de acoso e ciberacoso. Desta maneira, a actividade está en liña cun dos obxectivos do Plan, que é previr, detectar e actuar ante situacións de acoso, asegurando que os centros escolares conten con todos os recursos necesarios para abordar esta problemática de forma efectiva.
O Plan, ademais de promover o uso de ferramentas como o teatro, inclúe outras iniciativas como os puntos laranxas, instalados este ano pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que funcionan como un espazo anónimo para que o alumnado poida denunciar situacións de acoso ou ciberacoso de forma segura e confidencial.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución do 9 de setembro de 2024: composición do xurado de selección para os premios das ensinanzas artísticas profesionais correspondentes ao curso 2023/24
Resolución do 9 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24.
Anuncio principal:
Orde do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, curso 2023/24Tema:
Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de danza Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoResolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Xúntase a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
File:
Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG)Tema:
Información xeral NormativaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Ordenación Educativa Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución avaliación axudas para completar a formación posdoutoral 2022
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2022Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
AlumnadoRelación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte ensinanzas en centros dependentes desta consellería, para o curso 2024/2025
Faise pública a relación de intercambios provisionais de prazas de persoal docente que imparte ensinanzas en centros dependentes desta consellería, para o curso 2024/2025.
File:
Orde do 17 de xuño de 2017 (DOG) Orde do 4 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 17 de xuño de 2017 (DOG) Relación de intercambios provisionais do curso 2024/25 (Servizo de Primaria) Relación de intercambios provisionais do curso 2024/25 (Servizo de Secundaria)Tema:
Programas e plans PermutasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoResolución provisional da convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa través de actividades dixitais, Digitalweek durante o curso 2024/25
Xúntase a Resolución provisional da Resolución do 30 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocatoria para a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e de ESO durante o curso 2024/25Tema:
Lingua estranxeira Plurilingüismo Programas e plans Inmersión lingüísticaEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosRomán Rodríguez anuncia a creación da primeira oficina de transferencia de coñecemento para o sector biotecnolóxico
Summary:
O conselleiro de Ciencia clausura o acto de presentación do balance intermedio da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025
A Xunta prevé destinar máis de 20M€ novos de fondos europeos para apoiar o sector
A Estratexia logra mobilizar 370M€ nos seus primeiros tres anos, a creación de 24 novas empresas e o aumento do 6% no número total de traballadores en I+D+i
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou que a Xunta impulsará a creación da primeira oficina de transferencia de coñecemento -testada como un piloto- centrada no sector biotecnolóxico e compartida por todos os axentes de I+D+i para converter Galicia nunha biorrexión de referencia. Fíxoo durante a clausura do acto de presentación do balance intermedio da Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia 2021-2025, co que se busca achegar aos asistentes o traballo realizado neste eido para impulsar o papel da comunidade a nivel internacional.
“O compromiso da Xunta co sector biotecnolóxico e coa alta capacidade das nosas industrias xa se vén prolongando desde hai case unha década, co que aspiramos a converter a Galicia nunha biorrexión de referencia”, sinalou o representante do Goberno galego, quen afirmou que xa se está a traballar nunha medida de baterías para continuar impulsando ao sector. “Ademais desta oficina, tamén solicitaremos 20M€ novos de Fondos Feder para dar resposta aos retos do sector, realizaremos un estudo do impacto desta tecnoloxía na economía galega de 2025 e poremos en marcha varias accións para impulsar a creación e fortalecemento de spin-offs biotecnolóxicas a través de inversores privados e venture builders”, engadiu.
Estas novas accións enmárcanse na Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia, a que supera o seu ecuador cun investimento mobilizado de 370M€. Nos tres primeiros anos da Estratexia, o Goberno galego investiu máis de 102M€ a través de diferentes consellerías, sendo a Consellería de Ciencia a que máis orzamento destinou, cun 64% do total. “Durante estes primeiros anos da Estratexia xa se acadou o 56% da mobilización prevista para 2025 coas actuacións postas en marcha”, destacou Román Rodríguez.
O titular da Consellería de Ciencia, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, tamén aplaudiu todo o acadado ata o de agora a través da Estratexia: creáronse 24 empresas novas “confirmándonos como segunda rexión máis bioemprendedora, un dato ao que hai que engadir o aumento do 6% no número de traballadores en I+D no sector e o gasto en I+D+i, xa o 17% do total en Galicia”, puntualizou. Así mesmo, recordou o nacemento dun novo clúster, dous novos centros de investigación acreditados no CIGUS e dous novos fondos de investimento galego no sector, entre outros.
Deste xeito, a Estratexia de Consolidación de Biotecnoloxía está a favorecer o reforzo deste ecosistema, posibilitando a aparición de novos axentes e infraestruturas, para o que é imprescindible que as “administracións públicas e as entidades privadas traballemos conxuntamente para asegurar a mellor dotación posible fronte as necesidades, desafíos e oportunidades que supón a biotecnoloxía”, concluíu o conselleiro.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta inviste máis de 422.000€ na mellora enerxética e de confort do instituto de Porto do Son
Summary:
O conselleiro comproba o avance da obra, que inclúe tanto cambio de cuberta como de fiestras, tubaxes e pérgola de acceso ao polideportivo
Enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, co que se invisten máis de 278M€ para mellorar as instalacións dos centros e o día a día dos seus usuarios
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, comprobou hoxe o avance das obras de mellora da eficiencia enerxética que o seu departamento está a executar no Instituto IES de Porto do Son. Cun investimento de máis de 422.000€ está previsto que a actuación remate no prazo aproximado dun mes, dado que o cambio de cuberta xa se rematou.
Esta obra enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está a modernizar e mellorar as instalacións educativas da Comunidade. Neste sentido, o conselleiro recalcou o compromiso coa mellora da eficiencia enerxética dos centros educativos a través de cambios de cuberta e fiestras, como é o caso de Porto do Son, ou de instalación de novos sistemas de calefacción ou de iluminación, entre outras melloras.
“Actuacións como a que estamos a acometer neste instituto redundan non só nun menor consumo enerxético, senón tamén nunha maior confort térmico e, polo tanto, nun mellor día a día para a comunidade educativa”, afirmou Román Rodríguez.
Cuberta, fiestras e pérgolaA obra que se está a executar no IES de Porto do Son ten como obxectivo principal o cambio de cuberta, que xa está rematado. No seu lugar colocouse unha nova formada por chapa exterior e interior de aceiro galvanizado e con recheo intermedio de espuma de poliuretano.
Ademais, aprovéitase para mudar algunhas fiestras que non tiñan a estanqueidade necesaria, que se substitúen por unhas novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica e vidros dobres.
Así mesmo, colócase unha nova pérgola de acceso ao polideportivo, que estaba deteriorada polo ambiente mariño. A maiores, múdase a tubaxe de cobre da instalación de auga fría por tubaxe de polipropileno.
Máis de 1.000 obras na provinciaA Xunta está a investir máis de 278M€ nas case 2.700 actuacións incluídas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica para o período 2021/2024. A provincia da Coruña concentra máis de 1.000 obras, cun investimento de case 97,5M€ ao abeiro deste plan.
No concello de Porto do Son, ademais desta actuación no instituto, tamén se acometeu o cambio de cuberta do Colexio CEIP Santa Irene, por preto de 270.000€.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución do 5 de setembro de 2024 pola que se resolve a convocatoria das axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24
Anuncio principal:
Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24Tema:
Bolsas Lingua estranxeira Centros concertadosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Linguas estranxeirasConvocatoria programa educativo “Que non te líen, ti elixes”
Resolución conxunta do 6 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.
- O prazo de envío de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta Resolución en https://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o día 1 de outubro de 2024 (incluído).
File:
Convocatoria do programa Anexo I: SolicitudeTema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínGalicia e Francia intercambian experiencias sobre a colaboración con empresas no ámbito da FP
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe a Escola de Profesións SEPR de Lyon, onde mantivo un encontro con membros do equipo directivo deste centro de referencia, que imparte todas as modalidades de FP do sistema educativo francés. No marco da reunión, intercambiáronse experiencias e coñecementos sobre a FP en xeral e, en concreto, sobre a colaboración co tecido produtivo.
Neste sentido, a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP explicou como funciona a modalidade Dual Intensiva e o seu éxito no relativo á inserción laboral dos seus alumnos. Pola súa parte, os membros do centro francés detallaron como se relacionan coas empresas e amosaron o seu modelo de formación de traballadores, para as que contan con aulas específicas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destinará case 659.000€ á FEGAMP para financiar os gastos de limpeza de centros educativos de 34 concellos
Summary:
Renóvase un curso máis este acordo que beneficia a 12 concellos da provincia da Coruña, oito da de Lugo, sete da de Ourense e sete da de Pontevedra
Idioma GallegoA Xunta de Galicia destinará 658.864€ á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para financiar os gastos de limpeza de 34 centros públicos integrados (CPI) de 34 concellos de toda a xeografía galega. O Consello da Xunta deu luz verde á renovación deste convenio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a FEGAMP, de tal forma que a entidade municipal contratará o servizo para os colexios e sufragarao coa achega do Goberno galego.
O obxectivo deste acordo é manter unha coordinación entre administracións que permita a prestación de servizos públicos do xeito máis eficaz e eficiente posible. Deste xeito evítanse tamén duplicidades e favorécese un uso responsable dos recursos.
A acción enmárcase no acordo marco asinado pola Consellería e a FEGAMP no ano 2008 para o desenvolvemento do pacto local en materia de educación, segundo o cal o departamento educativo da Xunta de Galicia asumiu os gastos derivados do servizo de limpeza destes centros logo da adhesión dos respectivos concellos ao citado acordo marco. Os centros públicos integrados son unha tipoloxía de centros educativos radicados en zonas de baixa poboación que acollen alumnado das etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
Cómpre lembrar que a limpeza dos colexios é competencia municipal e a dos institutos é autonómica. No caso dos centros públicos integrados, que aglutinan ensinanzas de Primaria e de Secundaria, a limpeza faise en colaboración entre ambas administracións a través de convenio, coma o que hoxe se autoriza.
Centros beneficiadosOs centros obxecto do convenio son, na provincia da Coruña, os CPI Cruz de Sar (Bergondo), Antonio Orza Couto (Boqueixón), Vicente Otero Valcárcel (Carral), O Cruce (Cerceda), Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro), A Xunqueira (Fene), da Picota (Mazaricos), de Xanceda (Mesía), Virxe da Cela (Monfero), dos Dices (Rois), de Bembibre (Val do Dubra) e de Vedra (Vedra).
Na provincia de Lugo benefícianse os CPI Luis Díaz Moreno (Baralla), de Castroverde (Castroverde), de Cervantes (Cervantes), Virxe do Monte (Cospeito), de Seoane (Folgoso do Courel), Tino Grandío (Guntín), Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) e San Tomé de Carballo (Taboada); mentres que na de Ourense inclúense os CPI Tomás Terrón Mendaña (Carballeda de Valdeorras), Virxe dos Remedios (Castro Caldelas), Antonio Failde (Coles), Laureano Prieto (A Gudiña), de Maside (Maside), de Padrenda-Crespos (Padrenda) e Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea).
Finalmente o acordo inclúe os CPI da Cañiza (A Cañiza), Curros Enríquez (Pazos de Borbén), de Pontecesures (Pontecesures), Domingo Fontán (Portas), Julia Becerra Malvar (Ribadumia), Manuel Suárez Marquier (O Rosal) e do Toural (Vilaboa), todos eles na provincia de Pontevedra.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta incorpora oito novos departamentos á Comisión de I+D+i ata chegar a un total de 32 e con representación en todas as consellerías
Summary:
O Diario Oficial de Galicia oficializa a nova composición da Comisión Interdepartamental para abordar os retos de futuro en materia de ciencia
Participará na definición do novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027
Idioma GallegoA Comisión Interdepartamental de I+D+i xa dispón dunha nova composición que está a traballar na planificación e a coordinación dos obxectivos, actuacións, instrumentos e fondos nos eidos da investigación e innovación. Así o oficializa hoxe o Diario Oficial de Galicia, polo que se fixa a estrutura orgánica desta comisión.
Deste xeito, a nova composición da Comisión Interdepartamental de I+D+i inclúe a participación de oito departamentos máis, chegando aos 32, e tendo representación de todas as consellerías de Xunta de Galicia. Creada no ano 2020 por acordo do Consello da Xunta, ten encomendado o obxectivo de integrar e complementar a visión e perspectivas estratéxicas dos diferentes departamentos da Xunta con actuacións no ámbito da I+D+i.
Entre as tarefas realizadas, cómpre destacar a elaboración do decreto que regula a carreira investigadora, convertendo a Galicia na primeira Comunidade en España en regular a carreira profesional de todo o persoal de investigación dependente da Xunta e dos seus organismos; o deseño da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, a elaboración do mapa anual conxunto de apoios á I+D+i da Xunta de Galicia, a creación do portal colaborativo do ecosistema Innovarede ou a definición e concreción das nove propostas de Compra Pública de Innovación que optan a financiamento europeo a través da liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Como próximas actuacións, entre outras, compételle participar na definición do novo Plan galego de investigación e innovación 2025-2027 ou na elaboración da próxima lei de ciencia e innovación de Galicia. Así mesmo, a Comisión tamén deberá abordar retos a futuro como a creación dunha unidade administrativa integrada para apoiar proxectos de Compra Pública de Innovación ou a coordinación con todas as consellerías das iniciativas e esforzos da Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalConvocatoria de Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25
Xúntase a Resolución do 7 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información eAprendizaxe), pola que se convoca a participación no proxecto Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
- O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.
File:
Convocatoria Instrucións para a solicitudeTema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023
Xúntase a Resolución do 13 de setembro de 2024, da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserta e publica a relación daquelas que se exclúen provisionalmente do proceso de integración no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.
O persoal interesado, que figura no anexo da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" integrado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre os días 16 e 27 de setembro de 2024, ambos incluídos.
Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
Anuncio principal:
Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023Tema:
OposiciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta presenta en Suecia as oportunidades que ofrece Galicia para investigadores estranxeiros
Summary:
A Axencia Galega de Innovación participa, xunto ás tres universidades públicas de Galicia, no Simposio 10º Aniversario da Asociación de Científicos Españois en Suecia
Esta actividade forma parte da campaña de difusión internacional da Xunta para promover a atracción e retorno de persoal investigador
Idioma GallegoRepresentantes da Xunta de Galicia e das universidades públicas galegas viaxaron esta fin de semana a Suecia para participar nun seminario que organiza a Asociación de Científicos Españois en Suecia (ACES-SFFS) para conmemorar o 10º aniversario da súa fundación. Alí, a delegación galega presentou as oportunidades que ofrece a I+D+i galega ao persoal investigador e as estratexias e programas de captación, atracción e retención de talento.
Concretamente, participaron neste encontro María José Mariño, directora da área de Talento e Transferencia da Axencia Galega de Innovación; Santiago Cernadas, técnico da Oficina de Captación de Persoal Investigador da Universidade da Coruña; Mª Dolores Sánchez, da área de Promoción e Estratexia Científica da Universidade de Santiago, e Ana Mosquera, técnica da Oficina de Proxectos Internacionais da Universidade de Vigo.
Esta viaxe forma parte dunha ampla campaña de difusión internacional das capacidades e oportunidades que ofrece Galicia ao persoal investigador. Impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o obxectivo é promover o retorno do persoal investigador galego no exterior e a atracción do talento científico internacional.
Desenvolver unha carreira científica en GaliciaEste esforzo de comunicación, concretado en diversas accións para dar a coñecer e posicionar a Galicia como un territorio para desenvolver una carreira científica de éxito, inclúe a presenza en encontros internacionais. Nestes eventos danse a coñecer iniciativas como o Programa Oportunius da Xunta, cuxo obxectivo é xerar, reter, retornar e atraer candidatos finalistas e gañadores das prestixiosas axudas do European Research Council (ERC), consideradas un indicador de excelencia científica.
No marco deste esforzo divulgador das capacidades científicas de Galicia, a Consellería de Ciencia colabora de maneira estable con distintas entidades, entre as que destaca RAICEX, a Rede de Asociacións de Investigadores e Científicos Españois no Exterior, e as súas delegacións nacionais. A participación en encontros dirixidos á comunidade científica internacional ten permitido que ao redor de 1.500 investigadores de todo o mundo coñezan de primeira man a I+D+i galega e as súas oportunidades.
Ampla difusión no último anoAsí, desde setembro de 2023, representantes da Xunta e de diversas entidades galegas participaron en varios eventos científicos internacionais: Encontro anual CERFA (Berlín, setembro de 2023), Bridging European Science (Bruxelas, outubro de 2023), Conferencia da Presidencia da MSCA (Toledo, novembro 2023), I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, FIGaE (Bruxelas, marzo 2024), MCAA Annual Conference (Milán, marzo 2024), II Encontro da Asociación de Científicos Españois en Brasil, ACEBRA (en liña, xuño 2023) e XI Simposio Internacional de Científicos Españois en Reino Unido, SRUK/CERU (Londres, xuño 2023).
En outubro está previsto un encontro coas asociacións de científicos españois no Benelux (Bélxica, Holanda e Luxemburgo) e a participación nas sesións informativas de Connects – UK.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalUn total de 50 galegos do exterior benefícianse este curso das bolsas do Programa Retorna Talento FP
Summary:
O lugar de procedencia das persoas beneficiarias é maioritariamente A Arxentina, seguido do Uruguai, Brasil, Venezuela, Cuba, Panamá, Australia e Alemaña
Estudarán no CIFP Someso, no CIFP Ferrolterra, no IES de Chapela, no CIFP de Vilamarín e no CIFP Universidade Laboral de Culleredo
Idioma GallegoUn total de 50 galegos do exterior cursarán FP galega este curso a través das bolsas do Programa Retorna FP. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP vén de publicar a listaxe de persoas admitidas. En total recibíronse 112 solicitudes, fronte ás 93 da convocatoria anterior, das que 35 foron desestimadas por non presentar a documentación ou non cumprir as condicións requiridas na convocatoria.
A modalidade con máis solicitudes é a de FP Dual a distancia, con 40 admitidos para as 60 prazas ofertadas. Neste caso, os seleccionados poderán iniciar a súa formación académica no país de orixe e completala coa parte práctica en empresas en Galicia, en función da estrutura dos dous cursos que compoñen cada ciclo.
Así pois, durante o primeiro curso, os estudantes realizarán a primeira parte a distancia desde o país de orixe e unha segunda parte presencial nas empresas seleccionadas a través de convenios con firmas referentes das contornas dos centros e dos sectores correspondentes.
No segundo curso académico, haberá unha primeira parte en modalidade semipresencial no centro de formación e unha segunda parte presencial na empresa. Recibirán unha bolsa de 10.800 euros cada un para afrontar os gastos asociados como a viaxe desde o seu país de procedencia, aloxamento e manutención en Galicia e subscrición dun seguro médico, de ser o caso.
As persoas admitidas por ciclos ofertados son as reflectidos na seguinte táboa:
Concello
Centro
Ciclo de FP Dual
Admitidos
A Coruña
CIFP Someso
Ciclo superior de Proxectos de edificación
10
Ferrol
CIFP Ferrolterra
Ciclo superior de Deseño e amoblamento
11
Redondela
IES de Chapela
Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia
7
Vilamarín
CIFP de Vilamarín
Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos
12
As persoas beneficiarias, con idades comprendidas entre os 17 e os 45 anos, proceden da Arxentina (22), O Uruguai (5), Brasil (5), Venezuela (4), Cuba (1), Panamá (1), Australia (1), Alemaña (1).
Formación específica básicaNa modalidade para cursar Programas específicos básicos de FP, a bolsa é de 6.500 euros por alumno. Os 10 alumnos admitidos cursarán o programa formativo en Fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios. Esta formación específica básica impártese no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.
As persoas beneficiarias, con idades comprendidas entre os 17 e os 44 anos, proceden de Arxentina (6), Uruguai (2), Brasil (1), Cuba (1), Venezuela (1) .
Case 1 M€ de investimentoO Goberno galego destina case 1 M€ a esta iniciativa, que forma parte da Estratexia Galicia Retorna, coa que o Goberno galego quere incentivar que os galegos residentes no estranxeiro -tanto emigrantes coma descendentes destes- regresan a formarse á súa terra de orixe e incorporarse ao noso mercado laboral.
Búscase tamén que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e as experiencias profesionais internacionais que acheguen estas persoas que residiron ou naceron no estranxeiro.
Como novidade fronte ás convocatorias anteriores, este ano ampliouse a idade límite das persoas solicitantes, pasando dos 40 aos 45 anos, favorecendo así que un maior número de persoas galegas que queiran retornar a Galicia poidan facelo acadando unha Formación Profesional recoñecida que posibilite a súa incorporación ao mercado laboral.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalO Ministerio de Educación sitúa a Galicia como a terceira comunidade con mellor proporción de alumnos por profesor
Summary:
Vén de publicar un novo informe no que a rateo de estudantes por docente na nosa Comunidade é de 9,9, mentres que no conxunto de España se sitúa en 11,3
Idioma GallegoO Ministerio de Educación, FP e Deportes volve a situar a Galicia á cabeza no número de alumnos por profesor. No informe Datos y cifras curso escolar 2024/2025 que vén de publicar esta semana, a nosa Comunidade é a terceira que conta con menos alumnos por profesor nas ensinanza de réxime xeral non universitarias, tan só por detrás de Cantabria e Estremadura.
Como indican os datos do Ministerio, a proporción de alumnos por profesor en Galicia é de 9,9, mentres que o dato do conxunto de España é de 11,3. Así o expuxo hoxe o conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, durante unha visita as obras de mellora do Colexio CEIP de Vite, en Santiago de Compostela, unha das 2700 intervencións que a Xunta leva a cabo a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica 2021-2024 cun investimento de 278 M€ para modernizar os centros.
Os datos que vén de publicar o Ministerio corresponden ao curso 2022/23, polo que nas seguintes estatísticas do Ministerio aínda é previsible que se mellore esta taxa grazas ao acordo asinado coas organizacións sindicais. De feito, no curso 2022/23 Galicia contaba con 30.571 profesores, cifra inferior aos 31.603 docentes que integran o plantel este curso. Namentres, durante este período a cifra de alumnado baixou consecutivamente.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez garante o compromiso da Xunta de Galicia para apoiar o talento científico
Summary:
O conselleiro Ciencia clausura a xornada ‘Encontro polo talento’ organizada por Celera
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na clausura da xornada Encontro polo talento, organizada por Celera. Unha cita que reúne a entidades e particulares ligados coa investigación, o talento e o emprendemento de todo o país, algo que destacou o representante da Xunta pola importancia “de traballar todos en conxunto, tanto a Administración como o sector privado, para reforzar o talento”.
Román Rodríguez afirmou que o coñecemento e o talento “son a nova riqueza das nacións”. Por iso, a Xunta de Galicia traballa para promovelos en todo o ecosistema de I+D+i galego con diversas iniciativas como o programa Oportunius, que xerou xa máis de 100 postos de traballo e un retorno de 88 M€, ou Ignicia, co que se fomenta a transferencia de resultados de investigación ao mercado, apoiando o talento emprendedor.
Con estas medidas “queremos, non só contar con investigadores excelentes, senón tamén que formen, manteñan e enriquezan os seus equipos en Galicia para facer desta terra un referente de talento”, destacou o titular de Ciencia no Encontro polo talento.
Dous galegos entre os 10 mozos españois con máis talentoA cita busca inspirar, achegar coñecemento e crear lazos de unión entre entidades. Faino a través de historias como as dos galegos Manuel Rico, estudante de Medicina, e Ana Simoneta, graduada en Dereito, ambos seleccionados entre os 10 mozos españois con máis talento ao abeiro do programa científico de Celera. Este programa naceu fai unha década co obxectivo de identificar a mozos con talento de España para dotalos das ferramentas axeitadas coas que potenciar as súas capacidades persoais e profesionais.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta de Galicia completa as obras de mellora da accesibilidade no colexio CEIP de Vite I, en Santiago
Summary:
O conselleiro Román Rodríguez supervisa a intervención, cun investimento de case 120.000€, para facilitar o acceso ás pistas exteriores e á zona verde
O Goberno galego está a investir 5,5 M€ en grandes obras en 13 centros da cidade, ao que se engade as pequenas intervencións en 16 centros durante este verán
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou hoxe o CEIP de Vite I, en Santiago de Compostela, para comprobar o resultado das obras de mellora da accesibilidade, xa finalizadas. Cun investimento de case 120.000€, esta intervención enmárcase no compromiso para garantir uns centros educativos máis accesibles.
A actuación permitiu instalar ramplas que melloran o acceso ás pistas exteriores e á zona verde do colexio, facilitando a entrada desde a planta primeira do edificio ata as instalacións exteriores. Con esta mellora, a totalidade da comunidade educativa, composta por máis de 200 persoas, poderá dispoñer dun acceso máis cómodo e seguro.
Román Rodríguez destacou que a aposta da Xunta pola educación pública “vai máis aló da formación académica, centrando tamén os seus esforzos en crear espazos escolares confortables, seguros e adaptados a todas as necesidades. Este tipo de actuacións reforzan ese compromiso”. Para iso, está en marcha o Plan de Nova Arquitectura 2021-2024, dotado cun investimento de 278 M€ para realizar 2700 obras en toda Galicia.
Máis confort e sustentabilidadeNo caso de Santiago, o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica inclúe a reforma, ampliación e modernización de 13 centros da cidade cun importe de máis de 5,5M€. Ademais destas actuacións, durante o verán tamén se realizaron obras enmarcadas no Plan de Benestar e Accesibilidade na Escola (BEN_Estar 2024), que se enfocaron en acadar un maior confort e sustentabilidade en 16 centros da capital, cunha contía de 370.000€.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »