Skip to Content

Novas Xunta

Instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de FP para o curso 2024/25

Portal Educación Xunta - fai 8 horas 50 min
Idioma Gallego

Resolución do 10 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións sobre a ordenación e a organización dos graos D e E de formación profesional para o curso 2024/25.

Máis información.

Tema: 

Información xeral Normativa

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas Xunta

Instrucións para o desenvolvementos das ensinanzas de FP do sistema educativo no curso 2024/25

Portal Educación Xunta - fai 8 horas 54 min
Idioma Gallego

Resolución do 10 de xullo de 2024 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2024/25.

Máis información.

Tema: 

Información xeral Normativa

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Centros
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria das axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Portal Educación Xunta - fai 10 horas 32 min
Idioma Gallego

Publicada no DOG a Orde do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual.

Tema: 

Axudas e premios

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Apertura do prazo extraordinario de solicitude de comisións de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde e por causas sobrevidas para o curso académico 2024/25

Portal Educación Xunta - fai 10 horas 37 min
Idioma Gallego

Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:

Artigo 17. Causas sobrevidas

Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.

Consonte ao establecido no dito artigo:

Apertúrase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde MAÑÁ xoves día 11 de xullo ata o venres día 12 de xullo de 2023, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED010B

 

Anuncio principal: 

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25 (ED010B)

Servizo relacionado: 

CADP

Tema: 

Programas e plans Comisións de servizo

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde admitidas e excluídas para o curso académico 2024/25

Portal Educación Xunta - fai 10 horas 42 min
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B (DOG nº 46, do 9 de marzo).

De conformidade co artigo 13 da Orde do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 11 de xullo de 2024 e o día de 12 de agosto de 2024, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:

Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

  1. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  2. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

  1. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.

Anuncio principal: 

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25 (ED010B)

Servizo relacionado: 

CADP

Tema: 

Programas e plans Comisións de servizo

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Publicada a Resolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024

Portal Educación Xunta - fai 12 horas 16 min
Idioma Gallego

Resolución do 1 de xullo de 2024, conxunta da Consellería Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da Axencia Galega de Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 27 de decembro de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que estableceu as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do SUG pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e procedeu á súa convocatoria para o exercicio 2024 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

 

Anuncio principal: 

Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica

Colectivo: 

Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas, puntuacións provisorias e adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención pref

Portal Educación Xunta - fai 12 horas 26 min
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 10 de xullo de 2024 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas, unha nova relación provisional de persoas admitidas xunto co baremo, a relación do persoal excluído e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización de alumnado de atención preferente, convocado pola Orde do 16 de maio de 2024 (DOG núm. 101, do 27 de maio) (código de procedemento ED013B).

 

O prazo para formular alegacións e/ou renuncias por medios electrónicos no procedemento normalizado ED013B amplíase ata o día 15 de xullo de 2024, incluído. Neste prazo as persoas participantes poderán presentar novas alegacións e/ou renuncias ou manter ou modificar as alegacións e/ou renuncias xa presentadas.

Anuncio principal: 

Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente (ED013B)

Tema: 

Comisións de servizo

Ensinanza: 

Educación primaria

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución provisional do 9 de xullo de 2024 pola que se modifica a Resolución provisional, publicada o 20 de marzo de 2024, das axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado

Portal Educación Xunta - fai 12 horas 51 min
Idioma Gallego

Resolución provisional do 9 de xullo de 2024 pola que se modifica a Resolución provisional, publicada o 20 de marzo de 2024, das axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24.

A exposición abrirá un prazo de dez días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das axudas ante a persoa que exerza a presidencia da Comisión.

 

Anuncio principal: 

Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24

Tema: 

Bolsas Lingua estranxeira Centros concertados

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras
Categorías: Novas Xunta

Publicación das relacións provisionais de persoal docente obrigado a participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso 2024-25

Portal Educación Xunta - fai 13 horas 13 seg
Idioma Gallego

Xúntase Resolución do 9 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se fan públicas as relacións provisionais de persoal que ten a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024/2025.

  • O prazo para formular reclamacións é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio (do 11 ao 17 de xullo de 2024, ambos incluídos).

As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), a través do procedemento PR004A.

No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECLAMACIÓN RESOLUCIÓN DO 9 DE XULLO DE 2024 e especificar o anexo correspondente, anexo I ou II segundo proceda.

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

Anuncio principal: 

Convocado o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25

Servizo relacionado: 

CADP

Tema: 

Programas e plans Destinos provisionais e outros concursos Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Román Rodríguez destaca Galicia como un referente na Compra Pública de Innovación en España

Portal Educación Xunta - Mar, 09/07/2024 - 15:01

Summary: 

A nosa Comunidade presenta un total de nove proxectos á convocatoria da Liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

“Cremos no valor da I+D+i e na calidade e talento que atesoura o noso sector tecnolóxico”, salienta o conselleiro

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, clausurou esta mañá o acto de presentación dos proxectos impulsados por diferentes departamentos da Xunta que participan na convocatoria da Liña de Fomento da innovación desde a demanda (FID) de Compra Pública de Innovación (CPI) promovida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Na xornada interveu tamén a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, entidade que impulsa na Xunta de Galicia o proceso de identificación de desafíos, desenvolvemento das ideas e valoración das propostas recibidas.

O titular do departamento de Ciencia da Xunta destacou a posición de referencia da nosa Comunidade a nivel estatal en Compra Pública de Innovación, con nove iniciativas moi diversas presentadas ás liñas de Fomento da innovación desde a demanda. “Somos referentes nacionais neste eido porque cremos no valor da I+D+i e na calidade e talento que atesoura o noso sector tecnolóxico”, salientou.

As iniciativas que concorren á Compra Pública de Innovación abranguen desde solucións con hidróxeno verde, emprego de vehículos aéreos non tripulados, fomento da aprendizaxe da intelixencia artificial nas aulas ou melloras na atención médica personalizada, entre outras. Neste sentido, o conselleiro felicitou a todos os departamentos implicados polo traballo realizado “que volve poñer de manifesto o poder de tracción que posúe Galicia e a súa aposta polo fomento da innovación desde a Administración”.

Máis de 252 M€ ata 2020

A Compra Pública de Innovación é un instrumento de fomento da innovación orientado a potenciar o desenvolvemento de solucións innovadoras desde o lado da demanda a través do instrumento da contratación pública. O obxectivo é mellorar os servizos públicos mediante a incorporación de bens ou servizos innovadores, o fomento da innovación empresarial e o impulso á internacionalización da innovación empregando o mercado público local como cliente de lanzamento ou referencia.

Entre 2007 e 2020 Galicia executou preto de 252 M€ a través deste instrumento. Nestes momentos, no marco que vai ata 2027, xa se están a executar máis de 75 M€, con perspectiva de incremento a través de novas propostas.

Sustentabilidade, educación e saúde

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático presentou ao proceso o proxecto SICLE CO2, cun orzamento de 6,8 M€. A proposta ten como obxecto o desenvolvemento de solucións innovadoras que promovan unha compensación de emisións de proximidade que axuden ademais de forma máis directa á redución da pegada de carbono en Galicia. A tal efecto, prevese un banco de parcelas público, unha plataforma de colaboración para o intercambio de compensacións, o seguimento de proxectos de compensación e unha ferramenta preditiva para determinar a absorción de CO₂ dos terreos agrícolas e as áreas costeiras en Galicia.

Esta consellería presenta tamén Augatech. Cun orzamento de 6 M€, a proposta prevé o desenvolvemento de ferramentas de intelixencia artificial para mellorar a información á cidadanía e para crear un xemelgo dixital dos ríos da cunca hidrográfica de Galicia-Costa, coa finalidade de aumentar a transparencia e mellorar a xestión dos recursos hídricos fronte o cambio climático.

Pola súa banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP concorre con EdugalIA. A finalidade da proposta, cun orzamento de 16 M€, é mellorar a equidade e calidade do sistema educativo galego, especialmente nas súas etapas de ensino obrigatorio mediante unha gobernanza ben fundamentada e informada e baseada en evidencias, o expediente dixital único do alumnado e o establecemento dun novo modelo no acceso de alumnos e familias á información de interese en materia educativa, cun punto único de contacto e ferramentas informáticas específicas.

A Consellería de Economía e Industria impulsa cinco proxectos. Un deles é o Centro Galego de Experimentación en almacenamento enerxético e solucións innovadoras vinculadas ao hidróxeno verde, cun orzamento de 7 M€. A proposta procura o desenvolvemento e implantación dun centro demostrador (en rede) para a posta en marcha de solucións innovadoras para aumentar as capacidades industriais en materia de produción, almacenaxe, transporte, distribución e consumo de hidróxeno renovable (Prototipo de xeración de hidróxeno verde a partir de auga de mar).

Cun investimento previsto de 15 M€, Solucións Civil UAVs Initiative 2030 ten como obxectivo o desenvolvemento de solucións empregando tecnoloxías de vehículos aéreos non tripulados en cinco ámbitos (terras produtivas e protección da paisaxe, Parque Natural das Illas Atlánticas, repoboación e patrimonio natural, estradas seguras e sociedade segura).

Pola súa parte, Smartmin Tech, con 8,5 M€ de orzamento, está orientado á obtención e dixitalización de datos xeolóxico-mineiros de Galicia, cun sistema de información avanzada e unha plataforma de xestión. Así mesmo, compleméntase co desenvolvemento de solucións innovadoras relacionadas coa integración ambiental e a economía circular.

Innomar conta cun orzamento de 5,2 M€ para desenvolver novas solucións tecnolóxicas para a zona experimental de enerxías mariñas de Punta Langosteira (Arteixo, A Coruña). Contempla o deseño, desenvolvemento e implementación dunha estrutura que albergue un multiconector flotante e sensorizado que permita a interconexión de prototipos de xeración eléctrica renovable no medio mariño.

Finalmente, Solucións innovadoras con base en recursos forestais de proximidade prevé un investimento de 3 M€ para dar solucións baseadas na natureza, novas técnicas de rehabilitación e materiais sostibles para as construcións tradicionais dos núcleos rurais galegos.

Precisaúde é o proxecto da Consellería de Sanidade nesta convocatoria. Cun orzamento de 20 M€, a proposta baséase na medicina 5P (personalización, prevención, predición, participación e poboación) procurando solucións innovadoras de biomarcadores en oncoloxía, sistemas de simulación innovadores, solucións de análise xenómico avanzado integrado e solucións innovadoras de terapias.

En caso de ser aprobados, o Ministerio financiará parte do orzamento con fondos FEDER plurirrexional e a Xunta de Galicia o restante con fondos propios.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

A Xunta impulsa a internacionalización do modelo da FP galega, un referente en toda España

Portal Educación Xunta - Mar, 09/07/2024 - 14:53

Summary: 

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na inauguración de ‘Erasmus+. O camiño da FP cara unha Europa máis sostible’ organizada por SEPIE

Esta cita, que se prolongará ata o 11 de xullo, busca que cada centro teña as ferramentas necesarias para desenvolver metodoloxías sobre sustentabilidade

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez participou hoxe na inauguración da xornada Erasmus+. O camiño da FP cara unha Europa máis sostible organizada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) en colaboración coa Xunta de Galicia. Unha cita que se realiza a través do equipo National VET Team España, integrado por cerca de 30 profesionais da materia, e na que se explora como os proxectos Erasmus+ ofrecen oportunidades únicas para potenciar a mobilidade e a cooperación internacional no sector da Formación Profesional.

“Estamos nun momento no que os proxectos deste tipo deben abordar o medio ambiente e a loita contra o cambio climático como valores centrais”, salientou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, considerando fundamental enriquecer “os perfís profesionais dos estudantes e fortalecer os lazos entre institucións educativas europeas”. Eugenia Pérez tamén aproveitou a súa intervención para enxalzar a FP galega, un “modelo de referencia en toda España, que busca estar actualizado segundo as demandas e necesidades da sociedade, e impulsar a internacionalización ”.

Nesta xornada, pensada para as redes e organizacións dedicadas á Formación Profesional e ao aprendizaxe de adultos, búscase conformar unha FP máis sostible, onde cada centro teña a oportunidade de cambiar mentalidades. O obxectivo principal é dotar aos centros das ferramentas necesarias para desenvolver estratexias e metodoloxías nesta materia, plans de estudo orientados ao futuro e iniciativas que apoien os enfoques previstos das organizacións expertas en sustentabilidade medioambiental.

Tres días de aprendizaxe

A xornada prolongarase ata o 11 de xullo contando con mesas redondas, conferencias e visitas a centros de Formación Profesional. Tras a inauguración, profesionais do sector e expertos internacionais porán o foco na internacionalización, na sustentabilidade medioambiental e na Formación Profesional, así como na presentación de accións sostibles Erasmus+, como os espazos verdes galegos e as sendas de Santiago de Compostela.

Xa o mércores, os asistentes a estas xornadas anuais de difusión do National VET Team España poderán profundizar nos retos do futuro e na combinación da formación, o Pacto Europeo polo Clima e as mobilidades. Finalmente, o xoves realizaranse visitas aos centros integrados de FP CIFP Someso da Coruña, CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e CIFP Politécnico de Santiago, para conformar unhas conclusións sobre a importancia da oferta formativa de cara á internacionalización.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

O secretario xeral de Universidades supervisa o proceso de matrícula gratuíta na Universidade da Coruña para asegurar o seu correcto funcionamento

Portal Educación Xunta - Mar, 09/07/2024 - 14:48
Idioma Gallego

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, participaron hoxe nunha proba de matrícula a modo de simulacro para comprobar de primeira man o correcto funcionamento do sistema que posibilita a medida da Xunta de Galicia da matrícula gratuíta. Con isto reflíctese o firme compromiso que o Goberno galego ten no apoio ás familias e na igualdade de oportunidades no acceso á educación, neste caso á educación superior.

A Consellería e as universidades levan varios meses traballando na configuración técnica desta aplicación, que estará dispoñible a partir de mañá, cando as tres universidades públicas galegas abran a primeira quenda de chamamentos para inscrición. O proceso, que é o habitual de todos os anos, ten como única novidade que agora, ao cargar os datos persoais, no apartado de bonificacións ou exencións aparece unha nova opción que é o abono do 99% da Xunta de Galicia. Unha vez concluída a matrícula e comprobado que se cumpran os requisitos, o beneficio é automático. 

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025

Portal Educación Xunta - Mar, 09/07/2024 - 12:33
Idioma Gallego

Achégase listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025 segundo a resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a autorización dos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria para a autorización dos CPIs, IES e CIFP para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2024/2025

Tema: 

Bilingüismo Programas e plans Cuale

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Club de Ciencia" para centros docentes públicos durante o curso 2024/25

Portal Educación Xunta - Mar, 09/07/2024 - 10:50
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024/25.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/) ata o 23 de setembro de 2024.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos. Acceso á aplicación

 

File: 

Resolución do 5 de xullo de 2024 Resolución COMPLEMENTARIA

Tema: 

Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas Xunta

Román Rodríguez supervisa o proceso de matrícula gratuíta nas universidades públicas galegas para asegurar o seu correcto funcionamento a partir do mércores

Portal Educación Xunta - Lun, 08/07/2024 - 17:54

Summary: 

O procedemento é o habitual de todos os anos, a través da aplicación informática específica que incorpora por primeira vez a medida de gratuidade da Xunta

O conselleiro subliña que a bonificación “é automática”, polo que as familias non teñen que adiantar ningunha contía pola matrícula universitaria dos seus fillos

Subliña que se materializa así o compromiso do Goberno galego de apoio ás familias blindando a igualdade de oportunidades no acceso á educación superior

Teñen matrícula de balde todos os que inicien estudos en primeiro curso así como os de segundo e posteriores cursos que superen unha porcentaxe de créditos entre o 65% e o 90% segundo a área de coñecemento

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, participaron esta mañá nunha proba de matrícula gratuíta a modo de simulacro para comprobar de primeira man o correcto funcionamento do sistema a partir do mércores, cando as tres universidades públicas galegas abren a primeira quenda de chamamentos para matrícula.

O obxectivo disto é, segundo detallou Román Rodríguez, asegurar que a nova medida “se aplica correctamente” para todos os estudantes que inician por primeira vez estudos universitarios de grao, así como para aqueles de continuidade nas tres universidades públicas galegas. Non en balde, a Consellería e as universidades levan varios meses traballando na configuración técnica desta aplicación.

O conselleiro explicou que o proceso “é o habitual de todos os anos” a través da aplicación informática da universidade onde o alumno resultara admitido: “A única novidade é que agora, ao cargar os datos persoais, no apartado de bonificacións ou exencións aparece unha nova opción que é  a bonificación do 99% da Xunta de Galicia”. Tamén subliñou que, unha vez concluída a matrícula e comprobado que se cumpren os requisitos, a bonificación “é automática”, polo que as familias “non terán que adiantar ningunha contía”.

Román Rodríguez aproveitou para poñer en valor a importancia desta medida, que “reflicte o firme compromiso que temos no apoio ás familias e na igualdade de oportunidades no acceso á educación, neste caso á educación superior”.

Así pois, esta semana comeza a aplicarse a gratuidade da matrícula para os estudos de grao universitario, así como para os de ensinanzas artísticas superiores (Música, Arte Dramática, Deseño e Conservación e Restauración de Bens Culturais) en centros públicos galegos, tanto no caso de novo ingreso como no de continuidade de estudos.

Bonificación do 99%

No que atinxe aos estudos de grao, todo o alumnado de novo ingreso obtén unha bonificación equivalente ao 99% da matrícula para iniciar os seus estudos nas tres universidades públicas galegas ou nun centro público galego de ensinanzas artísticas superiores. Isto supón que os alumnos que cumpran os requisitos tan só aboarán o 1% do custe da matrícula, o que se traduce nunha cantidade simbólica de 7,1 euros ao ano de media como taxa. É dicir, 0,6€ de media ao mes.

Para iso deberá cumprir co requisito de ter superado a ABAU nas convocatorias de 2024 ou ben as probas específicas para maiores de entre 25 e 45 anos organizadas pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), ou ter superado un ciclo formativo de grao superior no curso 2024.

No caso do alumnado de continuidade de 2º curso en adiante, deberá ter cursado estudos de grao en Galicia no 2023-24 e matricularse no curso 2024-25 na totalidade dos créditos correspondentes ás materias previstas para o curso de que se trate, nunha das tres universidades públicas galegas.

A maiores, deberá ter superado as porcentaxes de crédito matriculados, algo que varía segundo a área de coñecemento: 90% dos créditos para as áreas de Artes e Humanidades e de Ciencias Sociais e Xurídicas, 80% para Ciencias da Saúde e 65% para as de Ciencias e Enxeñaría e Arquitectura.

Doutra banda, para aqueles alumnos universitarios que non cumpran cos requisitos de gratuidade, poderanse beneficiar de novo da conxelación das taxas de grao e máster para o vindeiro curso, co que Galicia levará 14 anos consecutivos coas taxas universitarias conxeladas. Así pois, todos os alumnos que cursen un máster universitario e aqueles que cursen un grao e queden excluídos da gratuidade por non cumprir os requisitos aboarán un prezo medio de 11,89€/crédito.

Ensinanzas artísticas Superiores

Así mesmo, o alumnado de ensinanzas artísticas superiores tamén se beneficia da gratuidade da matrícula destes estudos que, no caso dos de novo ingreso, deberán ter superado as probas específicas de acceso en Galicia. Quedan exentos deste requisito os que acceden directamente aos estudos superiores de Grao en Deseño ou en Conservación e restauración de Bens Culturais sen necesidade de realizar a proba específica de aceso ao ter acadado un título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

Para o alumnado de continuidade (de 2º a 4º curso), para optar á bonificación do 99%, requírese estar matriculado en curso completo nun centro público de Galicia no curso anterior e ter superado en primeira matrícula como mínimo o 90% das totalidade deses créditos.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

O 75% dos centros educativos desenvolverán o vindeiro curso algún programa de plurilingüismo

Portal Educación Xunta - Lun, 08/07/2024 - 17:52

Summary: 

Un total de 511 centros que imparten Infantil, Primaría, ESO ou Bacharelato participarán nestes programas, un 60% máis ca no curso 2017/18

Tamén se benefician desta iniciativa as etapas de Formación Profesional e as escolas de ensinanzas artísticas, cuxas convocatorias aínda se atopan en marcha

Máis auxiliares de conversa, seccións bilingües ou bolsas para acreditar o nivel de idiomas forman parte do paquete de medidas da Xunta nestas aprendizaxes

O informe de EF, considerado como a referencial na avaliación destas competencias, sitúa ao alumnado galego como o segundo con mellor nivel de inglés en España

Idioma Gallego

O 75% dos centros educativos sostidos con fondos públicos na nosa Comunidade desenvolverán o vindeiro curso académico algún programa de plurilingüismo nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato. Así o recolle o informe analizado hoxe no Consello da Xunta, segundo o que 511 centros beneficiaranse desta iniciativa desde setembro, un 60% máis ca no curso 2017/18. Son 11 máis que no curso que vén de rematar, pero esta cifra aínda medrará, pois nestes momentos están en marcha as convocatorias para os centros de Formación Profesional (pendente de resolución) e de ensinanzas artísticas, en prazo de presentación de solicitudes ata o 17 de xullo.

Por etapas, 250 centros imparten plurilingüismo en Infantil. Isto multiplica por tres os que se sumaron á iniciativa desde a súa creación. En Primaria ou ESO, ou en ambas etapas son 460. Outros 15 centros formarán parte do programa en Bacharelato. A falta de datos do vindeiro curso para FP, cómpre lembrar que este ano formaron parte del 26 centros, así como dúas escolas de arte e superiores de deseño na Coruña e Lugo.

Esta fórmula -que implica impartir ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira, entre outras medidas e beneficios- comezou no curso 2010/11 en Primaria e Secundaria. A partir do curso 2017/18, a Consellería de Educación ampliouno a Infantil, Bacharelato e FP. Ademais, no curso 2022/23 completouse a oferta coas ensinanzas artísticas.

Avance na aprendizaxe de idiomas

Para facilitar este avance na aprendizaxe de idiomas (maioritariamente inglés), a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten despregados numerosos recursos a través da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe2030. Un dos máis destacados son os auxiliares de conversa de apoio, que no próximo curso acadarán a cifra récord de 665, o que multiplica por 100 os 67 que había en 2009. Grazas a estas iniciativas, o alumnado galego sitúase hoxe como o segundo con mellor nivel de toda España, segundo o informe de avaliación de EF, referencia nesta materia.

As persoas auxiliares achegan a realidade cultural e lingüística dos seus países de orixe, aportan a compoñente de multiculturalidade aos centros e levan a cabo un importante servizo complementario para o apoio ao ensino-aprendizaxe dunha lingua estranxeira.

Ademais dos centros plurilingües, outros moitos optan por contar con seccións bilingües, na que un grupo de alumnos cursa unha área, materia ou módulo de materias non lingüísticas de maneira bilingüe. Trátase dunha iniciativa en marcha desde hai máis de 15 anos, que no seu momento foi pioneira en España, e que no curso que vén de rematar acadou as 5314 seccións. Para o próximo curso, a convocatoria debe aínda resolverse.

Acreditación do alumnado

A Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras contempla que o alumnado que participa na mesma debe finalizar a súa escolarización cunha acreditación dos niveis B1, B2 ou C1 co obxectivo de mellorar o seu acceso a outra formación superior ou ao mercado laboral.

Para facilitar a todo o alumnado de 4º de ESO, Bacharelato e FP a certificación do seu nivel en linguas estranxeiras, a Consellería de Educación ofrece unha bolsa de 100€ por estudante para sufragar o custo das probas das destrezas orais e escritas

No curso 2023/24 participaron nestas probas financiadas pola Xunta un total de 5.500 alumnos. O número de prazas ofertadas multiplicouse por 6 desde 2017/18.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta

A Xunta reforza a rede de Centros Integrados de FP coa incorporación da Escola de Cantería de Galicia, especializada en edificación, construción e cantería

Portal Educación Xunta - Lun, 08/07/2024 - 17:45

Summary: 

O Consello deu luz verde ao decreto que suporá un impulso deste oficio fomentando a innovación e a tecnoloxía e atendendo ás demandas do sector

Refórzase a oferta formativa con catro ciclos, incluído a nova titulación de alta especialización de Pedra natural en cantería

Con este, son xa 28 os centros integrados de FP, o triplo que en 2009, que son referentes en formación de calidade, emprendemento e empregabilidade

Idioma Gallego

O Goberno galego vén de reforzar a Rede de Centros Integrados de FP coa incorporación á mesma do novo CIFP Escola de Cantería de Galicia, en Poio, como centro especializado no sector da edificación, a construción e a cantería, tal e como se reflicte no decreto de transformación desta escola en CIFP aprobado hoxe no Consello da Xunta.

Con este paso, o Goberno galego reforza a estrutura estratéxica da FP galega, aumentando ata 28 o número de CIFP dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/2025, fronte aos nove que había en 2009, o que significa multiplicar por tres o número total.

Na práctica, a transformación desta escola en centro integrado tradúcese nun reforzo da oferta académica con catro novas titulacións para o vindeiro curso, entre as que se atopa a titulación de alta especialización en Pedra Natural en cantería, unha das 13 novas deste tipo que se incorporan a partir de setembro en Galicia, con 22 prazas.

A maiores, neste novo CIFP tamén se poderá cursar o ciclo básico en Reforma e Mantemento de Edificios (18 prazas), e os ciclos de FP dual en Construción (22 prazas) e en Proxectos de Edificación (30 prazas). Suman un total de 92 prazas de nova oferta para o vindeiro curso e o compromiso de seguir incrementando o número ano a ano ata superar as 300.

Plásmase así o reforzo da oferta vinculada á construción e restauración de edificacións en pedra e ao deseño a produción e á restauración de pezas artísticas en pedra. Ademais, tamén se impulsa a formación no ámbito artístico mediante a produción de elementos escultóricos en pedra, incluíndo a súa restauración.

Títulos homologados

Este impulso enmárcase no compromiso acadado logo de que o Goberno autonómico asumira o ano pasado a titularidade da Escola de Cantería de Poio, -ata aquel momento dependente da Deputación de Pontevedra-, para convertese nun centro público docente dependente da Consellería de Educación.

Un cambio que se traduce en melloras importantes para o alumnado, xa que a partir deste curso, ensinanzas que eran consideradas como formación non formal pasan a ser títulos oficiais, ademais de permitir que os antigos alumnos, que non tiñan un título homologado, poidan acreditar a experiencia profesional.

Por outra parte, a ampliación da rede de centros de FP enmárcase nun dos obxectivos recollidos na Estratexia de FP Galicia 2030, que establece como un dos seus eixes promover o papel dos centros integrados de excelencia como referencia para cada familia profesional e sector produtivo e que estes centros desenvolvan accións de innovación do profesorado coa participación activa do tecido empresarial e de institucións.

Na pasada lexislatura creáronse sete novos centros integrados, aos que se engade agora a Escola de Cantería de Galicia.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Categorías: Novas Xunta
Distribuir contido


by Dr. Radut