|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Novas Xunta
Listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-2024
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-24Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosA Xunta inaugura as obras de mellora do Colexio Vicente Arias de la Maza, en Lalín, cun investimento de medio millón de euros
Summary:
O conselleiro de Educación pon en valor a importancia desta actuación para mellorar o día a día da comunidade escolar e para mellorar a eficiencia enerxética do centro
Co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica investíronse 2,8M€ nos centros de Lalín e está xa comprometida a ampliación do Instituto IES Ramón Mª Aller Ulloa
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, comprobou hoxe o resultado das obras do Colexio CEIP Vicente Arias de la Maza, en Lalín. Cun orzamento de 537.000€, a actuación que supuxo o cambio de cubertas do centro e a renovación de fiestras e portas, entre outras melloras.
O titular de Educación do Goberno galego puxo en valor a importancia desta actuación “no día a día da comunidade educativa, dado que vai supoñer un maio confort térmico para todos os usuarios do colexio”, explicou. Así mesmo, sinalou que este tipo de intervencións “melloran de xeito moi significativo a eficiencia enerxética dos centros, un dos principais obxectivos do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta para a renovación dos edificios educativos”, dixo.
A intervención no colexio de Vilatuxe abrangue a substitución das cubertas dos dous edificios docentes do colexio e da pista cuberta. Nesta última tamén se procedeu ao revestimento interior do polideportivo, cunha chapa de aceiro. Ademais, renováronse un total de 46 ventás e fiestras, o equivalente a 121 metros cadrados, nos edificios educativos e nos vestiarios da pista deportiva. As novas carpinterías son de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre con cámara de aire intermedia.
Román Rodríguez destacou que esta obra vén completar un investimento de máis de 2,8M€ en melloras nos centros educativos lalinenses ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, entre as que destaca a construción da nova central de biomasa do Colexio CEIP Xesús Golmar (máis de 1M€), a rehabilitación integral do CEIP Xoaquín Loriga (660.000€) ou a renovación de fiestras e cuberta do CEIP Plurilingüe Varela Buxán (356.000€). Ademais, lembrou que xa está comprometida a obra de ampliación do Instituto IES Ramón María Aller ulloa, cun importe estimado de 2,5M€, co obxectivo de reforzar a oferta de FP que existe xa no Deza e facilitar a implantación de novos ciclos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución provisional de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2024/25
Anuncio principal:
Convocada a selección de plans de formación permanente do profesorado PFPP que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25Servizo relacionado:
FPROFETema:
Proxectos de Formación Permanente do ProfesoradoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 16 de outubro de 2024 convocatoria corpo 598Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria de elaboración das listas de interinidades e substitucións en especialidades de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593) e (594), e de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ vernes día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ vernes día 18 de outubro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 16 outubro de 2024 convocatoria corpos 593, 594 e 595Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 16 de outubro de 2024 convocatoria corpo 592Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 17 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 18 de outubro ata o día xoves 24 de outubro de 2024, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 18 de outubro de 2024.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
File:
Resolución do 17 de outubro de 2024 convocatoria corpo 590Servizo relacionado:
Listas de substituciónsTema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Formación Profesional Básica Educación de persoas adultas Bacharelato de adultos Ensinanzas de educación secundariaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2024/25
Xúntase arquivo coa Resolución do 16 de outubro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, integrado no PLAN LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
- O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados a partir do día seguinte da data da publicación no portal educativo.
File:
Resolución do 16 de outubro de 2024 Anexo I Guía de solicitudeTema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínGuía de uso seguro de Internet e as redes sociais
Xúntase a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais para alumnado de centros educativos.
File:
Guía de uso seguro de Internet e as redes sociaisTema:
Información xeral Atención á diversidade Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
AlumnadoSección:
Atención á diversidade e orientación Boletín Portada de boletínA Xunta subliña o potencial do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, ao que destina 6 M€ para a súa actividade científica
Summary:
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación visitan este centro da Universidade de Vigo, que é un dos máis excelentes de Galicia
Idioma GallegoA Xunta de Galicia destaca o potencial científico do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina CINBIO, da Universidade de Vigo, que forma parte da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia, que aglutina os axentes investigadores máis punteiros que operan nas universidades galegas.
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron esta mañá o centro para coñecer de primeira man as principais liñas de investigación que está liderando así como para explicar o apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se materializa nunha inxección de preto de 6M€ nos últimos anos.
Esta visita forma parte da rolda de encontros que os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP están realizando aos centros de investigación universitaria e tecnolóxicos para coñecer o seu funcionamento e atender as necesidades no eido do I+D+i buscando posibles colaboracións e sinerxías logo da nova estrutura do Goberno galego.
Na área dos nanomateriais, a axenda científica do CINBIO concéntrase no estudo da aplicación de propiedades ópticas, catalíticas, magnéticas, térmicas e de transporte en diferentes nanomateriais e sistemas. No eido da biomedicina, as liñas prioritarias de investigación inclúen o estudo de biomarcadores, terapias avanzadas e as bases moleculares das enfermidades, co obxectivo de deseñar novas terapias e tratamentos que aproveiten o potencial da nanotecnoloxía.
171 investigadoresActualmente o CINBIO conta con 171 investigadores, entre os que destaca a incorporación do profesor Luis M. Liz Marzan, un referente internacional neste eido, así como a captación de tres investigadores posdoutorais con alto potencial procedente de ETH Zúrich. A traxectoria excelente deste centro queda reflectida tamén nas más de 600 publicacións levadas a cabo no período 2020-23, o 58% delas en coautoría internacional, ou os 16,5M€ captados en proxectos competitivos internacionais nese mesmo período.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta pon a disposición do alumnado a ‘Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais’
Summary:
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia fan fincapé na necesidade de que os rapaces conten coas ferramentas necesarias para o uso responsable da tecnoloxía
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de poñer a disposición do alumnado a Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais, un documento que aborda, desde unha linguaxe sinxela e directa, a pegada dixital, os seus efectos e os riscos que implica.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participaron esta mañá no instituto IES A Pontepedriña de Santiago de Compostela na presentación desta guía que se enmarca dentro do programa Pegada Dixital, unha das accións da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 para unha convivencia dixital responsable.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP salientou a necesidade de “ofrecer aos alumnos información e ferramentas para a adquisición de competencias e destrezas para o uso responsable, útil, seguro e ético destas novas formas de comunicación e interacción”. Con esta guía trátase, por tanto, de axudar aos rapaces a que fagan un uso proveitoso das tecnoloxías e que xestionen con seguridade os seus perfís nas redes sociais.
Pola súa banda, o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia sinalou que unha das prioridades da Xunta “é poñer á disposición da comunidade educativa todas as ferramentas tecnolóxicas dispoñibles” e con ese propósito puxéronse en marcha iniciativas como Abalar ou E-Dixgal. Un proceso de dixitalización que vai acompañado de formación e concienciación no uso adecuado da tecnoloxía como “esta guía que forma parte do programa de 250 obradoiros sobre Pegada dixital e uso seguro das redes sociais, que desenvolvemos en centros educativos desde hai dous cursos”.
A guía conta con apartados específicos sobre pegada dixital, redes sociais e dispositivos móbiles. No primeiro dos apartados aborda como se constrúe a pegada dixital, os riscos dunha pegada negativa e pautas para construír unha pegada positiva.
No apartado das redes sociais faise fincapé no poder dos datos persoais e danse pautas para protexerse nas redes así como para a configuración de privacidade e de seguridade, ao igual que para o caso dos dispositivos móbiles.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalProxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2023-2024
Publicada a resolución de avaliación dos proxectos de formación para profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial presentados á convocatoria do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.
Contra a presente resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A resolución do devandito recurso esgotará a vía administrativa.
Tema:
FormaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE)
Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos de Inclusión Educativa (PIE),dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
- O prazo de envío de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta Resolución en https://www.edu.xunta.gal/portal/ e rematará o día 13 de novembro de 2024.
File:
Resolución do 15 de outubro de 2024: ConvocatoriaTema:
Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab dirixido aos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.
Esta resolución vén publicada ao abeiro do Plan MEGA e está dirixida aos centros educativos públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Neste programa ofértanse 4 modalidades relacionadas coa innovación educativa:
1. Mat-Lab: o centro educativo como promotor do razoamento científico e do uso das novas tecnoloxías, con especial fincapé na competencia matemática
2. Leo-Lab: o centro educativo como promotor da mellora da comprensión lectora da comunidade escolar
3. Inter-Lab: o centro educativo como promotor da competencia en comunicación lingüística, da competencia plurilingüe e da internacionalización do seu alumnado
4. Sosti-Lab: o centro educativo comprometido cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
O prazo de solicitudes estará aberto dende o día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo ata o día 13 de novembro, ámbolos dous incluídos.
File:
Resolución do 15 de outubro de 2024: ConvocatoriaTema:
Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínPublicación da listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2024/25
Xúntase a listaxe definitiva de centros e persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, no curso 2024/25Tema:
MásterEnsinanza:
Formación Profesional inicial Formación Profesional BásicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosPublicación da listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2024/25
Achégase a listaxe definitiva de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, 2024/25Tema:
MásterEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosA Xunta reforza o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+
Summary:
Publícase a resolución provisional do programa, cuxos docentes se incorporarán ás aulas nos vindeiros días, cumprindo o calendario previsto no marco do Plan MEGA
Mañá ábrese o prazo de presentación de solicitudes da terceira medida do plan, o programa de Centros Referentes, dotado con 2M€
A mesa sectorial analiza hoxe a proposta da Consellería de Educación para reforzar a Inspección Educativa
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Instituto IES de Cacheiras (Teo), onde anunciou que a Xunta vai reforzar o plantel de profesorado en case 300 centros a través do programa PROA+, a segunda das medidas do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia.
O departamento educativo do Goberno galego vén de publicar a resolución provisional deste programa, segundo o cal 298 centros terán este reforzo docente. Deles, 97 son centros da provincia da Coruña, 42 da de Lugo, 53 da de Ourense e 106 da de Pontevedra. Un dos centros beneficiarios desta segunda medida do Plan MEGA é, precisamente, o IES de Cacheiras que, ao igual ca o resto dos seleccionados, recibirá o novo profesor nos vindeiros días.
Tal e como explicou o conselleiro, “con esta nova incorporación de profesorado seguimos cumprindo co calendario previsto para este plan, que comezou coa incorporación en setembro dos primeiros docentes de reforzo, vencellados ao primeiro programa, o Promociona”, afirmou.
Rede de centros referentesRomán Rodríguez salientou que hoxe tamén se publica a convocatoria do programa de referentes, que ten como finalidade crear unha rede de centros educativos que destaquen en materia de inclusión e innovación educativa e supoñan un exemplo de boas prácticas para o conxunto da comunidade educativa e, especialmente, para que poidan influír positivamente noutros centros similares.
Os centros que desexen sumarse a este terceiro programa do Plan MEGA poderán solicitalo desde mañá ata o 13 de novembro. Poderán facelo en dúas modalidades diferentes, unha centrada nos proxectos de inclusión educativa e outra nos de innovación.
Poderán participar neste programa os centros públicos que impartan ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria. Deberán elaborar un proxecto educativo centrado nalgunha das oito áreas de mellora ou ámbitos presentados na convocatoria: igualdade, convivencia, inclusión, benestar emocional, competencia matemática, competencia lectora, internacionalización e sostibilidade. Os detalles de cada área de mellora poden consultarse no Portal Educativo.
Os centros seleccionados desenvolverán o seu proxecto ao longo do curso 2024/25, para o que contarán co apoio específico do departamento educativo da Xunta a través de asesoramento, formación específica e difusión de boas prácticas. Asemade, darase aos centros dunha asignación extraordinaria para o desenvolvemento dos proxectos, para o que a convocatoria está dotada cun orzamento de ata 2M€.
Iniciativas innovadoras en TeoNo transcurso da visita ao IES de Cacheiras, o conselleiro puido coñecer de primeira man varias das iniciativas innovadoras desenvolvidas por este centro. Así mesmo, houbo demostracións dos clubs de lectura, de ciencia, de debate e oratoria e de teatro e tamén se presentaron os proxectos de voluntariado, así como as diferentes iniciativas que o centro desenvolve en prol da igualdade e da inclusión educativa, entre outros.
Reforzo da Inspección EducativaPor outra banda, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP levou hoxe á Mesa Sectorial a proposta para reforzar a Inspección Educativa e, en concreto, para cubrir de forma provisional as vacantes existentes neste corpo, ben sexa porque os titulares das prazas se atopan en situación de prestación de servizos especiais ou outras circunstancias excepcionais, ben por causa de xubilación.
Estas prazas cubriranse de forma provisional a través dunha proba de coñecementos. En calquera caso, será necesario que os aspirantes sexan funcionarios de carreira do corpo docente cunha antigüidade mínima de oito anos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución provisional Programa PROA+ (FSE+)
Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, non seleccionados e excluídos conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+ FSE+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.
Anuncio principal:
Convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+)Tema:
Atención á diversidade Programas e plans PROAEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Atención á diversidade e orientaciónA Xunta eleva a case 20 M€ o orzamento do Plan reforza da investigación universitaria coa dotación de 12 tecnólogos máis para apoiar o labor científico
Summary:
Rueda salienta que a medida se enmarca na aposta da Xunta por consolidar un sistema de I+D “forte e competitivo”
O Consello autoriza inxectar case 1 M€ máis ás tres universidades públicas para cubrir novas necesidades de soporte á actividade investigadora
Os campus xa contrataron 132 destes profesionais o ano pasado ao abeiro deste plan, un 20 % máis do inicialmente previsto
Trátase de especialistas en xestión de proxectos de I+D+i en prol dun mellor funcionamento do sistema e de maior transferencia á sociedade
O presidente lembra que antes de finais de ano estará en marcha o Plan galego de investigación e innovación e que, ao longo da lexislatura, se creará a Fundación para o impulso da ciencia
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello acordou “elevar ata os 20 millóns de euros” o orzamento inicial do Plan reforza da investigación universitaria -posto en marcha o curso pasado- para que “os campus contraten a 12 tecnólogos máis que lles apoien” na súa actividade científica.
Unha medida que se enmarca, segundo explicou, na aposta da Xunta por consolidar un sistema de investigación “forte e competitivo” e que se traduce en novas iniciativas coma “o Plan galego de investigación e innovación” que estará en marcha antes de que remate o ano ou “a futura Fundación para o impulso da ciencia” que se creará ao longo da lexislatura.
O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dunha addenda ao convenio coas tres universidades galegas a través do cal se puxo en marcha esta iniciativa o ano pasado. Este novo acordo, por importe de case 1M €, permitirá contratar 12 tecnólogos máis para apoiar a actividade investigadora.
Serán catro profesionais para cada unha destas institucións académicas, que se suman aos 132 xa contratados polas universidades o ano pasado ao abeiro deste plan, un 20% máis do inicialmente previsto. Deste xeito, a Universidade de Santiago de Compostela conta xa con 58 tecnólogos contratados ao abeiro do Plan reforza, a Universidade de Vigo, 40, e a da Coruña, 34.
A nova ampliación supón dar un paso máis na aposta do Goberno galego por un sistema de investigación universitario forte e competitivo con apoio estrutural e estable no referido ás estruturas de investigación.
O Plan reforza da investigación universitaria ten un orzamento de 19,7M € para o período 2023-2026 e establece como obxectivos básicos o desenvolvemento e consolidación dos servizos de apoio á investigación dentro do Sistema universitario de Galicia (SUG) ao tempo que axuda ás universidades a optimizar e incrementar as súas capacidades en investigación, captación de recursos (de talento e de fondos), transferencia de coñecemento e internacionalización.
Transferencia á sociedadeO apoio económico da Xunta materialízase en fondos para que as tres universidades públicas galegas contraten tecnólogos especializados en materia de I+D+i co obxectivo de dar soporte á actividade científica que veñen desenvolvendo e facilitar a transferencia de coñecemento ao conxunto do tecido empresarial.
Trátase de profesionais xestores de I+D+i especializados en cuestións como a xestión de proxectos internacionais, a negociación cos sectores produtivos, a protección da propiedade intelectual, a posta en valor de resultados de investigación, o aproveitamento das infraestruturas científico-técnicas ou a xestión de recursos humanos e de comunicación, entre outros.
Os tecnólogos actúan de nexo nas relacións entre os organismos de financiamento da investigación e a comunidade científica, tendo en conta cuestións como as diferenzas culturais e xurídicas entre países e entre o mundo académico e a industria. Isto é, xogarán un papel clave na xestión do bo funcionamento dos proxectos de investigación liderados polos científicos que traballan nas tres universidades públicas galegas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta destaca as medidas para potenciar a carreira investigadora no Campus Terra
Summary:
O secretario xeral de Universidades pon en valor o investimento de case máis de 8,8M€ na estratexia de especialización deste campus
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, participou hoxe en Lugo na inauguración do I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra: Raíces do Coñecemento. Alí, destacou que a Xunta ten en marcha medidas concretas para potenciar a carreira investigadora progresiva e estable neste campus.
Entre elas, sinalou os contratos predoutorais e postdoutorais, así como as puntuacións específicas na baremación nas convocatorias anuais de axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do Sistema Universitario de Galicia para os campus non centrais.
O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor o investimento do Goberno galego, máis de 8,8M€, na estratexia de especialización deste campus, o segundo campus galego en acadar a acreditación que o recoñece como especializado. “O Campus Terra ten como obxectivo converterse nun referente científico e social nos ámbitos do coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental dos recursos da terra. Supón, polo tanto, unha gran oportunidade para a provincia de Lugo”, afirmou.
O I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra vai dirixido a estudantes e novos investigadores co obxectivo de crear un ambiente de encontro entre a mocidade investigadora, do que poidan xurdir diversas colaboracións.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »