|
IES A SARDIÑEIRA Avenida da Sardiñeira, 41-42. 15008 A Coruña; Teléfono: 881 960 150 e-mail: ies.sardineira@edu.xunta.gal |
Portal Educación Xunta
Resolución do 6 de setembro de 2024 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de licenzas por formación para o curso 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario
A consulta dos proxectos (Valoración anexo VI) realizarase desde o 7 ao 11 de outubro de 2024 concertando cita previa nos enderezos:
cafi.tic@edu.xunta.gal (para as modalidades 1.a.1, 1.b.1 e 2)
sfp@edu.xunta.gal (para as modalidades 1.a.2, 1.b.2 e 3).
Anuncio principal:
Licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitarioTema:
Licenzas por formaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
ProfesoradoA Xunta destina 1,6M€ en axudas ás asociacións de nais e pais para xestión do comedor escolar este curso
Summary:
A Consellería de Educación abre o prazo desta convocatoria, cuxa contía se reforzou nos últimos anos, ata o 10 de outubro
Idioma GallegoA Xunta de Galicia destina un total de 1,6M€ en concepto de axudas ás asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares durante este curso escolar co fin de axudar ás familias no prezo do menú por comensal. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para que as entidades poidan adherirse a esta liña de axudas, e dispoñen de prazo ata o día 10 de outubro para tramitar a correspondente solicitude de xeito telemático.
O importe das axudas irá destinado a sufragar os gastos de xestión do servizo de comedor escolar que abranguen o custo diario do menú de mediodía por comensal, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo, os gastos de mantemento, persoal e limpeza, así como os de enxoval, materiais e utensilios para a prestación do servizo.
O Goberno galego reforzou nos últimos anos a partida achegada ás anpas por este concepto, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que se destinaba a esta liña de axudas antes da pandemia.
Estas axudas enmárcanse dentro da liña de apoio ao servizo de comedor escolar, comedores que xestiona a Xunta de Galicia e os concellos, que tamén cofinancia a Consellería de Educación. Forma parte, ademais, das distintas medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para aforrarlle este curso ás familias máis de 100M.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez garante que a Xunta de Galicia continuará reforzando o financiamento universitario e empraza ao Goberno central a facer o mesmo
Summary:
O conselleiro afirma nunha entrevista na Radio Galega que as universidades cobrarán este mesmo mes os ingresos derivados de matrícula gratuíta
Galicia xa ten todo listo para o inicio do curso o mércores no resto de niveis tras un verán intenso de obras e a estrea de novas medidas de mellora do ensino
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, afirmou hoxe nunha entrevista na Radio Galega que a Xunta seguirá reforzando o financiamento universitario e emprazou ao Goberno central a facer o mesmo, dado que Galicia xa é unha referencia nesta materia.
Ante o inicio do curso universitario, que comeza mañá luns, o representante do Executivo galego asegurou que se traballará “para que Galicia se converta nesta lexislatura na primeira comunidade autónoma en acadar o 1% do PIB en recursos públicos nas universidades”. Román Rodríguez asegurou que se “fará realidade este compromiso electoral, pois xa somos unha das comunidades que mellor financia estas institucións”. Grazas a iso, Galicia aspira a ser a primeira autonomía en acadar este fito, con moita antelación sobre o obxectivo marcado a nivel estatal, que está fixado para 2030.
“Todas as comunidades pedimos recursos ao Goberno central -explicou-. Pero con independencia diso, nós fixemos previsións de transferencias ás universidades e nestes momentos pensamos que podemos chegar a ese reto”, declarou o conselleiro. De feito, sinalou que este ano se superan por primeira vez os 500M€ en achegas, cun plan plurianual “que posibilita que as universidades teñan certezas sobre os ingresos que van ter para planificar o seu ámbito de xestión”, novamente unha excepción en España.
O conselleiro puxo en valor tamén a matrícula gratuíta da que se comezan a beneficiar os estudantes universitarios este curso. E subliñou que todo o proceso e a loxística necesaria se desenvolveu con normalidade pese á novidade e complexidade técnica. Así mesmo, avanzou que as universidades non terán problemas de tesourería por esta medida porque a Xunta “transferiralles este mesmo setembro -con dous meses de adianto sobre o inicialmente previsto- os fondos que deixaron de ingresar polas matrículas gratuítas”.
Un novo camiñoO titular de Educación tamén expuxo que está todo listo para o comezo do curso no resto de niveis o próximo mércores, un ano lectivo no que se emprende a maior modernización do sistema dos últimos 30 anos con melloras no número de alumnos por aula, na atención á diversidade, no rural ou no reforzo de diferentes programas educativos e competencias como lectura e Matemáticas. “Esta modernización ten unha dobre perspectiva, a organizativa e os programas vencellados ao carácter didáctico e docente”, indicou.
A Consellería de Educación, que está realizando actuacións de renovación, ampliación e mellora dos centros educativos co obxectivo de adecualos ás novas tendencias a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, logrou incrementar o número de aulas e de profesores a pesar da baixada de alumnado. Trátase dun fito que o conselleiro atribúe ao acordo histórico con tres das catro organizacións sindicais da Mesa Sectorial.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalAs empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, en Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de outubro
Summary:
A Xunta vén de licitar por preto de 9,8M€ a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, co obxectivo de que estea operativo no curso 2026/27
Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico
O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI
Idioma GallegoAs empresas interesadas na execución das obras do novo colexio do Milladoiro, no concello de Ames, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 8 de outubro.
A Xunta vén de licitar por 9.784.127 euros a obra de construción do novo CEIP do Milladoiro, e o obxectivo é que o centro estea operativo no curso 2026/27. As obras teñen un prazo de execución de 18 meses.
Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e un compromiso da Xunta de Galicia para dar resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. A actuación, que licita hoxe a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas será sufragada con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos.
Características do novo colexioO colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI. Cunha superficie construída de 4.384,73 m² distribuída en dous andares, o colexio contará con seis aulas de Infantil e 12 de Primaria, cos aseos correspondentes, así como outras catro de apoio educativo e desdobramento de grupos, aula de música e sala de usos múltiples.
A biblioteca terá acceso directo desde o vestíbulo e desde o exterior e o ximnasio terá dúas alturas, gradas e vestiarios. Tamén estará dotado con área de administración (con despachos, conserxería, local para a anpa, etc) comedor e zonas de servizos comúns.
De acordo co establecido no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o centro estará dotado dun foro multifuncional que servirá como espazo de aprendizaxe aberto. Situarase no espazo central do primeiro andar, entre as aulas de Primaria e as de desdobre, creando unha relación entre as diferentes estancias e conectándose co patio mediante unha gran fiestra protexida da incidencia do sol.
Ademais, o novo colexio terá un espazo específico para Polo Creativo, no que o alumnado poderá traballar as competencias STEM a través de proxectos de robótica ou intelixencia artificial, equipado cos materiais necesarios. No que atinxe aos espazos exteriores, estará dotado de zona cuberta e descuberta exterior para as aulas de Infantil e de pista polideportiva cuberta e descuberta.
AccesibleA accesibilidade do edificio plantéxase desde un punto de vista universal e inclusivo, evitando calquera tipo de barreira, con accesos directos tanto desde o interior como desde o exterior do edificio a boa parte das estancias. Deste xeito, o proxecto propón itinerarios de circulación intuitivos e libres de obstáculos, en prol dunha orientación más sinxela, e espazos de comunicación ben iluminados con luz natural. Isto completarase coa colocación de sinalética de gran tamaño e cor facilmente visibles.
Ademais, tanto no exterior do edificio como nos espazos interiores haberá superficies podotáctiles que guíen ao acceso, vestíbulo e outros puntos de importancia del edificio. Os diferentes espazos exteriores serán tamén accesibles a todos mediante ramplas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia renovan a colaboración para desenvolver nos centros escolares o ‘Proxecto Terra’ co fin de concienciar sobre o respecto ao territorio e á paisaxe
Summary:
O Goberno galego financia nun 90% as actuacións previstas neste convenio, que suporán un investimento de 360.000€
María M. Allegue explicou que o Proxecto Terra 2024-2026 se dirixe aos estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria para reforzar o coñecemento sobre a arquitectura da comunidade e a identidade territorial
Román Rodríguez salientou a evolución deste proxecto que se adapta á “Galicia de hoxe”
O programa Terra recibiu no 2010 o Premio Nacional de Urbanismo, sendo a primeira vez que se outorgaba a un programa educativo
Trátase da realización de actividades amenas, con material didáctico específico para cada ciclo, que contribúen á sensibilización sobre os espazos que habitamos
Idioma GallegoA Xunta e o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) renovan a colaboración para continuar desenvolvendo nos centros escolares o Proxecto Terra e concienciar aos rapaces sobre o respecto ao territorio e á paisaxe.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asinaron hoxe este convenio de colaboración co presidente do COAG, Luciano González.
No acto tamén estiveron presentes o secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, e a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), Victoria Núñez.
As actuacións previstas no marco deste convenio, que se levarán a cabo ata o ano 2026, suporán un investimento de 360.000€, un orzamento que será financiado nun 90% por parte da Xunta.
María M. Allegue explicou que o obxectivo desta iniciativa é mellorar o coñecemento dos cidadáns, especialmente das xeracións máis novas, sobre a arquitectura da comunidade, así como da súa identidade territorial.
Pola súa parte, Román Rodríguez salientou a importancia deste proxecto que se dirixe aos alumnos das diferentes etapas da educación obrigatoria: Infantil, Primaria e Secundaria, e que se adapta á “Galicia de hoxe”. “Ao longo deste curso que comeza e do próximo actualizaranse as unidades didácticas e materiais, ademais de formar aos profesorado neste eido”, sinalou o titular de Educación. “O alumnado galego terá posibilidade a través deste programa de realizar visitas guiadas, obradoiros e intercambios territoriais, entre outras iniciativas que formarán un pensamento crítico e respectuoso sobre o hábitat”, engadiu.
Para o Colexio de Arquitectos de Galicia, o proxecto TERRA “resulta esencial”, tal e como subliñou o decano do COAG, Luciano Alfaya. Así, incidiu na pegada que este proxecto deixou en milleiros de nenas e nenos de todo o país: “fixéronse accións educativas en Primaria e Secundaria coa implicación do profesorado, e realizáronse actuacións en centros espallados por toda Galicia que contribuíron a formar unha ollada responsable sobre as maneira de construír o territorio”.
Deste xeito, este programa consiste na realización de actividades amenas e creativas que contribúen á sensibilización e formación sobre os espazos e lugares habitados, a paisaxe e o dereito ao hábitat.
Nos centros educativos traballarán con material didáctico deseñado especificamente para cada etapa educativa. Así, o hábitat estúdase afondando en diferentes aspectos, como son a paisaxe, o territorio, o urbanismo, a arquitectura ou o medio ambiente.
Cómpre lembrar que o Proxecto Terra naceu hai máis de 20 anos e dende o ano 2003 a Xunta e o COAG manteñen a colaboración na elaboración de actividades didácticas, co fin de formar á comunidade educativa en temas relacionados co territorio.
A conselleira lembrou que no ano 2010 o Proxecto Terra recibiu o Premio Nacional de Urbanismo, sendo a primeira vez que se outorgaba a unha iniciativa educativa.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez avanza que Galicia será nesta lexislatura a primeira comunidade autónoma en acadar o 1 % do PIB no financiamento público das universidades
Summary:
Destaca que a Universidade galega é a máis accesible e mellor financiada de España e anima a seguir traballando xuntos para afrontar os retos de futuro
Subliña a entrada en vigor, por primeira vez este curso, da matrícula gratuíta, unha medida pioneira en España que blinda a igualdade no acceso á educación superior
Comprométese a seguir reforzando o Plan de Financiamento, que este ano supera por primeira vez os 500 M€ de investimentos por parte da Xunta
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, avanzou hoxe que Galicia se converterá nesta lexislatura na primeira comunidade autónoma en acadar o 1 % do PIB en recursos públicos transferidos ou captados polas universidades. Lograrao con moita anticipación dado que este é un obxectivo xeral para toda España cuxo cumprimento se fixa en 2030.
O representante da Xunta afirmouno con motivo da apertura do curso académico 2024-25 do Sistema Universitario Galego nun acto no que tamén interveu o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e ao que asistiron os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, así como o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo. No Paraninfo da UDC, Román Rodríguez destacou que as universidades galegas son hoxe as máis accesibles para os estudantes e as mellor financiadas de todo o Estado e animou a seguir traballando con coordinación e desde o consenso para afrontar con éxito os desafíos de futuro aos que se teñen que enfrontar as universidades nos próximos anos.
Na súa intervención, o conselleiro subliñou a posta en marcha, por primeira vez este curso, dunha “medida histórica” a nivel estatal como é a gratuidade da matrícula universitaria para os estudantes das tres universidades públicas. Trátase, afirmou, dunha medida “sen precedentes” que “democratiza aínda máis” o acceso ao ensino superior en Galicia e blinda a igualdade de oportunidades, preservando ademais a cultura do esforzo.
Mobilización de 3.200 millóns de eurosTamén puxo en valor o Plan de Financiamento Universitario como “sinal de identidade” de Galicia, dado que a meirande parte das comunidades non contan cunha planificación a varios anos vista, consensuada cos equipos reitorais, que garante o financiamento estrutural estable. O Plan actual mobiliza case 3.200 M€ en todo o período de vixencia.
Trátase dunha senda de financiamento que incrementa cada ano os recursos públicos das institucións universitarias e que este ano supera por primeira vez os 500 M€ da Xunta a tal fin. Isto, en palabras do conselleiro, fai “que sexamos das comunidades autónomas que mellor financian as súas universidades” ao tempo que lles permite unha previsión de gastos e unha planificación previa e segura, cuestión que foi posible acadar grazas “á altura de miras” e a perspectiva de “diálogo construtivo” entre todas as partes.
Conectar a universidade coa súa contornaEn opinión de Román Rodríguez, é o momento de avanzar en novos desafíos para que o potencial da comunidade universitaria “se traduza nun impacto real na sociedade” cunha universidade “conectada ás transformacións e ás esixencias da estrutura produtiva a través da transferencia de coñecemento”.
Un dos aspectos claves deste reto é contar cun sistema de I+D+i forte e maduro, para o cal Galicia debe seguir fomentando o seu tecido investigador e científico para gañar competitividade e captar talento desde as universidades como piar do ecosistema investigador galego. Para isto, o conselleiro propón avanzar nunha “fórmula propia” que, partindo da investigación básica, “dea prioridade á utilidade, á innovación e ao coñecemento con beneficios nos nosos sectores produtivos e na nosa cidadanía”.
Maior porcentaxe de España en I+D+iSe ben nestes momentos as partidas vinculadas directamente á I+D+i representan o 25 % do financiamento universitario, a maior porcentaxe de España, desde o Goberno galego apóstase por seguir reforzando as sinerxías entre os centros tecnolóxicos universitarios para construír redes máis potentes e acelerar o impacto dos resultados.
Román Rodríguez pechou a súa intervención facendo fincapé na necesidade de seguir “camiñando xuntos” nos novos desafíos para garantir unha universidade “comprometida, de calidade e con visión de futuro” e para afrontar “con valentía” cuestións como a renovación da oferta académica, o reto demográfico ou a internacionalización.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalAdmisión FP: Ciclos liberados ou con prazas vacantes. Curso 2024-2025
Publicación de ciclos e cursos de especialización de FP con prazas liberadas.
- Oferta dual intensiva
- Oferta ordinaria.
- Oferta modular.
- Cursos de especialización
- FP básica
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoConvocatoria do II Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2023/24
A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a segunda edición do Premio ConVivimos 2024 de convivencia e benestar emocional. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 18.000 euros.
Este galardón nace co obxecto de recoñecer, a través de actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo, o esforzo e alto grao de compromiso dos centros educativos na mellora da convivencia e do benestar emocional. Este premio forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estando financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederase para cada categoría, catro premios:
Categorías
Premio
Importe
A
1º premio
5.000€
2º premio
2.500€
3º premio
1.000€
Mención de honra
500 €
B
1º premio
5.000€
2º premio
2.500€
3º premio
1.000€
Mención de honra
500 €
Este premio é compatible coa concesión de calquera outro do que sexan beneficiarios os centros ou persoas participantes.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (https:// www.edu.xunta.gal/portal/ ).
File:
Resolución do 16 de xullo de 2024: ConvocatoriaTema:
Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínRomán Rodríguez subliña o “papel vertebral” do profesorado xunto coa “estabilidade das políticas públicas” como as claves do éxito do ensino galego
Summary:
O conselleiro inaugura a segunda xornada de formación para os case 800 docentes de Secundaria que se incorporan ás aulas tras superar as oposicións do verán
O titular de Educación anima aos novos profesores a emprender “con ilusión e determinación” a tarefa de formar desde as aulas “a Galicia do futuro”
Compromete o acompañamento da Xunta nun curso que arranca con medidas novidosas como a redución das rateos e o Plan MEGA de atención personalizada
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, destaca que o “papel vertebral” do profesorado xunto coa “estabilidade” das políticas públicas desenvolvidas polo Goberno galego son as razóns fundamentais dos bos resultados educativos que está acadando Galicia en variables como a calidade, a equidade e a atención á diversidade, entre outros. Así o sinalou esta mañá durante a segunda xornada de formación, desta vez para os 782 profesores de Secundaria, FP e escolas oficiais de idiomas que, xunto cos 474 docentes de Infantil e Primaria que participaron na xornada de onte, se incorporan novos este curso ás aulas galegas tras aprobar as oposicións deste verán.
Ademais de felicitalos polos resultados obtidos tras un proceso selectivo “moi esixente e competitivo”, o titular de Educación aproveitou para animar aos novos docentes a emprender “con ilusión e determinación” a tarefa de formar, desde as aulas, “a Galicia do futuro”. “O que fagamos o día de hoxe vaise ver o día de mañá. E canto mellor o fagamos nas nosas aulas, mellor será o futuro de cada unha das persoas a nivel individual e tamén o futuro de Galicia”, aseverou.
Nesta liña, Román Rodríguez comprometeu o apoio da Administración autonómica para seguir traballando de cara a novos desafíos como os demográficos, os tecnolóxicos e os desafíos sociais vencellados á convivencia, á diversidade e á inclusión. De feito, este curso comeza coa implementación dunha serie de novas medidas, como a redución do número de alumnos por aula, o reforzo da atención ao alumnado con necesidades, a mellora das condicións do profesorado e a posta en marcha do Plan MEGA, cunha batería de novas accións centradas na personalización e o apoio na aula.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalCorrección de erros á Resolución definitiva de centros participantes no bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2024/25
Anuncio principal:
Resolución do 7 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosConvocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+)
Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cursos 2024/25 e 2025/26.
File:
Resolución do 4 de setembro de 2024Tema:
Atención á diversidade Programas e plans PROAEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
CentrosSección:
Atención á diversidade e orientación Boletín Portada de boletínConvocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, 2024/25
Ábrese un prazo de dez días hábiles a partir do día da publicación deste anuncio para facer as solicitudes.
File:
Resolución do 1 de agosto de 2024 (DOG)Tema:
MásterEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao Curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, no curso 2024/25
Ábrese un prazo de dez días hábiles a partir do día da publicación deste anuncio para facer as solicitudes.
File:
Resolución do 1 de agosto de 2024 (DOG)Tema:
MásterEnsinanza:
Formación Profesional inicial Formación Profesional BásicaDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínCorte de servizo nas aplicacións informáticas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Coa finalidade de realizar tarefas de mantemento en diversos sistemas informáticas, o xoves 5 de setembro ás 15:00h e por un tempo estimado de 6 horas poderá haber algún corte puntual nas aplicacións informáticas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O corte non afectará aos portais educativos, correo, webs de centros ou EVA.
Os equipos da Xerencia de Proxectos de Educación e da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) son conscientes de que este corte xerará trastornos polo que agradecen de antemán a súa comprensión e colaboración.
Tema:
Información xeral Alertas e avisosRomán Rodríguez dá a benvida a unha nova xeración de mestras e mestres nun curso escolar que comezará o vindeiro día 11 cun total de 307.854 estudantes
Summary:
O conselleiro inaugura as xornadas de recepción para 1.256 novos profesores que se incorporarán ás aulas logo de aprobar as oposicións deste verán
No primeiro día de formación, participan 474 docentes de Infantil e Primaria, mentres que mañá acudirán os 782 de Secundaria, FP e escolas oficiais de idiomas
Este curso incorpóranse os primeiros profesores nados a partir do ano 2000, un centenar de mozos e mozas que se suman ao reto de modernizar o ensino
A Xunta leva renovado máis da metade do cadro de profesorado galego desde 2009, un período no que se convocaron 18.500 prazas nas oposicións
A Consellería abre hoxe a convocatoria de docentes de apoio do programa PROA+ dentro do paquete de Plan MEGA de mellora educativa de Galicia
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu hoxe a benvida a unha nova xeración de mestras e mestres que se incorporan este curso ás aulas galegas. Fíxoo durante a xornada de recepción para o profesorado que superou este verán o proceso de oposicións.
O titular de Educación, acompañado polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, destacou a importancia de sumar estes 1.256 novos docentes no ensino galego dado que son “a pedra angular do noso sistema educativo”. Ademais, Román Rodríguez recordou que o modelo galego se ten consolidado “como un verdadeiro referente, non só a nivel nacional, senón tamén fóra de España”, e animou ao profesorado a “avanzar na construción da educación do futuro, cun modelo máis plural, conectado e eficaz, que promova a personalización do ensino para asegurar a inclusión educativa plena do alumnado, e que aposte polas competencias clave e pola formación STEM”.
O titular de Educación quixo dar unha especial benvida “á primeira promoción que conta con docentes nados xa no propio século XXI”. En concreto, por primeira vez este curso impartirán clase un centenar de profesionais nados nos anos 2000 e 2001 que lograron praza nas últimas oposicións e que contribuirán a este proceso de modernización do ensino que se inicia agora. Estas novas prazas, lembrou o conselleiro, reafirman o compromiso da Xunta coa mellora continúa do profesorado. De feito, desde o ano 2009 téñense impulsado diversas ofertas de emprego público para 18.500 docentes.
Reparto das prazas por corpos docentesAs 1.256 novas prazas distribúense entre catro corpos docentes: 690 para profesores de ensino secundario, 474 para mestres, 67 para profesores especialistas en sectores singulares de Formación Profesional e outros 25 para escolas oficiais de idiomas.
Especialidade
Prazas
Ensino Secundaria
690
Mestres
474
Especialistas en sectores singulares da FP
67
Escola Oficial de Idiomas
25
Charla-coloquio de apertura
Durante a xornada de benvida, Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago, pronunciou a conferencia inaugural centrada nos retos e oportunidades do ensino actual, onde se abordaron temas como a innovación pedagóxica e a inclusión educativa. A continuación, o secretario xeral técnico e os directores xerais da Consellería expuxeron as liñas de traballo dos seus departamentos.
A xornada formativa complétase cunha charla-coloquio na que participan Rafael Sánchez-Agustino, do Colexio CEIP A Lama; Ana María Pérez, do Colexio CPI Plurilingüe de Castroverde; Israel Fernández Carreño, do Colexio CEIP Plurilingüe Bragade (Oza-Cesuras), e María Esther Fernández, do Colexio CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, de Vigo.
Máis de 1.200 centrosO curso escolar comeza o vindeiro 11 de setembro para 307.854 alumnos das etapas de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, en 1.243 centros de toda Galicia que imparten esas etapas, o que supón un descenso de 3.289 alumnos respecto do ano académico 2023/24:
Etapa
Centros públicos, concertados e privados
Curso 2023-2024
Curso 2024-2025
Diferenza
Educación Infantil
50.129
48.467
-1.662
Educación Primaria
128.899
126.531
-2.368
Educación Especial
1.296
1.359
+63
ESO
98.018
97.680
-338
Bacharelato ordinario
32.801
33.817
+1.016
TOTAL
311.143
307.854
-3.289
Precisamente, hoxe a Xunta de Galicia distribúe os datos de matrícula por concellos nas diferentes etapas, que mostra a enorme dispersión do sistema educativo galego polo territorio, de acordo coa estrutura da súa poboación e das dinámicas demográficas.
En concreto, contan con instalacións educativas en funcionamento 92 concellos da provincia da Coruña, cun total de 131.474 alumnos; 65 da de Lugo, con 32.392 estudantes; 68 da de Ourense, con 29.634 estudantes, e 61 da de Pontevedra, con 114.354 escolares.
Máis aulas e profesores para menos alumnosMalia a que o descenso de matrícula se produce na súa meirande parte nas etapas de Infantil e Primaria, cunha caída de máis de 4.000 alumnos, estes centros contarán co mesmo número de aulas. En concreto, no caso dos colexios públicos, haberá en funcionamento 7.336 aulas, dúas máis ca no ano académico que vén de rematar.
Isto é posible grazas á redución da rateo de alumnos por aula incluída no acordo histórico de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais que se inicia este curso. En concreto, permite manter abertas 204 aulas que, coas anteriores rateos, pecharían por falta de estudantes. A estimación é que, ao longo dos tres próximos cursos, esta cifra de aulas escale ata un total de 900 preservadas.
Ademais, ao abeiro do Plan MEGA de mellora educativa de Galicia vaise dotar os centros educativos dun reforzo de 400 docentes para personalizar o apoio e prestar a mellor atención á diversidade. De feito, a Consellería abre hoxe a convocatoria de docentes de apoio do programa PROA+, un dos seis que conforman esta ampla estratexia de mellora educativa dotada con máis de 77M€.
Matrícula aberta na Formación ProfesionalAínda é posible matricularse nos ciclos de FP que contan con prazas dispoñibles. O alumnado que tivo praza na adxudicación do 2 de setembro poderá matricularse ata o día 5 deste mes. Unha vez concluída esta terceira fase, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados, que se estenderá entre o 11 e o 27 de setembro.
No caso dos ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de agarda, a matrícula pode formalizarse xa en calquera momento nos centros educativos correspondentes, dado que non entran na terceira adxudicación.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez destaca o Plan MEGA como “un paso de xigante cara a educación do futuro” no curso con máis iniciativas novas de personalización e apoio
Summary:
“Este é o curso máis ambicioso no que atinxe á batería de medidas de mellora do sistema educativo galego”, salienta
A iniciativa supón dotar aos centros de 400 docentes adicionais, que comezarán a chegar aos centros desde o primeiro día do curso
Baséase nunha análise exhaustiva do sistema educativo e busca consolidar o ensino galego como o máis inclusivo e equitativo
A Consellería asesorará aos centros para elaborar os proxectos de mellora que lles permitan avanzar nos seus resultados e porá á súa disposición unha guía específica
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, presentou hoxe o Plan MEGA de mellora educativa de Galicia á comunidade escolar, unha iniciativa que destacou como “un paso de xigante cara a educación do futuro, cunha maior atención personalizada ao alumno, e vencellando a calidade propia do ensino coa igualdade de oportunidades”. Fíxoo acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, que detallou algunhas das accións que se van desenvolver ao seu abeiro e os resultados da diagnose do sistema educativo nos que se basea a iniciativa.
O titular do departamento educativo da Xunta salientou o curso 2024/25 como o de “transformación e consolidación definitiva do sistema educativo galego”, o curso máis ambicioso da historia no que atinxe á batería de medidas para o reforzo, personalización e apoio ao ensino, en base ás necesidades particulares de cada alumno. Isto será posible grazas á dotación de 400 profesores adicionais nas aulas galegas, un reforzo que se comezará a notar xa desde o primeiro día de curso, tal e como explicou o conselleiro.
Os obxectivos deste plan, dotado con máis de 77M€ para os próximos catro cursos, son incrementar o nivel de competencias dos alumnos, personalizar o apoio educativo, mellorar a atención ás necesidades específicas, avanzar cara un ensino máis inclusivo e fortalecer a formación dos docentes.
En definitiva, o Plan MEGA nace para consolidar o sistema educativo galego como o máis inclusivo, líder en equidade e igualdade de oportunidades, tal e como indica o informe PISA. Ao mesmo tempo, traballarase no impulso do desenvolvemento do alumnado galego e os bos resultados académicos dos estudantes galegos.
“O vindeiro 11 de setembro comeza un curso chamado a marcar un antes e un despois no noso modelo educativo para responder aos retos actuais e queremos facelo da man de todos os axentes que o integran”, afirmou o conselleiro, recalcando que o Plan MEGA, sumado ao acordo histórico de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais, supoñen os motores para a maior modernización do sistema educativo dos últimos 30 anos.
Análise exhaustiva do sistemaO Plan MEGA estrutúrase arredor de seis programas distintos, que se porán en marcha ao longo do primeiro trimestre do curso escolar. Catro deles son iniciativas novas, en concreto o programa Promociona e os de reforzo da competencia lectora, reforzo da competencia matemática e apoio educativo para o alumnado estranxeiro. Outros dous son iniciativas xa existentes, pero reformuladas e actualizadas para dar resposta ás necesidades actuais. Trátase do programa PROA+ (Reforzo, orientación e apoio) e do de impulso de centros referentes.
Os seis programas están baseados nunha análise exhaustiva do sistema educativo. Neste sentido, o programa Promociona parte da decisión pioneira da Xunta de Galicia, ao abeiro do acordo histórico de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais, de ponderar o alumnado con necesidades educativas especiais por dous ou por tres en base aos informes médicos que acrediten o seu nivel de discapacidade, de dependencia ou de trastorno grave de conduta.
Co obxectivo de que o sistema educativo galego continúe a ser o máis inclusivo de España, e tras avaliar durante o verán as necesidades e o profesorado, vaise dotar aos centros que concentren este alumnado de profesorado adicional para atender as necesidades específicas de atención educativa. Estes docentes estarán xa nos centros o primeiro día de curso, o vindeiro 11 de setembro.
Diagnose de cada centroAdemais da devandita análise de matriculación e dotación docente, a Consellería conta xa cos resultados da avaliación de diagnose realizada o pasado mes de abril entre o alumnado de 4º de Primaria e 2º de ESO, coa participación de 19.061 alumnos de Primaria de 809 centros e 21.615 estudantes de ESO de 476 centros. En base aos resultados desta avaliación deseñáronse os programa PROA+ e de reforzo das competencias lectora e matemática.
O conselleiro anunciou que mañá se publicará a convocatoria do PROA+ reformulada e actualizada, dirixida aos centros con maior porcentaxe de alumnado vulnerable por cuestións socio-educativas, para reforzar a equidade e a igualdade de oportunidades. O obxectivo é que máis especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, cuxa presenza nos colexios se reforza a través deste programa, estean traballando nas aulas no mes de outubro.
Cada centro recibiu xa un informe individualizado sobre os resultados da avaliación de diagnose, que lle permite analizar as súas fortalezas e debilidades para así poder facer unha reflexión sobre as necesidades de reforzo. Para iso o informe establece seis niveis de desempeño competencial: que sabe facer o alumnado, con que solvencia, en que aspectos curriculares ten máis debilidades e cales están máis afianzados. Entre outra información, cada centro pode obter a puntuación media do alumnado de cada grupo, se o rendemento do alumnado do centro é mellor, inferior ou comparable co rendemento do alumnado doutros centros educativos de características similares ou a información sobre cada unha das competencias desagregadas por destrezas (por exemplo na competencia lingüística detállase a comprensión oral, a comprensión escrita e a expresión escrita).
A partir dese informe individualizado, os centros de Primaria e ESO deberán elaborar un plan de mellora para o que contarán co asesoramento e apoio da Consellería de Educación. Ademais, o departamento educativo da Xunta elaborará unha guía para o deseño dos plans de mellora, que porá a disposición dos centros.
Fortalecemento de áreas claveTamén conforme aos resultados da avaliación de diagnose, a Xunta decidiu impulsar o fortalecemento da competencia nas áreas clave, entre elas a comprensión lectora do alumnado galego, cun amplo abano de actividades que terán como eixe vertebrador a biblioteca escolar.
Partirase dunha auto-avaliación de cada centro e, entre outras medidas, proporase unha acción integral de formación docente para persoas coordinadoras dos plans de lectura dos centros e profesorado en xeral nas metodoloxías do proceso de lecto-escritura e estratexias para a aprendizaxe competencial da lectura, entendida como alfabetización múltiple, en diferentes soportes.
Ademais, buscarase establecer sinerxías con diferentes programas de innovación educativa e facilitaranse guías e recursos varios tanto para a elaboración dos plans de lectura como para a planificación e organización das distintas dinámicas de lectura e mediación lectora no contexto da aula. A maiores, promoverase a difusión das boas prácticas de centros referentes neste eido.
Pola súa banda, o programa de reforzo da competencia matemática ten como finalidade mellorar os resultados do alumnado nesta área, apoiando o proceso de aprendizaxe e adaptándoo ao xeito de aprender de cada un. Impulsarase a aprendizaxe competencial das matemáticas, identificaranse e difundiranse as boas prácticas ao respecto e poranse a disposición dos centros os recursos educativos axeitados para este fin.
Adiantarse a un novo retoGalicia é a segunda comunidade con menor porcentaxe de alumnado estranxeiro pero tamén aquela na que máis medran estes escolares. A Xunta de Galicia decidiu adiantarse a este novo reto co deseño dun programa específico galego de apoio educativo para o alumnado estranxeiro.
Ao seu redor organizaranse todas as intervencións educativas necesarias para o desenvolvemento académico persoal, cultural e social destes estudantes desde unha participación activa na vida escolar. O obxectivo é que o sistema educativo galego continúe a ser líder en igualdade de oportunidades e en tolerancia e respecto a outras culturas, como puxo de manifesto o informe PISA.
Cultivar o bo exemploO sexto programa, para o impulso de centros referentes, reformula e actualizada o plantexamento dos antigos contratos-programa e ten como finalidade promover as boas prácticas educativas, de tal xeito que os centros que desenvolvan iniciativas ao seu abeiro se convertan en exemplos en materia de inclusión, sostibilidade, benestar emocional ou convivencia, entre moitos outros aspectos, na comunidade educativa galega.
Esta iniciativa recolle a testemuña dos contratos-programa e dálle un novo enfoque, co obxectivo de impulsar o nacemento dunha rede de centros referentes que compartan os seus proxectos inspiradores co resto dos colexios e institutos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta apoia o desenvolvemento da actividade investigadora do IGFAE con 3M€ ata 2027
Summary:
Con esta achega, a Consellería de Ciencia e Universidades facilita a estabilidade económica dos proxectos do centro, onde traballan actualmente 101 investigadores
O secretario xeral de Universidades e a directora da Axencia Galega de Innovación coñecen o traballo do centro de primeira man tras a súa renovación da acreditación de excelencia da Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia
Tamén recibirá este xoves a acreditación María de Maeztu tras acadala o pasado 2023, sendo o único centro galego que logra esta distinción
Idioma GallegoO secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, visitaron hoxe o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) para coñecer os seus proxectos e saudar os seus investigadores tras renovar a acreditación de excelencia que concede a Xunta na Rede de Centros de Investigación Universitaria de Galicia.
Deste xeito, a Xunta de Galicia apoiará o desenvolvemento da súa actividade con case 3M€ ata o ano 2027, favorecendo a estabilidade económica dos seus proxectos. Así mesmo, as obras de construción da nova sede do IGFAE, comezadas en 2021 e que contan cun investimento global de 4,8M€ a cargo do Goberno galego, permitirán que dea un novo salto cualitativo. Ademais, contará cun financiamento de case 200.000 euros para realizar medidas complementarias como o apoio ás actividades do 25º aniversario e o acondicionamento de laboratorios, mobilidade e ampliación do sistema de servidores para a nova sede.
Os representantes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no marco das visitas conxuntas que están realizando aos centros de investigación e tecnolóxicos, coñeceron de primeira man o traballo do IGFAE, un centro de titularidade compartida entre a Xunta e a Universidade de Santiago. Este centro de excelencia, nado en 1999, converteuse nun centro de renome internacional na física de alta enerxía, astropartículas e nuclear cun forte impacto rexional.
Acreditacións de excelenciaTal é o seu prestixio que é o único centro galego que conseguiu a acreditación María de Maeztu, galardón que recibirá este xoves. Este logro, xunto coa acreditación de excelencia no 2019, dota ao IGFAE dunha perspectiva de estabilidade a longo prazo imprescindible para posta en marcha da súa ambiciosa estratexia.
Os datos avalan a súa traxectoria, con 101 investigadores e tres profesionais beneficiados das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). O Instituto da USC tamén contou con tres investigadores beneficiados das becas Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA) no período 2020-2023. Neses mesmos anos tamén logrou captar 14,4M€ de proxectos competitivos e lanzar 624 publicacións.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución do 30 de agosto de 2024, coas listaxes coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias nas prazas de residencia dos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25
Resolución do 30 de agosto de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a listaxe coas puntuacións definitivas das persoas admitidas, excluídas, adxudicatarias e, de ser o caso, suplentes, de acordo co previsto no artigo 33 da Orde do 20 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2024/25 (DOG núm. 119, do 20 de xuño).
As persoas solicitantes poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da consellería competente en materia de educación e nos taboleiros de anuncios e/ou páxinas web dos centros residenciais.
Prazo para interpoñer recurso de alzada: 1 mes (entre os días 4 de setembro e 3 de outubro de 2024), ante o conselleiro de Cultura, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Anuncio principal:
Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A)Tema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado Familias CentrosRueda anuncia que a Xunta reforzará os centros con 400 docentes adicionais para mellorar o éxito escolar, a inclusión e o desenvolvemento integral do alumnado
Summary:
Enmárcase no novo Plan MEGA de mellora educativa para incrementar o nivel de competencias clave do alumnado e personalizar o apoio educativo
Salienta que está “dotado de 77M € para os vindeiros catro cursos” e que “beneficiará a 400 centros” ao ano
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP resalta que se traducirá en medidas específicas de apoio personalizado, atención á diversidade, reforzo das competencias lectora e matemática e para o alumnado estranxeiro
Susténtase sobre os obxectivos do acordo histórico asinado cos sindicatos e parte da análise de fortalezas e debilidades que se detectan nas avaliacións de diagnose
Tamén se promove o desenvolvemento de proxectos de referencia en áreas como a promoción da igualdade, a convivencia, o benestar emocional ou a sustentabilidade
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonómico vai “reforzar con 400 profesores adicionais os centros educativos galegos” a partir deste curso que comeza o vindeiro 11 de setembro. Será no marco do novo Plan MEGA de mellora educativa de Galicia, a estratexia do Goberno galego aprobada hoxe no Consello da Xunta para incrementar o nivel das competencias clave do alumnado, personalizar o apoio educativo e a atención ás necesidades específicas e avanzar no modelo de ensino inclusivo que caracteriza a nosa Comunidade.
A través del promoverase non só o éxito escolar, senón tamén o desenvolvemento persoal do alumno nunha contorna educativa en que prime a convivencia, a valoración da diversidade e o benestar emocional.
O desenvolvemento deste plan implica unha modernización do ensino centrada en aumentar a eficiencia, a eficacia e a equidade para garantir o éxito escolar, fomentar a cultura inclusiva, potenciar a formación docente e simplificar os procedementos administrativos, e tal e como resaltou Rueda, susténtase en dous eixes: “o acordo histórico de mellora do sistema educativo asinado coas organizacións sindicais e as avaliacións de diagnóstico realizadas o curso pasado”.
Por unha banda, o acordo inclúe medidas estruturais enfocadas a afrontar os retos presentes e futuros da educación en Galicia a través de accións como a redución progresiva da ratio de alumnos por aula, a mellora da atención á diversidade, o reforzo da carreira profesional docente ou a simplificación administrativa, entre outros.
Por outra banda, o desenvolvemento de avaliación de diagnose entre o alumnado de primaria e ESO son probas que posibilitan aos centros educativos a detección das súas debilidades e a identificación de áreas de mellora, facilitando deste xeito a toma de decisións, baseándose en datos concretos do seu alumnado e no seu contexto.
Tal e como explicou Rueda, o Plan MEGA “estará dotado de 77M € para os vindeiros catro anos” e “beneficiará a uns 400 centros educativos cada no”.
A iniciativa complétase con formación específica no ámbito da inclusión e innovación educativa, a través do Plan anual de formación do profesorado.
ObxectivosO obxectivo do Plan MEGA é potenciar un sistema educativo que permita a cada estudante acadar o seu máximo potencial a través do seu mellor integral, tanto académico como persoal e social. Ao tempo, estimúlase o contexto de equidade educativa, a redución do abandono escolar e fortalécense as competencias docentes.
Ademais, o plan permitirá que o alumnado galego avance na consecución dos obxectivos marcados polo Consello da Unión Europea, segundo os cales, para 2030, a porcentaxe de mozas e mozos de 15 anos cun baixo rendemento en comprensión lectora, matemáticas e ciencias debe ser inferior ao 15 %.
Nesta liña, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, destacou que o Plan inclúe medidas para “avanzar nun aprendizaxe máis personalizado, reforzar as competencias clave e a atención a todo tipo de diversidade”.
Atención especializada para o éxitoO Plan MEGA estrutúrase arredor de seis programas distintos, en diferentes etapas desde infantil ata FP básica pasando por primaria e ESO para dar cumprimento a diferentes obxectivos: Promociona, PROA+ (reforzo, orientación e apoio), reforzo da competencia lectora, reforzo da competencia matemática, apoio educativo para o alumnado estranxeiro e impulso de centros referentes.
O programa Promociona centrarase en promover o apoio, a participación e a promoción do alumnado que presenta necesidades educativas especiais escolarizado en centros ordinarios, fortalecendo o modelo de inclusión educativa de Galicia e creando un contorno educativo máis accesible, equitativo e enriquecedor para todo o alumnado.
Diríxese aos escolares de infantil e primaria e leva consigo a realización dun proxecto educativo inclusivo en cada un dos centros que o desenvolva para a mellora da equidade e dos resultados educativos.
Os docentes de reforzo previstos para este programa xa estarán nas aulas ao inicio do curso, segundo explicou o conselleiro.
No caso do PROA+, centra a súa acción nos centros cunha porcentaxe significativa de alumnado con vulnerabilidade socioeducativa, aplicando medidas de reforzo, orientación e apoio con especial fincapé na atención das necesidades específicas de apoio educativo.
Os centros beneficiarios deste programa deberán asumir o compromiso de deseño, aplicación, seguimento e avaliación dun plan estratéxico de mellora, con accións para reforzar as competencias clave ou a aplicación de novas formas de organización e xestión do centro orientadas á mellorar o éxito educativo de todo o alumnado. Neste caso, o profesorado se incorporará no mes de outubro.
Reforzo das competencias lectora e matemáticaO programa de reforzo da comprensión lectora artellarase a través da posta á disposición dos centros de iniciativas de lectura no conxunto da comunidade educativa, así como dun amplo abano de actividades para o fomento da lectura, que redundará de forma efectiva na mellora da comprensión lectora dos estudantes
A biblioteca funcionará como motor deste programa, como o espazo mediador para o desenvolvemento de competencias comunicativas, informacionais e mediáticas, como requisito para a construción do pensamento crítico.
A través do programa de reforzo da competencia matemática adaptarase o proceso de ensinanzas ás necesidades e tipos de aprendizaxe diferentes de cada alumno, especialmente dos escolares de primaria, con atención específica a aquel que presenta un peor rendemento.
A maiores, estimularase a participación activa do alumnado en actividades educativas relacionadas con esta área do coñecemento.
Apoio ao alumnado estranxeiroOrientado a facilitar o labor de escolarización, acollida e benestar emocional do alumnado especialmente vulnerable polas súas condicións de procedencia, o Programa galego de apoio educativo para o alumnado estranxeiro organizará as intervencións educativas necesarias para o desenvolvemento persoal, cultural e social destes estudantes desde unha participación activa na vida escolar.
A través del proporcionarase apoio ao alumnado para asegurar a expresión e a comprensión lingüística efectiva e fortalecer as súas habilidades de lectura e escritura. Ademais, impulsarase o desenvolvemento de actividades que promovan o entendemento intercultural a través das bibliotecas escolares.
Impulso de centros referentesO exemplo das boas prácticas doutros centros inflúe de xeito positivo na comunidade educativa. Desde ese punto de vista, o Programa para o impulso de centros referentes impulsará que os centros desenvolvan proxectos educativos que os convertan en centros destacados dentro dos contextos da inclusión e a innovación educativa.
Os centros que participen no programa poderán facelo a través de proxectos que se centren na promoción da igualdade, da convivencia, da inclusión e do benestar emocional. Tamén con iniciativa para reforzar as competencias matemática e lectora, a internacionalización e as prácticas ambientalmente sustentables.
O conselleiro de Educación salientou a batería de medidas postas en marcha este curso que fan que o sistema educativo galego “viva a maior modernización dos últimos 30 anos”.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalLuz verde á licitación do novo colexio do Milladoiro, o primeiro que se construirá en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica
Summary:
O Consello da Xunta aproba a construción deste novo centro, que dá resposta á necesidade de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico
O investimento total ascende a case 9,8M€, o que supón máis do dobre estimado inicialmente, dadas as melloras no proxecto e o incremento dos prezos
O colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI
Idioma GallegoO Consello da Xunta deu hoxe luz verde á licitación da obra de construción do novo Colexio CEIP do Milladoiro, o primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e un compromiso da Xunta de Galicia para dar resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. O investimento total ascende a case 9,8M€, o que supón máis do dobre estimado inicialmente (4,5M€) debido, fundamentalmente, ás calidades e melloras en espazos e do incremento dos prezos dos materiais.
Xa no ano 2011 se construíu un novo instituto no Milladoiro, cun investimento de 5,4M€, para dar resposta ao incremento poboacional e a Xunta ten realizado e continúa executando novas actuacións de mellora e ampliación para dar resposta ás necesidades de escolarización dun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia. De feito, no concello de Ames está en marcha a ampliación do Colexio CEIP Agro do Muíño, cun orzamento superior aos 3,4M€.
A actuación será contratada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (a través da Axencia Galega de Infraestruturas) e que se sufragará con fondos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, co cofinanciamento dos fondos europeos. Unha vez aprobado no Consello da Xunta, licitarase a obra. A previsión é poder iniciar as obras no primeiro semestre de 2025. O obxectivo é que o centro estea operativo no curso 2026/27.
Adaptado ao século XXIO colexio será totalmente accesible e contará con espazos multidisciplinares, flexibles e adaptados ao ensino do século XXI. Cunha superficie total construída de 4.886m² distribuída en dous andares, o colexio contará con seis aulas de Infantil e 12 de Primaria, cos aseos correspondentes, así como outras catro de apoio educativo e desdobramento de grupos, aula de música e sala de usos múltiples.
A biblioteca terá acceso directo desde o vestíbulo e desde o exterior e o ximnasio terá dúas alturas, gradas e vestiarios. Tamén estará dotado con área de administración (con despachos, conserxería, local para a anpa, etc) comedor e zonas de servizos comúns.
De acordo co establecido no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, o centro estará dotado dun foro multifuncional que servirá como espazo de aprendizaxe aberto. Situarase no espazo central do primeiro andar, entre as aulas de Primaria e as de desdobre, creando unha relación entre as diferentes estancias e conectándose co patio mediante unha gran fiestra protexida da incidencia do sol.
Ademais, o novo colexio terá un espazo específico para Polo Creativo, no que o alumnado poderá traballar as competencias STEM a través de proxectos de robótica ou intelixencia artificial, equipado cos materiais necesarios. No que atinxe aos espazos exteriores, estará dotado de zona cuberta e descuberta exterior para as aulas de Infantil e de pista polideportiva cuberta e descuberta.
Totalmente accesibleA accesibilidade do edificio plantéxase desde un punto de vista universal e inclusivo, evitando calquera tipo de barreira, con accesos directos tanto desde o interior como desde o exterior do edificio a boa parte das estancias. Deste xeito, o proxecto propón itinerarios de circulación intuitivos e libres de obstáculos, en prol dunha orientación más sinxela, e espazos de comunicación ben iluminados con luz natural. Isto completarase coa colocación de sinaléctica de gran tamaño e cor facilmente visibles.
Ademais, tanto no exterior do edificio como nos espazos interiores haberá superficies podotáctiles que guíen ao acceso, vestíbulo e outros puntos de importancia del edificio. Os diferentes espazos exteriores serán tamén accesibles a todos mediante ramplas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16