Departamento de Física e Química:
Mañá 18 de xaneiro, o alumnado de 4º de ESO visitará a "Facultade Ciencias" do Campus USC-LUGO, para realizar experiencias científicas sinxelas, de mano do seu profesorado, co fin de motivalos cara ao estudo das materias científicas.
O martes 19, o alumnado de 1º de BAC de ciencias, visitará a "Lonxa" do Porto de A Coruña e dirixirase "a posteriori" ao Muncyt (museo científico tecnolóxico), onde realizarán diversas actividades de natureza interactiva.
Departamento de Lingua Castelá:
Está a preparar unha actividade de teatro " A dama boba" no Auditorio Gustavo Freire para o alumnado de ESO e BAC.
Departamento de Hostalería:
Dentro do programa LUGO EMPRENDE, estanse a impartir diversas charlas no CIFP Politécnico, nas que participa o noso alumnado.