Skip to Content

Actividades extraescolares da semana

17/01/2016 10:17
Europe/Madrid

Departamento de Física e Química:

Mañá 18 de xaneiro, o alumnado de 4º de ESO visitará a "Facultade Ciencias" do Campus USC-LUGO,  para realizar experiencias científicas sinxelas, de mano do seu profesorado, co fin de motivalos cara ao estudo das materias científicas.

O martes 19, o alumnado de 1º de BAC de ciencias, visitará a "Lonxa" do Porto de A Coruña e dirixirase "a posteriori" ao  Muncyt (museo científico tecnolóxico), onde realizarán diversas actividades de natureza interactiva.

Departamento de Lingua Castelá:

Está a preparar unha actividade de teatro " A dama boba" no Auditorio Gustavo Freire para o alumnado de ESO e BAC.

Departamento de Hostalería:

Dentro do programa LUGO EMPRENDE, estanse a impartir diversas charlas no CIFP Politécnico, nas que participa o noso alumnado.



story | by Dr. Radut