Skip to Content

2018-19

Ler no verán

Fai click na imaxe para ampliala

Ledicia Costas

Encontro do alumnado de 1 ESO e FP Básica coa escritora Ledicia Costas. 

Álbum: Biblioteca -> Ledicia Costas 2018/19

Urban Planet Jump

O alumnado de 2º da ESO pecha o curso saltando no UrbanPlanetJump: o parque de trampolíns e camas elásticas de Oleiros da Coruña. Moi divertido!!!

Álbum: Educación física -> Urban Planet Jump-2019

II Xornada Arduino

O alumnado de primeiro da Eso, participanna segunda xornada de Arduino impartida polo alumnado de primeiro de bacharelato de Tecnología Industrial I.

Álbum: Tecnoloxía -> 2ª Xornada Arduino

Hostelaría de Lamego (Portugal)

Estancia Erasmus da profesora Celia García do ciclo superior de Dirección  de Cociña na escola de Hostelaría de Lamego (Portugal). Unha nova e proveitosa experiencia Erasmus que da continuidade aos programas de sprendizaxe e prácticas do profesorado e alumnado do IES Sanxillao.

Álbum: Hostalaría -> Hostelaría de Lamego (Portugal) 2019

VII edición do intercambio co alumnado da cidade alemá de Landau

Nesta edición participan 26 alumnos/as e 4 profesores/as permanecendo na nosa cidade ata o vindeiro luns 13. Hoxe foron recibidos na Deputación Provincial e estes días realizarán varias actividades entre as que se encontra un almorzo ofrecido polo Departamento de Hostalería, paseo polo río Rato e visitas á Mariña Lucense, ás cidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Landau 2019

Un ano máis o alumnado de 3º e 4º de ESO de alemán participan no intercambio cos compañeiros/as da cidade alemana de Landau

Álbum: Alemán -> Landau 2019

Food Truck + Coctelería + DJ

Alumnado de segundo  Ciclo Grao Medio de Cociña e Gastronomía, segundo de Servizos de Restauración coa axuda do alumnado de segundo da FPB de Cociña e restauración participaran hoxe na actividade Food Truck + coctelera en vivo +DJ.

Tamén tivo lugar unha pegada de carteis. Homenaxe ao cociñeiro Anthony Bourdain e o artista urbano Fairey, a cargo do alumnado de Hostalería e de 2º Bac de Artes.

Álbum: Hostalaría -> Food truck + Coctelería en vivo+ DJ. 2019

Xornada ARDUINO 2019

O alumnado de 1º e 2º de BAC de Tecnoloxía Industrial realizaron unha xornada de ARDUINO UNO co alumnado de 1º da ESO

Álbum: Tecnoloxía -> Xornada Arduino 2019

Londres. CM Servizos

O alumnado do CM de Servizos visitou Londres  e acercouse ao laboratorio de Remy Savage que lles explicou como crea os seus cócteis.

Álbum: Hostalaría -> Londres 2019 (CM Servizos)

Iguais e Diferentes

A ANPA do IES Sanxillao convoca un ano máis o concurso "Iguais e diferentes" 

Fin de Etapa en Italia!

Rematamos en Florencia!. O alumnado de 4º ESO está de viaxe en Italia. 

Álbum: Centro -> Italia 2018-19

...

A Xunta licitará este verán as obras de ampliación do IES Sanxillao (Lugo), cun orzamento de case 1,7 millóns de euros

Xov, 28/02/2019 - 20:28 

A conselleira de Educación visitou esta tarde o centro. O obxectivo da actuación é dotar o centro de novas instalacións para os ciclos de FP de Hostalaría e Turismo.

( ver máis...)

Visita ao MUNCYT

 

Alumnado de 3º de ESO visitaon o MUNCYT de A coruña 

 

Universitarios/as por un día

Os "Encontros na USC" permitiron que o alumnado do IES Sanxillao de 2º de BAC visitara as instalacións de USC axudándolles a decidir o seu futuro.

  Ver Vídeo

Prácticas de pneumática

Alumnado de 1º de BAC de Tecnoloxía Industrial realizando prácticas de pneumática 

Álbum: Tecnoloxía -> Prácticas pneumática

Seguimos con premios!

Adrian Espiño, alumno do C.S. Dirección de Cociña quedou tercer clasificado no "V Concurso nacional para escuelas de hosteleria Xata Roxa” celebrado no IES Valle de Aller, Asturias, onde presentou o prato: "Costilla de xata roxa en infusión y reducción de Cangas de Narcea con puré de Manzana especiada".

Noraboa!

 


"Elige tu Pinche"

alumno de 1º de C.S. Dirección de Cociña resultou clasificado para participar no concurso "Elige tu Pinche" que ten lugar en Madrid Fusión , onde terá a ocasión de colaborar e " ter de pinche" a chef galega Lucía Freitas, de A Tafona en Santiago.

..

 

Hostelería y Turismo en La Habana

El IES Sanxillao realizó un programa Erasmus KA107 de profesorado en las escuelas de Hostelería y Turismo de La Habana. Continuaremos con estos programas para recibir y enviar profesorado de otros países y así seguir mejorando nuestra oferta formativa.

Álbum: Hostalaría -> Erasmus_Habana 2018/19
Distribuir contido


by Dr. Radut