Skip to Content

Sinopse e reparto

Sinopse

O pousadeiro, Mirandolo, é un home intelixente, agudo e dun atractivo físico que engaiola ás súas hóspedes. Dúas aristócratas disputan o seu amor: a Marquesa de Forlipópoli, nobre de avoengo arruinada, e a Condesa de Albaflorida, nova rica que mercou o seu título. Tamén hospédase na pousada a Dama da Penacrecha, muller soberbia que odia aos homes e que se aventura nun pulso co pousadeiro. Dende a cociña, Fabricia, criada de Mirandolo, vixía temerosa por namorada as mañas do seu patrón. Mentres o espírito da nai dialoga co fillo aclarándolle situacións que a el se lle escapan.

A fuxida dun hóspede provoca a aparición, chea de comicidade, dunha xuíza coa súa escribán e un peculiar alguacil que organiza a persecución do debedor. Dous cómicos visitan a pousada e fanse pasar por cabaleiros aristócratas, dando lugar a continuos enredos coas damas. Mirandolo, entre tanto, divírtese....

Inspirada na obra de Goldoni, "A pousadeira"; partindo da versión de Andrés do Barro.

 

REPARTO
MIRANDOLO, o pousadeiro............Jacobo Villar Agra
A NAI "APARECIDA" de Mirandolo.......Raquel González López.
A MARQUESA DE FORLIPÓPOLI.........María Monasterio Vázquez
A CONDESA DE ALBAFLORIDA..........Amara Pérez Dávila
FLORINDA, criada da condesa.......Carla Rodríguez Ramos
A DAMA DA PENACRECHA......... Nerea Gándara Guerra
A CRIADA da dama..............Marta Fernández Caballero
FABRICIA, criada na pousada......Lucía Gil Fandiño
A XUÍZA...........Irene Rodríguez Creo
A ESCRIBÁN......... Ángeles Santorio Pitart
UN CÓMICO..............Lois Morandeira Conde
OUTRO CÓMICO e O CAPITÁN MILHOMES.........Carlos Gil Fandiño


blogpage | by Dr. Radut