A min déronme este enderezo
- Ben... motivo da visita a Vigo?
- Estou moi contenta…
- Si, claro, pero viu a Vigo a...?
- Son todos tan simpáticos...
- Pero que fai en Vigo?
- Non sei, a min déronme este enderezo.
- Ben, ben. E gústalle a cidade?
- Adóroa! Ademais é tan boa a xente de Tenerife!
- En que está traballando ultimamente?
- Estou tan contenta!
- Pero en que esta traballando!!!!????
- É tan bonito!
- A que se dedica?
- Non sei, a min déronme este enderezo. (Saca un papel e ponse a ler.) “Unha cunca de cola-cao á merenda axuda a repoñer enerxía”:
- Por Deus!!!! Non podo traballar cunha diva descerebrada! Agora entendo por que a señora ten esa cara de amargada! Xa non quero facer máis de periodista!!
Autoría: grupo SPASMO 1995/96
Adaptación ao século XXI: Mariña Río Mallo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A MIN DERONME ESTE ENDEREZO.pdf | 284.38 KB |