Skip to Content

Os vellos non deben de namorarse

Miñas donas e meus señores:  Axiña ides ver unha farsa en tres lances, na que se demostra que os vellos non deben de namorarse; pero non pensedes que a miña obra é de tesis. Non é de tesis, non. Trátase a penas dunha síntesis artística ou, máis ben, artimaña escenográfica onde xogan o amor e a morte de tres vellos imprudentes: o boticario don Saturio, que non aturou a falcatruada de Lela e mátase con solimán da súa propia botica;  o fidalgo don Ramón, que por un bico de Micaela morre deitado no esterco; e o vinculeiro señor Fuco, que por casar con Pimpinela mórrese de felicidade.

Son tres faces diferentes dun mesmo drama, contado á maneira galega e para regalía dos que poidan comprender o noso linguaxe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁIS FOTOS EN GOOGLE + (Fotos)

 

 

AdxuntoTamaño
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE.pdf1.45 MB
OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE.docx1 MB


blogstory | by Dr. Radut