O Cerdeiral
- Até hai pouco, no campo só había señores e labregos, mais agora apareceron tamén os urbanitas. Todas as cidades, mesmo as máis pequenas, están rodeándose de urbanizacións, de chalés. E podo asegurarvos que, dentro de vinte anos, aquí só vivirá xente que traballe na cidade. E, entón, o Cerdeiral, que tanta mágoa vos da agora, verase transformado en magníficas mansións cunha ampla avenida polo medio, unhas rotondas, xardíns de deseño... Isto será unha cousa do outro mundo!
- Que disparate!
O Cerdeiral é a última obra de Antón Chéjov, escrita en 1904 e estreada no Teatro da Arte de Moscú ese mesmo ano, baixo a dirección de Stanislavski.
Conta a historia dunha familia de vellos ricos que nunca souberon manexar a súa riqueza, motivo polo cal corre perigo a súa pertenza máis prezada: a vella casa e o xardín cun inmenso cerdeiral. Talar as árbores, derrubar a casa e vender os terreos para construir, poden ser unha opción...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
O CERDEIRAL.docx | 762.38 KB |