Skip to Content

Libro de receitas e chistes

Para ir deixando bo sabor de boca de cara o fin do curso. Dende a aula de Pedagoxía Terapéutica, partindo do interés común pola cociña dos alumnos que acoden a mesma . Estamos  a elaborar un libro de receitas con comidas de diferentes partes do mundo ademais das típicas do noso país. 

  

Esta actividade naceu da iniciativa dos alumnos/as que de xeito colaborativo quixeron facer este libro xa que a aula acoden alumnos/as doutros países: República Dominicana, Colombia  e Bulgaria  que falaban de pratos descoñecidos para o resto de alumnos/as galegos/as.

 Ademais das receitas o libro tamén conta cun pequeno apartado de chistes.

 Así dun xeito un tanto lúdico pretendemos traballar aspectos como: a multiculturalidade, autonomía persoal, habilidades da vida diaria,  traballo grupal, presentación dos nosos escritos, redacción….

 E como comentamos noutra das entradas deste mesmo blog  o dispor dunha biblioteca na aula este libro engadirase, como non,  a colección da mesma.

A continuación amósanse algunhas fotos de dito libro. Esperamos que vos guste!!!

  • Parte dianteira:" Pratos do Mundo"

 

  

 

 

 

  • Parte Traseira: "Os nosos Chistes"

   

          

 

 



blogstory | by Dr. Radut