Skip to Content

A onda

 A ONDA, adaptación dunha experiencia de clase.

Ron Jones, profesor de Historia Contemporánea, é coñecido por ser o iniciador da chamada «Terceira Onda», un experimento realizado no marco do seu estudo sobre a Alemaña nazi con alumnos de secundaria e para demostrar que ata as sociedades libres e abertas non son inmunes ao atractivo de ideoloxías autoritarias e ditatoriais.

O experimento levouse a cabo no Cubberley High School, un instituto de Palo Alto, California, durante a primeira semana de abril de 1967. Jones, ao non poder explicar aos seus alumnos por que os cidadáns alemáns permitiron que o partido nazi exterminara a millóns de xudeus e outros chamados "indesexables", decidiu mostrarllo. Jones comezou con cousas simples, como a disciplina, a comunidade ou a acción, e logrou converter aos seus alumnos de historia nun grupo cun gran sentido da causa.
Jones chamou ao movemento A Terceira Onda, debido á noción popular de que a terceira dunha serie de ondas no mar é sempre a máis forte. Ao parecer, o experimento cobrou vida propia, cando alumnos de toda a escola uníronse a el.

Todd Strasser, co pseudónimo Morton Rhue, escribiu unha novela sobre o tema que logo foi adaptada ao cine por Dennis Gansel en 2008. O musical The Wave - The Musical, do ano 2000, tamén está baseado no experimento.

En España, Ignacio García May escribiu La Ola, estreada no Lliure en 2013 e volta a representar en 2015 en Madrid no teatro Valle Inclán baixo a produción do Centro Dramático Nacional.

A Onda, foi versionada por Spasmo no curso 2015-16 e mantívose no curso 2016-17 con cambios no elenco e representándose en outros institutos (ver as fotos). 

 

ENSAIOS previos á estrea en 2016

 

...e tras unha representación no IES do Castro, curo 2016-17

A Onda no IES do Castro

AdxuntoTamaño
A ONDA primeira versión curso 2015-16.doc191 KB
A ONDA segunda versión curso 2016-17.pdf298.82 KB


blogstory | by Dr. Radut