Skip to Content

Concurso Explícoche matemáticas 2.0

CONCURSO DE CURTAMETRAXES EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS

O reto do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 consiste en explicar un concepto matemático en galego nunha curtametraxe de dous minutos de duración máxima. O certame, que xa chegou á súa quinta edición, conta cunha categoría dirixida ao alumnado de segundo ciclo da ESO e bacharelato de toda Galicia. Os proxectos deberán remitirse ata o 22 de abril de 2016.

O certame oestá organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas en colaboración coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC co obxecto de promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas.

Podedes consultar as bases completas na seguinte ligazón:

http://www.usc.es/gl/centros/matematicas/CNL/explicoche_matematicas_2_0_2016/

 

 



blogstory | by Dr. Radut