Skip to Content

#mobilizarosalia

 

O 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro por ser o aniversario do nacemento da autora fundacional da literatura galega moderna, unha autora que coa súa poderosa voz e o seu canto radical e solidario logrou mobilizar a nosa conciencia colectiva, galega e universal.

 

O día 24 todas e todos recitaremos os nosos versos preferidos de Rosalía, mais para contribuírmos a expandir a vitalidade da súa palabra máis alá dos muros do instituto, desde o ENDL do IES Santa Irene sumámonos á proposta da AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) de participar na iniciativa #mobilizarosalía, que consiste en compartir masivamente un verso de Rosalía desde os nosos móbiles coa etiqueta #mobilizarosalía nas diferentes redes sociais.

 

A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI, e adáptase a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais, polo que non pode faltar das nosas contas de Instagram, Twitter, Facebook...

 

O verso proposto é Trocando en sonrisas / queixiñas e choros que pertence ao poema IV de Cantares Gallegos.

 

Compárteoo día 24 nas túas redes sociais acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía coa etiqueta #mobilizarosalía

 

(Esta acción pode realizarse na aula baixo a supervisión do profesorado ou no período de recreo).

 

 

 

#mobilizarosalía

@ENDLSantaIrene

 



blogstory | by Dr. Radut