LEMBRA:
-
Aforra tempo: non esquezas o teu número de lector ou lectora.
-
Cada cousa no seu lugar: cando collas un libro nos andeis, fíxate onde está para, cando remates, reintegralo ao seu sitio ou, se tes dúbida, entrégallo a persoa encargada da biblioteca, non o coloques ao chou pois dificultarías a súa busca no futuro.
-
Coida o material: os fondos da Biblioteca son de todos, usa deles e axuda a conservalos en bo estado para que os que veñan no futuro poidan seguir gozando deles como ti o fas.
-
Cumpre os prazos: os préstamos teñen unha duración de 15 días, pasado ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo.
-
Sé solidario: hai libros que teñen lista de espera. Remata pronto con eles e devólveos para facilitar que outros usuarios poidan lelos.
-
Respecta o traballo dos teus compañeiros: evita as aglomeracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traballo dos usuarios.
Axúdanos a mellorar a Biblioteca!
|