Febreiro 2018
- Poesía do Mes |
- amor |
- Navaza
Causa común
Amamos, tramamos,
tememos, teimamos
tan só
por ti, por termos termos
a determinarnos,
a termar de nós.
Palabra, nó plural,
lazo, luz, tenza, trenza
que traza no lenzo o voo.
En ti, de ti, por ti me afirmo,
e non amo tramo tremo
temo teimo só.
Gonzalo Navaza (1957)