VENDIMA
A Manuel Salgueiro Castro
|
Ó vello, estás deitado e no recanto do cuarto arde o caxato impregnado coa suor de tantos anos. Lastrado o camiño da vida, soña o mar a auga doce do amor que teu corpo sorbía. Soñas nos altos penedos do corazón o naufraxio das horas o galope incesante nas ondas da túa constelación. Cabalgas no circo do ocaso, e para todos saúdas na area domada. Saltas no trapecio imposíbel e voas co billete obliterado da última función. Labrador dos teus días, chega a túa vendima. Mentres cae na negra tinalla o alquímico sangue da túa familia.
Alfredo Ferreiro, Versos fatídicos
|