Contidos DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

A lenda de Xohán Bonhome

Vídeos coa representación do SALVATEATRO, xuño do 2017. Bravo!

 

 

Recital e Videopoesía de Xabier Xil Xardón

Despois de falarnos de poesía, de recitar ao vivo e mostrarnos videopomas, un grupo de alumnos de 4ºESO quedaron tan emocionados que lle pediron un bis. Velaquí o recitado de Xabier Xil entre unha sesión e outra:

 

Día de Rosalía

O poema de Rosalía "Diredes destes versos i é verdade..." que nos serviron para a realización do mannequin chanllege de 2º de Bacharelato quedaron expostos nun dos patios interiores do centro.

 

 

 

Ofrenda poética a Rosalía polo seu 180 aniversario

O alumnado de 4ºESO do IES de Salvaterra visitou a Terra de Iria o 8 de febreiro. Despois de pasaren polas Fundacións de Cela e Rosalía, recitaron uns versos da poeta a xeito de ofrenda polo seu 180 aniversario. Velaquí: 

#RosalíaTe

Visita do alumnado de 4º da ESO á Fundación Rosalía de Castro o 8 de febreiro, onde realizaron un mannequin challenge na Casa da Matanza, dentro da campaña da AELG #RosalíaTe.

 

E velaquí o mannequin #RosalíaTe do alumnado de 2º BAC. Mostran o noso centro cos versos da nosa poeta fundacional!

 

O alumnado de 1º ESO tamén fixo o se "Mannequin" de Rosalía, neste caso na biblioteca e cun toque de Entroido.

 

Concurso fotográfico "En galego, sen cancelas"

Concurso de fotografía
Correlingua 2017


Aínda que o lema do Correlingua 2017 é    

En galego, sen cancelas…   

… nós estamos buscando a cancela máis      guapa da comarca posando para a túa foto. Colle a túa cámara, o teu móbil… e participa no certame!   

  BASES:

Poderá participar toda a comunidade educativa do IES de Salvaterra de Miño (alumnado e profesorado, persoal non docente e nais e pais) enviando unha ou dúas fotos (da mesma ou diferente cancela) ao correo linguadesalvaterra@gmail.com antes do 28 de abril de 2017. O xurado, formado polo EDLG e o profesorado de EPeV, premiará catro fotografías: 1º premio e 3 accésits. Todas as fotos presentadas a concurso serán expostas nos corredores do noso centro.
EDLG IES Salvaterra de Miño, 20 de xaneiro de 2017  

I Certame de Relatos de Fantasía, Terror e Misterio "Agustín Fernández Paz"

I CERTAME DE RELATOS DE FANTASÍA, TERRORE MISTERIO

 “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ”

BASES:

  • 1.      Poderá participar todo o alumnado dos CEP Carlos Casares, CEIP Infante Felipe  e CEIP Leirado e IES de Salvaterra de Miño segundo as seguintes categorías:

®    A: alumnado de 1º-3º EP

®    B: alumnado de 4º-6º EP

®    C: alumnado de 1º e 2º de ESO

®    D: alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º Ciclo

®    E: alumnado de Bacharelato e 2º Ciclo

  • 2.      O relato tratará a temática do terror, a fantasía e o misterio e deberá comezar por un dos oito fragmentos da obra de Agustín Fdez. Paz que acompañan estas bases. A extensión do mesmo será de entre 1 e 5 páxinas escritas en letra Times New Roman ou Calibri 12 (interliñado 1.15). O alumnado de EP poderá entregar o relato escrito a man.
  • 3.      Os relatos poden enviarse ao seguinte correo lingauadesalvaterra@gmail.com    (ou entregar ao profesorado coordinador de cada centro educativo) antes do venres 28 de abril de 2017.
  • 4.      Serán premiados o mellor relato de cada categoría e un ou varios accésits segundo criterio do xurado. Este estará composto por alumnado e profesorado representante de todos os centros que participan.
  • 5.      Os relatos premiados e todos aqueles que presenten interese serán publicados nun volume especial e difundidos nas canles de comunicación dos respectivos centros.

 

terror

 

EDLG IES Salvaterra de Miño, 30 de xaneiro de 2017


 

Con todo, o que máis me abraia dos humanos é a relación destrutiva que manteñen co seu planeta, da que parecen non decatarse, aínda que esa inconsciencia non se corresponda coa evolución tecnolóxica acadada. Hai unha permanente agresión ao equilibrio biolóxico da Terra…

Rapazas, (1993), páx. 29

Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e, despois de varios intentos, conseguiu entreabrilos. O que viu foi un teito branco, do que penduraba unha pequena lámpada…

O centro do labirinto, (1997), páx. 30

No corredor da miña casa hai fantasmas, mais non se parecen nada aos que teño visto nas películas e nos contos. Eu chámolles “tundas”…

Fantasmas no corredor, (2005), páx. 7

Todos eles se achegaron a mirar o interior do oco, e eu fixen o mesmo. A luz que entraba polas fiestras permitía ver xa o fondo daquel estreito espazo. No primeiro no que reparei foi na caveira…

Corredores de sombras, (2006), páx. 21

Dun xeito mecánico, estendeu as mans para coller as fichas que tiña máis preto. Pero quedou sen fala cando comprobou que, sen que ninguén as tocase, as pequenas pezas do scrabble estaban empezando a moverse soas…

Avenida do Parque, 17, (2002), páx. 40

Non sabería dicir o momento exacto en que o  notei por primeira vez, quizais foi xa ao día seguinte de visitar a cova. Pero o certo é que comecei a ter a estraña sensación de que alguén estaba a observarme durante as vinte e catro horas do día; talmente coma se unha presencia incorpórea…

Aire negro, (2000), páxs. 94-95

Querido Xabier:

Se chegaches ata aquí é que xa sabes a verdade. Pero quizais aínda non caíches nas súas trampas, quizais aínda esteas a tempo de salvarte…

Cartas de inverno, (1995), páx. 98

Ese mesmo día, mentres ceabamos, marchou a luz para non volver. Os móbiles aínda funcionaban, así que puidemos saber que desde Galicia a neve estaba estendéndose por boa parte de España. E o mesmo ocorría noutros países europeos. Encontrabámonos illados e sen fluído eléctrico…

A neve interminable, (2015), páx. 27

 

 

Distribuir contido