INTERVENCIÓN DO KOMANDO POÉTIKO ITINERANTE
O pasado marzo, mes da poesía, entramos en todas as aulas para enchelas de versos.
Este foi o poema poema colectivo co que tomamos as aulas, e podes ver un vídeo se PREMES AQUÍ.
Quieto todo o mundo!!
Estades a punto de sufrir un atentado estrófico
unha catarata silábica
un terremoto de fonemas
somos o Komando poétiKo itinerante
(só BOLBORETAS sairán da miña boca)
estamos cargadas de bombas gramaticais
a nosa morfoloxía está a proba de balas
a nosa fonte de enerxía son as PALABRAS
PALABRAS
PALABRAS
rápidas elásticas rítmicas
próximas máxicas omnívoras íntimas poéticas
wonderfull words words words
(só BOLBORETAS sairán da miña boca)
resistimos a caverna do silencio
rexeitamos un único pensamento
somos listas lindas raras divertidas diversas
posuímos unha sintaxe explosiva
fame de lobo
sede de río
pés chantados na terra para conquista-lo futuro
(só BOLBORETAS sairán da miña boca)
chega a tristura da despedida
dicide, compañeiros, sen a palabra que nos queda?
que nos queda?
que nos queda?
(só BOLBORETAS sairán da miña boca)
Voamos?
VOAREMOS
VOLTAREMOS
berros... aturuxos… viva a poesía!!!