Chan da Ponte, 12 - 36450 - Salvaterra de Miño - Tlfno: 886 110 701 - Fax: 886 110 710 - mail: ies.salvaterra.mino@edu.xunta.es Aula Virtual Correo EDU Portal EDU
IES SALVATERRA DE MIÑO |
|||
Chan da Ponte, 12 - 36450 - Salvaterra de Miño - Tlfno: 886 110 701 - Fax: 886 110 710 - mail: ies.salvaterra.mino@edu.xunta.es Aula Virtual Correo EDU Portal EDU
|
Si eres usuario: Acceso
|
I CERTAME DE RELATOS DE FANTASÍA, TERRORE MISTERIO “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” BASES:
® A: alumnado de 1º-3º EP ® B: alumnado de 4º-6º EP ® C: alumnado de 1º e 2º de ESO ® D: alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º Ciclo ® E: alumnado de Bacharelato e 2º Ciclo
EDLG IES Salvaterra de Miño, 30 de xaneiro de 2017
Con todo, o que máis me abraia dos humanos é a relación destrutiva que manteñen co seu planeta, da que parecen non decatarse, aínda que esa inconsciencia non se corresponda coa evolución tecnolóxica acadada. Hai unha permanente agresión ao equilibrio biolóxico da Terra… Rapazas, (1993), páx. 29 Por que lle custaba tanto abrir os ollos? Obrigouse a facelo e, despois de varios intentos, conseguiu entreabrilos. O que viu foi un teito branco, do que penduraba unha pequena lámpada… O centro do labirinto, (1997), páx. 30 No corredor da miña casa hai fantasmas, mais non se parecen nada aos que teño visto nas películas e nos contos. Eu chámolles “tundas”… Fantasmas no corredor, (2005), páx. 7 Todos eles se achegaron a mirar o interior do oco, e eu fixen o mesmo. A luz que entraba polas fiestras permitía ver xa o fondo daquel estreito espazo. No primeiro no que reparei foi na caveira… Corredores de sombras, (2006), páx. 21 Dun xeito mecánico, estendeu as mans para coller as fichas que tiña máis preto. Pero quedou sen fala cando comprobou que, sen que ninguén as tocase, as pequenas pezas do scrabble estaban empezando a moverse soas… Avenida do Parque, 17, (2002), páx. 40 Non sabería dicir o momento exacto en que o notei por primeira vez, quizais foi xa ao día seguinte de visitar a cova. Pero o certo é que comecei a ter a estraña sensación de que alguén estaba a observarme durante as vinte e catro horas do día; talmente coma se unha presencia incorpórea… Aire negro, (2000), páxs. 94-95 Querido Xabier: Se chegaches ata aquí é que xa sabes a verdade. Pero quizais aínda non caíches nas súas trampas, quizais aínda esteas a tempo de salvarte… Cartas de inverno, (1995), páx. 98 Ese mesmo día, mentres ceabamos, marchou a luz para non volver. Os móbiles aínda funcionaban, así que puidemos saber que desde Galicia a neve estaba estendéndose por boa parte de España. E o mesmo ocorría noutros países europeos. Encontrabámonos illados e sen fluído eléctrico… A neve interminable, (2015), páx. 27
|
Eventos
|