Skip to Content

CS Estética Integral e Benestar

Módulos e duración

 

O ciclo superior de estética ten unha duración de 2000 horas que se reparten en dous cursos académicos. No último trimestre do segundo curso realízase a formación en centros de traballo -FCT- nas empresas colaboradoras. Unha vez rematado o ciclo obtense o título de técnico superior de estética.

 

 CICLO SUPERIOR DE ESTÉTICA INTEGRAL E BENESTAR

 CURSO

 MÓDULO

 HORAS

 


1º curso

 

Aparellos de Estética    ler máis

 133

Masaxe Estética   ler máis

  240

Procesos Fisiolóxicos e de Hixiene en Imaxe Persoal      ler máis

 133

Dermoestética     ler máis

 160

Cosmética Aplicada a Estética e Benestar   ler máis

 187

Formación e Orientación Laboral    ler máis

 107 

 

2ºcurso

1º e 2º trimestre

 

Estética Hidrotermal    ler máis

 123

Depilación Avanzada    ler máis

 123

Drenaxe Estética e Técnicas por Presión    ler máis

 87

Micropigmentación   ler máis

 105

Tratamentos Estéticos Integrais    ler máis

 139

Empresa e Iniciativa Emprendedora  ler máis

53

2ºcurso

 3º trimestre

Poxecto de Estética Integral e Benestar  ler máis

26

Formación en Centros de Traballo

384

Saídas profesionais

 

Co título de técnico superior en Estética Integral e Benestar conséguese unha profesión moderna e dinámica que brinda numerosas posibilidades profesionais. O perfil profesional deste título marca unha evolución cara ás competencias relacionadas coas técnicas que potencien os coidados da imaxe persoal a través do benestar e da promoción da saúde.

Pode exercer o seu traballo en:

- Balnearios, centros de talasoterapia e centros spa especializados en tratamentos de saúde e benestar. Os tratamentos cuxo recurso principal é a auga converten os spa e balnearios nun sector con gran demanda na actualidade, tendo unha repercusión favorable na creación de emprego.

- Centros de estética que contan coas modernas tecnoloxías ao servizo do coidado estético integral como a fotodepilación ou electroestética.

- Clínicas de medicina estética nas que a micropigmentación é un dos seus tratamentos estrela.

- Centros de masaxe que teñen como obxectivo conseguir un benestar corporal.

- Departamentos de estética dedicados ao tratamento da imaxe integral de grandes empresas como televisión ou teatros.

- Dirección técnica de empresas de estética e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios.

- Equipos técnicos dependentes de laboratorios cosméticos e casas comerciais que desenvolven a súa actividade no campo da estética integral.

Despois de rematar o ciclo, co título de Técnico superior en Estética Integral e Benestar pódese acceder de forma directa(tendo en conta a nota de corte) aos seguintes estudos universitarios:

Diplomaturas de FisioterapiaEnfermería, Podoloxía, Terapia Ocupacional, Logopedia a todas as especialidades de Enxeñería Técnica Industrial

Distribuir contenido


by Dr. Radut