Skip to Content

Drenaxe estética e técnicas por presión

  Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de prestación de servizos de técnicas manuais e complementarias.
A definición desta función abrangue aspectos como:
– Determinación e selección das secuencias nestas masaxes.
– Deseño de protocolos de drenaxe e técnicas por presión.
– Recepción e atención da clientela.
– Interpretación das necesidades estéticas.
– Organización do espazo de traballo.
– Execución de protocolos de drenaxe estética.
– Aplicación de técnicas de masaxe por presión.
– Supervisión do proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:
– Deseño de procedementos de traballo de drenaxe estética e técnicas por presión.
– Execución de drenaxe estética.
– Aplicación de técnicas de masaxe por presión.
– Supervisión e execución de reflexoloxía podal.

 

 

 

 


page | by Dr. Radut