Skip to Content

Tratamentos estéticos integrais

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de aplicación de tratamentos de estética integral.
A formación contida neste módulo aplícase a diversas funcións e abrangue aspectos relacionados con:
– Recepción e atención á clientela.
– Identificación de alteracións estéticas.
– Deseño de protocolos personalizados de tratamentos estéticos.
– Selección e aplicación de técnicas cosmetolóxicas, manuais e electroestéticas.
– Aplicación de normas de hixiene, desinfección e esterilización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en procesos de execución de:
– Deseño de protocolos personalizados.
– Tratamentos de estética facial e corporal.
– Técnicas específicas en coidados estéticos previos e posteriores á cirurxía estética.



page | by Dr. Radut