Skip to Content

Saídas profesionais

 

Co título de técnico superior en Estética Integral e Benestar conséguese unha profesión moderna e dinámica que brinda numerosas posibilidades profesionais. O perfil profesional deste título marca unha evolución cara ás competencias relacionadas coas técnicas que potencien os coidados da imaxe persoal a través do benestar e da promoción da saúde.

Pode exercer o seu traballo en:

- Balnearios, centros de talasoterapia e centros spa especializados en tratamentos de saúde e benestar. Os tratamentos cuxo recurso principal é a auga converten os spa e balnearios nun sector con gran demanda na actualidade, tendo unha repercusión favorable na creación de emprego.

- Centros de estética que contan coas modernas tecnoloxías ao servizo do coidado estético integral como a fotodepilación ou electroestética.

- Clínicas de medicina estética nas que a micropigmentación é un dos seus tratamentos estrela.

- Centros de masaxe que teñen como obxectivo conseguir un benestar corporal.

- Departamentos de estética dedicados ao tratamento da imaxe integral de grandes empresas como televisión ou teatros.

- Dirección técnica de empresas de estética e áreas de imaxe persoal, de spa e balnearios.

- Equipos técnicos dependentes de laboratorios cosméticos e casas comerciais que desenvolven a súa actividade no campo da estética integral.

Despois de rematar o ciclo, co título de Técnico superior en Estética Integral e Benestar pódese acceder de forma directa(tendo en conta a nota de corte) aos seguintes estudos universitarios:

Diplomaturas de FisioterapiaEnfermería, Podoloxía, Terapia Ocupacional, Logopedia a todas as especialidades de Enxeñería Técnica Industrial



page | by Dr. Radut