Skip to Content

STEM NO REGO DE TRABE

 

 

Veñen de ser aprobadas os proxectos que dende o centro temos presentado para desenvolver dúas liñas dentro do campo STEM (Science, Technology, Engineering and Maths):

  • CLUB DE CIENCIAS
  • ESPACIO MAKER

En ambos proxectos será o alumnado que se anime a participar, de calquera curso, os protagonistas, sempre coa guía e orientación de un equipo de profesorado, nos períodos de lecer: recreos e o mediodía de dous luns ao mes.

O obxectivo de ambos é achegalos ás ciencias e á tecnoloxía, aprender a facer facendo, sendo artífices da súa propia aprendizaxe e levando á práctica todo o seu coñecemento nesas materias, favorecendo así un maior afondamento nas mesmas, e propiciando a adquisición de competencias cada vez máis demandadas no ámbito académico e profesional, como o traballo colaborativo e a comunicación oral.

O club de ciencias arrancou este luns 18 de novembro. O espacio maker inda está empezando a tomar forma, pois polo momento só foi publicada a resolución provisional dos novos centros maker da presente convocatoria.



page | by Dr. Radut