Skip to Content

Blogues

Día Europeo das Linguas 2019

Como xa é tradición no noso Centro, a Biblioteca, xunto con Dinamización Lingüística e cos departamentos de Lingua castelá, Lingua galega, Francés e Inglés, festexou no Instituto o Día Europeo das Linguas.

Varios alumnos foron polas aulas lendo textos nas diferentes linguas que se falan ou estudan no noso instituto: galego, castelán, francés e inglés. Este ano mesmo pasaron polo laboratorio e fixeron unha paradiña na cafetería para que todos puidesen escoitalos.

Os textos elixidos nesta ocasión foron fragmentos poéticos de diversos autores e os alumnos e alumnas participantes foron Silvia (1º A), Sara (2º B), Xiana (3º A) e Sebastián (4º A), que leron respectivamente en galego, castelán, francés e inglés.

O poema en galego foi de Rosalía de Castro:

Cando era tempo de inverno,

pensaba en dónde estarías;

cando era tempo de sol,

pensaba en dónde andarías.

¡Agora... tan sóio penso,

meu ben, si me olvidarías!

 

O poema en castelán, de Antonio Machado:

La plaza tiene una torre,

la torre tiene un balcón,

el balcón tiene una dama,

la dama una blanca flor.

 

Ha pasado un caballero,

¡quién sabe por qué pasó!

y se ha llevado la plaza,

con su torre y su balcón,

con su balcón y su dama,

su dama y su blanca flor.

 

Leuse un poema de Thomas Moore traducido ao francés:

Le coeur le plus sensible

à la beauté des fleurs

est toujours le premier

blessé par les épines.

 

E o poema escollido en inglés foi de Emily Dickinson:

 I'm Nobody! Who are you?

Are you - Nobody - too?

Then there's a pair of us!

Dont tell! they'd advertise - you know!

 

How dreary - to be - Somebody!

How public - like a Frog -

To tell one's name - the livelong June -

To an admiring Bog!

 

 

 

 

 

 

 

Desde a Biblioteca damos as grazas aos alumnos que fixeron as lecturas e aos profesores e alumnos que interromperon as súas clases para escoitar.

Horario da Biblioteca curso 2019-20

No curso 2019-20 a coordinadora da Biblioteca será Fe, do Departamento de Lingua castelá e Literatura.

Nos recreos tamén estarán Maica e máis Teresa, de Francés e Carmen, de Lingua castelá e Literatura.

 

Becas MECD

 Inclúo un documento coas instrucións e requisitos para solicitar a Beca MECD:

- Información sobre a beca MECD

Hai que ter en conta que a resolución para o próximo curso académico aínda non saíu, por tanto as datas son variables, aínda que solen ser sempre sobre eses meses e as condicións sempre son as mesmas.

A continuación engado unha serie de páxinas importantes/necesarias para informarse sobre estas becas así como a súa petición:

  • Información varia sobre a beca para estudos non universitarios (preguntas frecuentes, prazos, condicións, presentación, vídeos para a solicitude....)

http://www.educacionyfp.gob.es/educacion/mc/becas-generales/2018-2019/estudios-no-universitarios.html

 

  • Guía de presentación sobre a beca

https://www.dudasbecasmec.com/2016/08/guia-de-presentacion-convocatoria-de.html?utm_source=feedburner&utm_medium=email&utm_campaign=Feed%3A+DudasBecasMec+%28Dudas+becas+mec%29

 

  • Resolución da beca ano 2018/2019 (pendente a deste curso académico)

Resolución da beca 2018/2019

 Cando saia a convocatoria deste curso engadireina, así como un acceso directo a páxina onde tedes que solicitar de maneira online a mesma.

Graos existentes actualmente en toda Galicia

 

No documento que adxunto a continuación podedes atopar información sobre os Graos Universitarios existentes actualmente en toda a Galicia (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) por ramas de coñecemento (Arte e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñerías). Así mesmo, tamén se fai alusión a títulos propios e dobres graos.

Resaltar, que esta entrada será obxecto de modificación a medida que se vai ampliando a oferta formativos dos graos.

 

GRAOS UNIVERSIDADES DE GALICIA

Día das Letras Galegas 2019

Na Biblioteca sumámonos á celebración do Día das Letras Galegas cunha exposición, en colaboración co Departamento de Dinamización, de todos os autores e autoras homenaxeados dos que temos exemplares das súas obras no centro.

A exposición continúa na entrada do instituto.

 

E animamos a toda a comunidade educativa a ler estas interesantes obras!

 

LETRAS GALEGAS 2019

 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao etnógrafo e historiador Antonio Fraguas. Se queres achegarte á súa figura, podes acceder aquí á información que ofrece o Portal da Lingua Galega.

 

 Ademais, para festexar esta data, na semana do 13 ao 20 de maio levaremos a cabo as seguintes actividades:

- A partir dos carteis da exposición "Insuela", enviados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e colocados na entrada do instituto, poderemos achegarnos á traxectoria vital e o legado intelectual de Antonio Fraguas.

 

 

 

- A exposición "As Letras Galegas no tempo", organizada polo EDLG e a Biblioteca, ofreceranos unha mostra de diversas obras escritas por autores e autoras homenaxeados neste día. Estará situada na entrada do centro e na Biblioteca.

 

 

 

-O 16 de maio organizarase no centro unha xornada deportiva que levará por nome "Fagamos deporte en igualdade". Como no curso pasado, esta actividade permitiranos combinar os xogos no pavillón polideportivo con actividades ao aire libre e a reivindicación da nosa lingua. Para máis información, consulta o seguinte enlace.

 

-Colocaranse na planta baixa dous murais sobre lendas e personaxes lendarios que foron elaborados polos alumnos de 1º de ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información. A través deles poderemos coñecer mellor a nosa historia máis máxica, parte esencial desa cultura popular que tanto estudou Antonio Fraguas.

 

 

 

 

Obradoiro de marcapáxinas

Durante dous recreos, a Biblioteca colaborou co Equipo de Dinamización Lingüística nun obradoiro de marcapáxinas, para festexar o Día Internacional do Libro.

Contamos con materiais como cartóns, papeis de cores e flores e follas secas.

Os alumnos e alumnas mostraron a súa creatividade e pasaron un bo rato.

Agora xa contan cuns bonitos marcapáxinas para usar nos seus libros favoritos.

23 de abril, Día Internacional do Libro

 

Desde a Biblioteca do Centro compartimos con todos nun día tan especial estes versos do poeta Juan Ramón Jiménez, un fermoso canto ao libro e á literatura:

 

Quisiera que mi libro
fuese, como es el cielo por la noche,
todo verdad presente, sin historia.

Que, como él, se diera en cada instante,
todo, con todas sus estrellas; sin
que niñez, juventud, vejez quitaran
ni pusieran encanto a su hermosura inmensa.

¡Temblor, relumbre, música
presentes y totales!
¡Temblor, relumbre, música en la frente
—cielo del corazón— del libro puro..

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut