Para conmemorar esta data, aquí van algunhas reflexións sobre a lectura:
"Un libro debe ser o facho que rompa o mar xeado que hai dentro de nós". Franz Kafka.
"Un lector vive mil vidas antes de morrer. O que nunca le só vive unha". George R.R. Martin.
"Lemos para saber que no estamos sós". William Nicholson.
“Le e conducirás, non leas e serás conducido". Santa Teresa de Xesús.
“Os libros son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra". James Russell Lowell.
“A literatura é a forma máis agradable de ignorar a vida”. Fernando Pessoa.
Ademais, o EDLG e a Biblioteca organizaron, os días 24 e 25 de abril, un obradoiro de marcapáxinas nos recreos.
O primeiro día fixemos marcapáxinas de esquina:
E o segundo, empregamos flores e follas secas para facer uns marcapáxinas rectangulares plastificados:
Se queres imprimir as "plantillas" que empregamos, fai click no título deste artigo e descarga o documento adxunto que aparece ao final.