Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2019

 O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao etnógrafo e historiador Antonio Fraguas. Se queres achegarte á súa figura, podes acceder aquí á información que ofrece o Portal da Lingua Galega.

 

 Ademais, para festexar esta data, na semana do 13 ao 20 de maio levaremos a cabo as seguintes actividades:

- A partir dos carteis da exposición "Insuela", enviados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e colocados na entrada do instituto, poderemos achegarnos á traxectoria vital e o legado intelectual de Antonio Fraguas.

 

 

 

- A exposición "As Letras Galegas no tempo", organizada polo EDLG e a Biblioteca, ofreceranos unha mostra de diversas obras escritas por autores e autoras homenaxeados neste día. Estará situada na entrada do centro e na Biblioteca.

 

 

 

-O 16 de maio organizarase no centro unha xornada deportiva que levará por nome "Fagamos deporte en igualdade". Como no curso pasado, esta actividade permitiranos combinar os xogos no pavillón polideportivo con actividades ao aire libre e a reivindicación da nosa lingua. Para máis información, consulta o seguinte enlace.

 

-Colocaranse na planta baixa dous murais sobre lendas e personaxes lendarios que foron elaborados polos alumnos de 1º de ESO na materia de Investigación e Tratamento da Información. A través deles poderemos coñecer mellor a nosa historia máis máxica, parte esencial desa cultura popular que tanto estudou Antonio Fraguas.

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut