Damos continuidade aos Obradoiros iniciados a primeira semana de Novembro, e neste caso trátase das habilidades sociais para o emprendemento. O obxectivo é que o noso alumnado adquira habilidades baseadas no traballo en equipo, asertividade, capacidade de negociación, liderazgo... Todas elas fundamentais para relacionarse con outras persoas traballadoras, colaboradoras, provedores, etc. O alumnado participante foi os 1º e 2º cursos de Ciclos Formativos. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGeneration UE.
|
|||