FRANCOFONÍA

"Alumnos de  francés de secundaria e bacharelato , celebraron con actuacións teatrais, bailes e cancións a semana do teatro e da francofonía nos últimos días de marzo. 

 O venres, 29, o grupo Mbolo Mooye Doolé,  achegou  aos de 1º ciclo aos instrumentos de percusión nun taller didáctico, motivador e alegre.  Foron tamén  entrevistados para Onda Discalza, a radio da biblioteca escolar, por alumnos de 4 eso, bacharelato e ciclos deixando unha boa pegada nas ondas.
Grazas a todos  pola ilusión con que o fixeron e o tempo adicado! Tamén aos de Ciclos( Electricidade) pola súa colaboración.