A nosa viaxe a Suíza
Saímos de viaxe dende o día 15 de setembro ata o 19 e aproveitamos todo o tempo posible da mañá á noite. Vimos outro mundo totalmente diferente ao noso. Visitamos monumentos e lugares que son únicos no mundo, por exemplo a ONU ,onde observamos o traballo realizado por persoas de diferentes nacionalidades que cooperan entre si para acadar os mesmos obxectivos en temas como os dereitos humanos, medio ambiente, etc… Tamén visitamos o CERN ( Organización Europea para a Investigación Nuclear), alí todos os amantes da Física quedaron moi sorprendidos. Vimos outros lugares que estiveron verdadeiramente xenial como o Lago Lemán, a Catedral de Saint -Pierre e o banco máis longo do mundo en Xenebra. Tamén a Catedral de Notre - Dame e os museos do Palais de Rumine en Lausanne, outra bonita cidade. Esta viaxe foi magnífica e ademais de pasalo ben, aprendemos moito.
Queremos ir outra vez!
|
|||