VISITA Ó GRUPO INTAF - CM MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO E CS MECATRÓNICA INDUSTRIAL

Os alumnos do ciclo superior de Mecatrónica Industrial e do ciclo medio de Mantemento Electromecánico visitaron os pasados 25 e 26 de febreiro, respectivamente, as empresas Sincromecánica e Intaf, pertencentes ó grupo Intaf en Narón.

Alí recorreron as instalacións de ámbalas dúas empresas e coñeceron, da man do seu persoal, o seu funcionamento e o traballo que nelas se leva a cabo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/naron/2016/02/27/naron-estudiantes-ies-punta-candieira-visitan-grupo-intaf/0003_201602F27C6997.htm