VISITA DO DEPARTAMENTO DE INSTALACION E MANTEMENTO ÁS EMPRESAS INTAF E ACSM

O Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial e o Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico visitou o 13 de novembro ás instalacións de Intaf e ACSM. Na visita puideron ver os tipos de maquinaria, equipos e tipos de traballo que realizarán cando rematen a súa formación. Entre outros moitos, foron:

Planta de montaxe/desmontaxe para localización de avarías (INTAF) Forno para realizar os tratamentos térmicos das pezas (INTAF)
Robot utilizado para os traballos subacuáticos (ACSM)

 

 Dende aquí agradecer inmensamente á amabilidade de ambas empresas por ensinarnos todo o seu traballo e atender todas as nosas dúbidas. Grazas!