|
|
|
|
|
Enviado por Belén Bustabad o Dom, 13/10/2024 - 10:28
|
O pasado luns 7 de outubro o noso alumnado dos ciclos CM Dual de Comercio e CS de Administración e Finanzas visitaron a lonxa de Cedeira, para coñecer as tarefas relacionadas co mar e ver máis de preto como se levan a a cabo. Grazas ao traballo de Serxio Muiño, o guía que acompañou ao profesorado e ao alumnado na visita, tamén puideron aprender un pouco da historia da vila e a súa relación coa vida mariñeira. |
Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e pola Unión Europea NextGenerationUE |
|
|
|
|
|
|
|