Charla con Empresarios/as da Comarca

Dende a Aula de Emprendemento organizáronse os días 10 e 12 de abril unhas charlas con empresarios/as da comarca, nas cales participou o alumnado de ciclos formativos do noso centro.

Os empresarios e empresarias asistentes foron: César López emprendedor e presidente da Asociación Ortegal UP; Noelia Blanco (Estudio Akelarre) emprendedora no sector do marketing e diseño gráfico; Pepe Breijo (Empresa Portal Norte) emprendedor no turismo activo, deporte, natureza e aventura na comarca; Eva Blanco emprendedora na tradución e subtitulación  audiovisual; David Yusta (Empresa Anfitrioners) emprendedor na xestión de alquiler vacacional e apartamentos turísticos; Giovanna Sánchez (Estudio de arquitectura GSA) emprendedora de proxectos culturalmente sólidos, sensibles e respectuosos co medio ambiente; e Arancha Bouza emprendedora na educación social contribuíndo co envellecemento activo.

O obxectivo e dar a coñecer aos estudantes o tecido empresarial da súa comarca, así como as saídas profesionais. Trátase de achegalos á realidade profesional coa finalidade de que coñezan as oportunidades que teñen para emprender, e favorecer así o seu espíritu emprendedor.

 

Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, e pola Unión Europea NExtGenerationUE.