>> Proba de acceso ao grao medio, datas e lugares de inscrición: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas: ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024.
>> Proba de acceso ao grao superior, datas e lugares de inscrición: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluidos. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática Ciclosprobas: LIGAZÓN ou presencialmente en calquera centro público que imparta ciclos formativos. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 |
|||