blogue dePedro Franco Leis |
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Indalecio Cabana, visitou esta mañá o IES Punta Candieira de Cedeira, onde tivo a ocasión de felicitar aos alumnos, Sara Novais Meireles e Álvaro Otero polos bos resultados conseguidos na XL Olimpíada Galega de Química. Nesta competición tamén participou outra alumna do centro, Gemma López.
|
|||
O 24 de Marzo o alumnado de 4º ESO participou nunhas charlas con empresarios da comarca. O obxectivo e dar a coñecer e achegar ao alumnado o tecido empresarial da súa comarca, así como ás saídas profesionais. Trátase de promover o desenvolvemento de competencias relacionadas co emprendemento, que fomenten un espíritu crítico e proactivo entre eles. Os empresarios e empresarias asistentes foron: Sergio Muiño (Empresaa Eufundevivo) emprendedor do sector do turismo, Esther Vázquez (Empresa Seguridade Alimentaria) emprendedora no sector da alimentación e xestión de empresas de dito sector, e Noelia Blanco (Estudio Akelarre) emprendedora no sector do marketing e diseño. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE
|
|||
MAQUINARIA AGRICOLA LISTE VILLAVERDE, S.L está a seleccionar técnicos electromecánicos para os departamentos de recambios e taller. Interesados enviar curriculum a seguinte dirección de mail: susi@liste.es |
|||
A empresa Montajes Hidrogás, S.L., sita no polígono industrial de Bergondo, precisa técnicos superiores en “Mecatrónica industrial” para incorporar á súa plantilla. As persoas interesadas deben enviar o seu CV ao seguinte enderezo: direccion@montajeshidrogas.com |
|||
O 10 de Marzo o alumnado de 2º cursos de Ciclos Formativos participou nunhas charlas con empresarios da comarca: Nerea Guerreiro (Empresa Cámara Brava) emprendedora no mundo audiovisual e tecnolóxico, Raúl Lomba (Empresa Wave Moda) emprendedor no mundo do Surf e Pepe Breijo (Empresa PortalNorte) emprendedor no turismo de aventura na comarca. Trátase de acercar aos estudantes á realidade profesional coa finalidade de que coñezan as oportunidades que teñen para emprender, e de que podan canalizar os seus esforzos na consecución dos seus obxectivos. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||
O IES "Punta Candieira" celebrou o día de Rosalía cun recital poético no que participaron diferentes membros da comunidade educativa.
|
|||
I Concurso de Ideas Emprendedoras: “2 minutos para a túa idea”
Se tes unha idea de negocio, o IES Punta Candieira convoca o I Concurso de ideas emprendedoras. - Pode participar todo o alumnado do Centro (matriculados no curso académico 22/23), individualmente ou en equipos de ata 4 participantes. - O prazo de presentación de ideas é dende o 1 ata o 31 de marzo do 2023. - Para inscribirse no Concurso: Enche o formulario que aparece no enlace: https://forms.gle/aR9V8N75e36zRQ9T6 ou ou a través do Qr que aparece no cartel do concurso que encontraredes polo centro ou aquí. - Terás como máximo 2 minutos de tempo para facer a presentación da túa idea a través dun VIDEO que teredes que enviar coa inscrición. - Hai tres categorías de participación, en cada unha delas premiaranse as dúas mellores ideas. - A valoración das ideas se realizará polo xurado tendo en conta os seguintes criterios, valorados de 1 a 5 puntos: - Presentación da idea. - A idea satisface unha necesidade no mercado?. - A idea pode levarse á práctica (viable)?. - A idea é orixinal, innovadora e diferente?. - Consulta aquí as bases do Concurso. E o momento de que deas a coñecer a túa idea, realiza unha boa presentación!!!. Ademáis, a túa idea poder ter premio €€€€€€€€.
ANIMADEVOS A PARTICIPAR, ESPERAMOS AS VOSAS IDEAS!!!! AS MELLORES IDEAS TEÑEN PREMIO!!!!!!!! €€€€€€€€€
|
|||
O 24 de Febreiro celebráronse uns obradoiros co alumnado de Ciclos Formativos de FP Básica. A hora de emprender, non soamente é necesario ter unha boa idea de negocio senón que tamén é saber comunicala. o obxectivo é facilitarlle ao alumnado unhas ferramentas e recursos de oratoria útiles para as súas presentacións de futuro e saber vender a súa idea de negocio. Esta actividade é promovida pola Coordinación de Emprendemento, e financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e pola Unión Europea NextGenerationUE.
|
|||
|
|||
PRAZAS VACANTES
1ºESO 5 2º ESO 2 3º ESO 21 4º ESO 14
1º BACH. CIENCIAS 7 1º BACH. HUM/CIENC.SOC 28
2º BACH. CIENCIAS 18 2º BACH. HUM/CIENC.SOC 30
Prazo solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo de 2023 |
|||