As titorías coas familias do alumnado do IES faranse, preferentemente, a través dos seguintes medios:
a) Teléfono: as familias chamarán ao centro (881 866 601), empregarán o apartado específico da axenda escolar, o correo electrónico do titor/a ou Abalar Móbil para concertar cita co titor/a dos seus fillos. No día e hora acordados o titor/a realizará a chamada de titoría co pai/ nai ou titor/a legal que o solicitase para falar da evolución académica dos fillos. As horas de titoría de cada titor/a de grupo pódense consultar pinchando na imaxe do encabezmento.
b) Presencial: excepcionalmente o titor/a convocará presencialmente aos pais/ nais ou titores/as legais a unha reunión presencial no IES no espazo que estea habilitado específicamente para desenvolver estas tarefas.
|